Acisa Ribadeo organiza a quinta edición do Mercado de Rúa, que se celebrará os días 25 e 26 deste mes de agosto.
Os 22 establecementos participantes sacarán os seus comercios á rúa. Acisa pretende con esta iniciativa “potenciar as ventas antes de rematar o verán, as tendas aproveitan para sacar os stocks de fora de tempada e tamén presentan os avances do vindeiro outono-inverno. É unha actividade que gusta tanto a soci@s como a clientes”.
Aquelas persoas que se acheguen ao V Mercado de Rúa poderá gozar de descontos e promocións especiais
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, salienta que “será unha boa ocasión para atopar artigos con interesantes descontos como peche dunha tempada de verán que se animou tarde, por mor da climatoloxía tan variable que tivemos neste 2018”.
Os 22 comercios participantes no V Mercado de Rúa son: Opticalia Ribadeo, La Moda Hombre, Joyería Azabache, Anais, Pequerrechos, Mercería Vizcaya, Sanjurjo Moda, Mercería Julia, R23, Gutié, Farfala, Bis a Bis, Mika, Saia, Glass, Naná, Coco, Jatay, Maercelota, Bodegas Ribeirao, Folder e Adele.
O V Mercado de Rúa está organizado por ACISA Ribadeo, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia.