A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, acompañada polo Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, e o Concelleiro de Desenvolvemento Local do municipio, Xabier Pardiñas Suárezpresentaron este martes no Pazo de San Marcos o XX Mercado Medieval de Alfoz, que terá lugar esta fin de semana no Castro de Ouro e reunirá en torno a 4.000 persoas neste Concello da Mariña para desfrutar das preto de 20 actividades que o compoñen. A Deputación é o principal patrocinador do evento, que organizan os veciños en colaboración co Concello, cunha achega de preto 5.500 euros.
García Porto quixo destacar que “este é un evento festivo,que ten tamén un gran interese histórico pola posta en valorque se fai da figura do Mariscal Pardo de Cela, pero por riba de todo isto, este mercado é un grande revulsivo económico para o Concello de Alfoz xa que durante un fin de semana enteiro duplicará a súa poboación coa chegada de visitantes que coñecerán o Concello.”
Pola súa parte Val Díaz quixo agradecer á Deputación “que aposte un ano máis por este mercado, que é xa toda unha referencia a nivel galego, feito co cariño do veciños, que é tan importante para a economía do noso Concello e que, ademais, actúa como reclamo turístico, dando a coñecer o noso municipio e un ben cultural e histórico tan importante como é a fortaleza do Castro de Ouro”.
O XX Mercado Medieval de Alfoz
Este ano o Mercado Medievalcumpre a súa segunda década e farao con ata 20 actividades distintas como: desfiles, rutas de sendeirismo, exhibicións de cetrería, representacións, xantares e ceas, xogos, teatro e demostración de oficios. Ademais destas actividades, haberá unha feira de artesanía que contará con preto de 40 postos de todo tipo de oficios, dos que tamén haberá mostras. O Programa completo é o seguinte:
Venres 20 de Xullo
Ás 21:30 horas: Chegada do Mariscal Pedro Pardo de Cela e desfile de traxes medievais. Deseguido danzas medievais.
Ás 00:00 horas: Queimada conxuro e música.
Sábado 21 de Xullo
Ás 09:15 horas: Ruta de Sendeirismo “As fortalezas do Mariscal”.
Ás 11:00 horas: Inicio do XX Mercado Medieval
Ás 11:30 horas. Exhibición de aves de cetrería
Ás 12:00 horas: Pregón a cargo de Miqui Otero.
Ás 13:30 horas: Nomeamento, bendición e imposición de medallas aos Escudeiros do Castro.
Ás 14:00 horas: Asalto ás tabernas
Ás 14:30 horas: Hora do xantar coa música de Souto Ximaro e Os trobadores de Piñeiro.
Ás 16:00 horas: Xogos Valecos.
Ás 16:30 horas: Exhibición e proba de tiro con arco da man do Club de tiro Castelarco.
Ás 17:00 horas: Voo de aves de cetrería.
Ás 18:00 horas: Espectáculo de xogos malabares coa compañía Asacocirco
Ás 18:30 horas: Revolta Irmandiña infantil.
Ás 18:45 horas: Xogos ecuestres.
Ás 19:30 horas: Comezo da Procura do Segredo do Mariscal.
Ás 20:00 horas: Pausa para desfrutar das tabernas.
Ás 20:30 horas: Teatro “Romances” de MicrominaTïteres.
Ás 21:30 horas: Gran cea medieval acompañada de malabares.
Ás 23:00 horas: Escenificación de “Credo, credo, credo”.