A Mariña
A sexta edición do Rally Mariña Lucense celebrarase os días 10 ,11 e 12 de maio. Será a cuarta proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2024.
Constará de 4 treitos diferentes, todos eles a dobre pasada,
tendo un total de 280,94 quilómetros, dos que 88,56 son cronometrados.
A súa base estará no concello de Viveiro e transcorrerá tamén polos municipios de O Vicedo, Ourol, Cervo e Xove.
Os días 27 e 28 de abril e o 4 de maio seguirá o programa de Xeoturismo da Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. A Cova do Rei Cintolo, Xove e A Frouxeira serán as localizacións das vindeiras actividades xeoturísticas.
O 27 de abril ás catro da tarde dará comezo a visita á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Trátase da cova máis grande de Galicia e unha marabilla natural, que foi obxecto de numerosos estudos arqueolóxicos. Son 7.000 metros de galerías dunha cova que acada un desnivel máximo duns 75 metros, con lagoas interiores e un río soterrado, o Celtas. As persoas que participen nesta xeovisita poderán ver diversas especies de morcegos e invertebrados acuáticos así coma o diminuto Iberobathynella ortizi. A Cova do Rei Cintolo tamén está envolta en lendas, que sorprenderán ao viaxeiro.
... leer másO 24 de abril desenvolverase unha Xornada de Formación en Xeoturismo para anfitrións e xestores de turismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística.
Esta xornada estaba prevista para o pasado 13 de marzo, pero quedou posposta para este mes de abril co obxectivo de que, tralos preparativos que supuxo a Semana Santa, poida participar o maior número de persoas interesadas. Desenvolverase no salón de conferencias, en Burela, en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, lembra que “esta xornada formativa ten como obxectivo primordial a divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico da Mariña entre os axentes locais implicados no desenvolvemento do turismo no territorio, ben sexan do sector público, como...
leer másO 24 de abril terá lugar a Xornada de Formación en Xeoturismo para anfitrións e xestores de turismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística.
Esta xornada de formación estaba prevista para o pasado 13 de marzo, pero quedou posposta para o vindeiro 24 de abril co obxectivo de que máis xente interesada poida participar na mesma. Desenvolverase no salón de conferencias, en Burela, en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, indicou que “esta xornada formativa ten como obxectivo primordial a divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico da Mariña entre os axentes locais implicados no desenvolvemento do turismo no territorio, ben sexan do sector público, como técnicos das oficinas de turismo, xestores de...
leer másA FCAM (Federación de Comercio A Mariña) analizará o presente e o futuro do empresariado da comarca nunha xornada que se celebrará o vindeiro xoves, 21 de marzo, no Cenima en Foz a partir das 11:30 horas.
Serán os representantes dalgunhas das asociacións que integran a FCAM os que diserten sobre a situación do comercio, da hostalería, do emprego ou do turismo. A presidenta da Federación de Comercio A Mariña, Carmen Cruzado, convida a asistir “a todas as empresas da comarca, sexan socias ou non das nosas asociacións. O que queremos é intercambiar opinións e sensacións e coñecer de primeira man en qué situación nos atopamos neste preciso momento”.
Na xornada intervirán representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e da Mancomunidade de Concellos da Mariña.
Dende Mariña Patrimonio están a organizar para o próximo 24 de marzo unha visita polo patrimonio de Friol. Está previsto visitar, acompañados por Brais Rodríguez Romero, a medorra de Narla, o dolme da Moruxosa, a feira do queixo e o pan de Ousá e maila fortaleza de San Paio de Narla. Despois do xantar os asistentes achegaranse aos petroglifos da Pena Castrexa e ás igrexas de Carlín e Trasmonte.
O desprazamento farase en bus, que sairá probablemente ás 8.00 horas de Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Friol. debido á imposibilidade de cubrir toda a Mariña. Porén, podería ser modificado en función da procedencia das persoas participantes.
O prezo total da actividade será de 30 euros; 15 euros polo bus e 15 euros polo xantar. As persoas non socias asumirán un custo adicional de 10 euros.
... leer másNo salón de plenos do Concello de Ourol tivo lugar esta mañá a presentación do acordo acadado polas Mancomunidades de Concellos da Mariña e Ferrolterra co Clúster de Turismo de Galicia, que inclúe como criterio habilitante para entrar no produto Galicia Destino Sostible pertencer ao proxecto Turismo Slow Norte de Galicia.
A presidenta da Mancomunidade da Mariña, Rocío López, lembrou que “Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto que as Mancomunidades de Concellos da Mariña e Ferrolterra, co apoio dos convenios que ambas entidades asinan anualmente coa Axencia de Turismo de Galicia, puxeron en marcha xa no ano 2015, o que converteu nun proxecto pioneiro tanto en nesta comunidade coma en España”.
López dixo que “os negocios que forman parte de Turismo Slow Norte de Galicia cumpren un triplo compromiso: o ambiental...
leer másO vindeiro mércores, 13 de marzo, terá lugar unha nova xornada de formación en xeoturismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Estará destinada a anfitrións e xestores de turismo dos concellos.
A cita desenvolverase entre as 9:45 e as 19:00 horas no salón de conferencias, en Burela, sendo a asistencia á xornada de tarde opcional. O equipo docente estará formado por Fran Canosa, xeólogo e impulsor do turismo xeolóxico en Galicia, e Iván Rodríguez, doutor en xeoloxía e guía de xeoturismo.
Deste xeito continúa o programa de Xeoturismo da Mancomunidade, que arrincaba o pasado mes de decembro, e que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. ...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense inicia o proceso de ampliación e seguimento do Sistema Integral de Calidade Turística na Mariña en 2024 abrindo un novo período de solicitudes de adhesión. O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de marzo.
Tras contar na pasada anualidade con 29 servizos turísticos adheridos dos sectores do aloxamento, restauración, guías, oficinas de turismo e museos, a Mancomunidade amplía este ano o acceso a novos sectores, convidando a artesáns, taxis turísticos e empresas de alugueiro de vehículos da Mariña a formar parte deste sistema, que tamén continuará sumando a interesados das categorías xa presentes.
Trátase dun proxecto abordado ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística, cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de...
leer másO vindeiro 13 de marzo terá lugar unha nova xornada de formación en xeoturismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Estará destinada a anfitrións e xestores de turismo dos concellos.
A cita desenvolverase entre as 9:45 e as 19:00 horas no salón de conferencias, en Burela. O equipo docente estará formado por Fran Canosa, xeólogo e impulsor do turismo xeolóxico en Galicia, e Iván Rodríguez, doutor en xeoloxía e guía de xeoturismo.
A xerente do Plan de Sostibilidade Turística, Tania Hermida, explica que “esta xornada formativa ten como obxectivo primordial a divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico da Mariña entre os axentes locais implicados no desenvolvemento do turismo, ben sexan do sector público, como técnicos das oficinas de turismo,...
leer más