A Mariña

22/10/2024

O próximo 31 de outubro arrinca unha nova iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense: Obradoiros con corazón, destinada a xerar un novo programa de posta en valor da actividade artesanal no destino e atraer un turismo desestacionalizado, mediante a creación de experiencias inmersivas que acheguen ás persoas visitantes e á poboación local á rica tradición artesanal da comarca.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “este novidoso programa levarase a cabo os días 31 de outubro, 2, 3, 9 e 10 de novembro de 2024 como unha primeira experiencia piloto, no marco dos convenios de colaboración da Mancomunidade coa Axencia Turismo de Galicia e coaa Deputación Provincial de Lugo, para o impulso e a promoción do xeodestino e a posta en valor da artesanía coma un recurso único e diferencial”.

...

leer más
22/10/2024

Máis de 170 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa Coñece a túa provincia que impulsa a Deputación de Lugo. Os viaxeiros dos colectivos participantes veñen dos concellos do Corgo, Barreiros, Riotorto, Alfoz, Lugo, O Vicedo e Meira. Os grupos coñecerán o patrimonio natural e cultural dunha ducia de municipios lucenses a través de distintos itinerarios.  

Os veciños de Piñeiro-Quetesende Laxe Blanca, do Corgo, son os primeiros este martes en viaxar ata A Mariña para coñecer o municipio doVicedo, onde fixeron unha visita ás pontes do río Sor e unha ruta polas praias vicedenses. Ese mesmo día, o colectivo veciñal de Celeiros de Mariñaos, de Barreiros, que foron recibidos no Pazo de San Marcos polo Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, fixo o itinerario de Portomarín e...

leer más
Etiquetas:
21/10/2024

Cervo e Foz serán as seguintes paradas das rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón os días 26 e 27 de outubro. 

Noela Feal será a encargada de guiar aos participantes a través da parroquia de Lieiro, en Cervo, onde se unen o liño e o mar. Os asistentes coñecerán a relevancia histórica na produción de liño, a orixe do seu nome, así como o proceso completo da súa elaboración e achegaranse ata o Museo do Mar, onde profundarán nesta temática. Será o vindeiro sábado, 26 de outubro. 

Xa o domingo Ana Pena guiará a visita Sabor a mar por Foz, cuxa historia está intimamente ligada ao mar. Os participantes recibirán información sobre a importancia do seu porto, así coma dos astaleiros e fábricas de conservas. Ademais, a través dun paseo costeiro, poderán descubrir algunhas praias e...

leer más
Etiquetas:
15/10/2024

O vindeiro sábado, 19 de outubro, Carmen Delia (La Guiateca) guiará a ruta Auga e milagres no Ermo, en Barreiros. Os asistentes visitarán os arredores de Santo Estevo do Ermo e a súa cascada para coñecer a historia das súas augas e as crenzas milenarias entorno a elas. 

E o domingo, día 20, Ana Pena (Guía Tu día) achegará aos participantes ao tesouro escondido de Alfoz, onde terá lugar unha visita teatralizada por Castrodouro, que rematará cun obradoiro de cestería. 

Aínda quedan prazas dispoñibles para as actividades da vindeira fin de semana. O prezo será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros.

A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase a través da web de Turismo de A Mariña Lucense:...

leer más
Etiquetas:
10/10/2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha Galegoza. A canción en galego, unha iniciativa coa  que pretende dar a coñecer ao público máis novo a amplísima oferta musical no noso idioma e o momento excepcional que está a vivir o panorama musical no noso país.

O programa artéllase arredor dunha exposición que repasa o percorrido histórico da música en galego desde os anos sesenta, desde a música tradicional e a canción protesta do século pasado ata a variedade de estilos nos que se fai música en galego nos últimos anos: ritmos tradiconais revisados e actualizados, pop, rock, canción de autoría, experimentación e electrónica, músicas urbanas, hip hop ou rap.

Os 16 paneis que forman a mostra, comisariada por Pepe Cunha e deseñada pola directora de arte Belén Freijeiro, describen esta evolución a través das...

leer más
Etiquetas:
08/10/2024

A vindeira fin de semana seguirán por Trabada e por Xove as rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística durante os meses de outubro e novembro.

A paisaxe fluvial e a etnografía de Trabada serán as protagonistas o vindeiro 12 de outubro. A visita será guiada por Carmen Delia. Os asistentes realizarán unha pequena visita para descubrir tradicións, a historia, o patrimonio natural e industrial de Trabada comezando polo Eo nun espectacular recuncho de Ría de Abres. Os participantes terán a posibilidade de coñecer a vía verde que vertebrou a comarca, ademais de ser parte do patrimonio industrial da Mariña, como é o caso da Sociedade Mineira de Vilaodriz....

leer más
01/10/2024

Preto de 200 persoas viaxarán esta semana á Mariña, á Montaña e á Ribeira Sacra grazas ao programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Un total de oito colectivos de Guitiriz, Lugo, Vilalba, Pol e Ribas de Sil percorrerán ata o venres o territorio lucense a través deste programa de viaxes gratuítas que a institución provincial ofrece a entidades sen ánimo de lucro co obxectivo de dinamizar o turismo e a economía local.

Hoxe, a asociación de nais e pais do colexio público de Lagostelle (Guitiriz) viaxarán a Cervo e a Peña Gastronómica do Barrio Milagrosa (Lugo) á Fonsagrada. Os primeiros pararán a coñecer a produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación antes de continuar a ruta cara a fábrica de Sargadelos e San Cibrao, onde coñecerán a carpintería de Ribeira, a praia do Torno e o Museo do Mar. Os segundos visitarán o Pazo de...

leer más
Etiquetas:
30/09/2024

A vindeira fin de semana arrincan as rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística durante os meses de outubro e novembro.

As actividades desenvolveranse as fins de semana así coma os festivos do 12 de outubro e 1 de novembro. Terán unha duración de 2 a 4 horas e poderán participar nas mesmas ata un máximo de 25 persoas. O prezo será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros.

A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase a través da web de Turismo de A Mariña Lucense: https://...

leer más
Etiquetas:
27/09/2024

O GALP A Mariña Ortegal, continúa coas xornadas de divulgación da estratexia do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, que iniciou na pasada edición de Produart en Burela. Nesta ocasión abordarase a conexión entre a gastronomía e o produto pesqueiro local, co obxectivo de reforzar o seu consumo, facendo fincapé no sector da hostalería e restauración.

Na sesión anterior das xornadas quedou de manifesto que A Mariña ten unha ampla traxectoria na trazabilidade e identificación de produto pesqueiro, da man de dous dos portos máis importantes de Galicia, o de Burela e o de Celeiro. Nesta edición quérese potenciar o consumo do produto pesqueiro e a vinculación coa hostalería, apostando por un consumo sostible e responsable, onde se prime a calidade e frescura do produto local, e a redución da pegada de carbono que implica  o consumo local. Trátase...

leer más
24/09/2024

Máis de 180 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia. Esta semana é a quenda da veciñanza de Lugo, Castro de Rei, Riotorto, Portomarín, Láncara e Alfoz, que coñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.

Este martes as asociacións da capital lucense, Alume Saúde Mental e a de Amas de Casa y de Consumidores, viaxarán ata á comarca da Mariña Lucense. Os primeiros emprenderon desde a Granxa Gayoso Castro a súa viaxe para percorrer a pé un tramo do paseo marítimo de Barreiros, visitar a praia das Catedrais e logo desprazarse a Rinlo. Pola súa contra, o colectivo de Amas de Casa visitou o casco antigo de Mondoñedo e o cemiterio vello na localidade. 

Mañá mércores será a quenda da...

leer más