A Mariña
O GALP A Mariña Ortegal, continúa coas xornadas de divulgación da estratexia do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, que iniciou na pasada edición de Produart en Burela. Nesta ocasión abordarase a conexión entre a gastronomía e o produto pesqueiro local, co obxectivo de reforzar o seu consumo, facendo fincapé no sector da hostalería e restauración.
Na sesión anterior das xornadas quedou de manifesto que A Mariña ten unha ampla traxectoria na trazabilidade e identificación de produto pesqueiro, da man de dous dos portos máis importantes de Galicia, o de Burela e o de Celeiro. Nesta edición quérese potenciar o consumo do produto pesqueiro e a vinculación coa hostalería, apostando por un consumo sostible e responsable, onde se prime a calidade e frescura do produto local, e a redución da pegada de carbono que implica o consumo local. Trátase...
leer másMáis de 180 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia. Esta semana é a quenda da veciñanza de Lugo, Castro de Rei, Riotorto, Portomarín, Láncara e Alfoz, que coñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.
Este martes as asociacións da capital lucense, Alume Saúde Mental e a de Amas de Casa y de Consumidores, viaxarán ata á comarca da Mariña Lucense. Os primeiros emprenderon desde a Granxa Gayoso Castro a súa viaxe para percorrer a pé un tramo do paseo marítimo de Barreiros, visitar a praia das Catedrais e logo desprazarse a Rinlo. Pola súa contra, o colectivo de Amas de Casa visitou o casco antigo de Mondoñedo e o cemiterio vello na localidade.
Mañá mércores será a quenda da...
leer másO próximo 5 de outubro arrinca a quinta edición do programa de rutas e visitas guiadas en torno á cultura e natureza dos 16 concellos da Mariña Lucense. Baixo o nome A Mariña. Plans con corazón. 16 rutas e visitas guiadas por 16 concellos, trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística na temporada de outono.
Esta iniciativa ven ser a continuación de A Mariña en Ruta, que agora se renova, introducindo novidades e adaptando a súa identidade á nova imaxe de marca turística da Mariña. Foron programadas un total de 16 rutas e visitas guiadas, que se realizan nos 16 concellos que conforman o xeodestino da Mariña, a partir das propostas realizadas polos guías oficiais de turismo Ana Pena, Boris Vilar, Carmen Delia e Noela Feal, coa...
leer másLa Organización de Productores Pesqueros del Puerto de Burela y la Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela organizan durante los meses de octubre y noviembre la quinta edición del “Camiño Gastronómico do Mar”, una iniciativa gastronómica que mantiene el doble objetivo con el que se lanzó hace ya cinco años: fomentar el consumo de pescado y promocionar el “Camiño do Mar”.
La presentación oficial se realizará el próximo viernes 11 de octubre en el Salón de Actos de Armadores de Burela, con la presencia del Conselleiro de Mar de la Xunta de Galicia, Alfonso Villares; acompañado por representantes de OPP Burela y la Asociación Amigos do Camiño do Mar. El acto será abierto al público y en él también estarán representados los concellos por los que pasa el “Camiño do Mar” y las respectivas mancomunidades de...
leer másO programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo organiza esta semana unha ruta adaptada por Foz entre as oito que percorrerán a provincia desde hoxe e ata o venres. En total, son máis de 180 veciños e veciñas dos concellos de Lugo, A Fonsagrada, Outeiro de Rei, As Nogais e Cospeito os que visitarán estes días A Mariña e A Ribeira Sacra.
Hoxe, a asociación de veciños de Benade-Calbrava (Lugo) e Auxilia (Lugo) farán diferentes rutas pola Mariña. Os primeiros coñecerán Barreiros e Ribadeo, logo de visitar a produtora do Servizo de Audiovisuais. Os segundos participarán nunha ruta adaptada por Foz tras unha parada na Granxa Gayoso Castro para coñecer as instalacións da institución provincial; no concello mariñán visitarán o Cenima, o espazo Caritel e percorrerán o paseo marítimo.
Os veciños...
leer másCamiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural no que participan compañías de teatro, danza e artes do movemento e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, intensificará a súa presenza no territorio galego na súa sexta edición, que se celebrará do 13 de setembro ao 27 de outubro baixo o lema A oportunidade do agarimo. Un total de 13 localidades do país, dúas máis que no 2023, contarán con funcións desta iniciativa.
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a presentación da programación en Galicia, que comezará o venres 13 en Santiago de Compostela. A partir de aí, algunhas das creacións escénicas máis interesantes da carteleira percorrerán escenarios históricos ou espazos singulares de Vilalba, Melide, Carballo, Vimianzo, Lugo, Ames, Arzúa, Ribadeo e Viveiro; sedes ás que este ano CEN suma Foz e Outes, á vez...
leer másEsgotadas as prazas para a segunda xeoruta en barco ao Fuciño do Porco, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Esta viaxe terá lugar o 21 de setembro.
A primeira foi o pasado domingo, 25 de agosto. Os participantes puideron embarcarse nunha lancha a través da ría de Viveiro ata este peculiar lugar, pasando por fermosas praias e cantís. Esta nova xeoruta permitiu coñecer dun xeito diferente a xeoloxía da ría de Viveiro; en especial, puideron observar a gran diferenza de rochas entre ambas marxes, así como a orixe da ría en relación coa falla de Viveiro.
As persoas que puideron gozar desta espectacular xeoruta chegaron procedentes de Madrid, Ribadeo, Foz, Mondoñedo e O Vicedo.
Aínda quedan prazas libres para as outras actividades...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense vén de abrir novas datas na programación de actividades de Xeoturismo, posto en marcha o pasado mes de decembro a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, logo do éxito acadado na convocatoria lanzada a pasada semana, que cubriu practicamente a totalidade de prazas ofertadas. O PST está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
Fuciño do Porco
A ruta en barco ata o Fuciño do Porco esgotou as 12 prazas ofertadas para o 25 de agosto en cuestión de horas, polo que foi programada unha segunda data para o 21 de setembro que, ao igual que a primeira, será unha xeoruta en barco ao Fuciño do Porco con saída desde Viveiro, guiada polo xeólogo Fran Canosa.
O acceso desde terra a este punto a través das populares...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense retoma a programación de actividades de Xeoturismo, posto en marcha o pasado mes de decembro a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
O 25 de agosto terá lugar unha xeoruta en barco ao Fuciño do Porco desde Viveiro, guiada polo xeólogo Fran Canosa. Esta actividade volverá programarse en setembro con data pendente de confirmación.
O acceso ao Fuciño do Porco desde a terra ata ese punto a través das populares pasarelas está pechado actualmente e ata novo aviso, polo que esta actividade é unha proposta única para poder coñecer de preto o Fuciño do Porco desde a perspectiva que tiñan os mariñeiros que o bautizaron con este nome, coñecer e entender moito mellor...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Profesional promovido pola área de Cultura, que inclúe 59 representación de 14 compañías por toda a provincia.
Trécola Producións, Xamón Producións, Ítaca Teatro, Ubú Teatro,
Pinconús, Teatro do Miolo, Señor López Producións, Satori Teatro, Baixo
da Area Teatro, Lîlâ Teatro, Bátega Teatro, Mocromina Títeres, A
Compañía Solitaria do Dr. Monifate e Loia Producións xirarán cunha
vintena de representacións ata decembro. As propostas escénicas están
destinadas a distintos públicos, desde teatro de títeres para público
novo ata montaxe con gran peso do baile tradicional e da música en
directo na escena ata adaptacións teatrais de textos literarios como
Poeta en Nova York.
A deputada de Cultura, Iria Castro, sinalou que con este ciclo “a...
leer más