A Deputada de Cultura en funcións, Pilar García Porto, avanzou este sábado a programación do Buxiganga da Deputación, que comeza este sábado 8 de xuño e rematará o 1 de decembro. Este programa de teatro afeccionado celebra a 11ª edición e conta cun orzamento de 70.000 euros. O programa cultural Buxiganga cumpre o obxectivo de dinamizar cultural, social e economicamente os concellos da provincia de Lugo, especialmente os do rural.
García Porto sinalou que “con esta nova edición do Buxiganga acercaremos o teatro afeccionado a 52 Concellos da Provincia con un total de 114 actuacións nas que participarán 370 actores e actrices. Dende o Goberno Provincial puxemos en marcha esta iniciativa para promocionar o teatro e para dinamizar a actividade cultural nos municipios grazas aos grupos de teatro da provincia”.
No programa Buxiganga poden participar as agrupacións de teatro, encargadas da representación das obras, así como os concellos e asociacións sen ánimo de lucro da provincia que poden solicitar a celebración destas actuacións.
114 actuacións en 52 Concellos da Provincia
O Buxiganga chegará este ano a 52 localidades da provincia con 114 actuacións: Alfoz ( 4 actuacións), Baleira (1 actuación), Baralla (2 actuacións), Barreiros (2 actuacións), Begonte (4 actuacións), Bóveda (3 actuacións), Burela (2 actuacións), Carballedo (2 actuacións), Castroverde (4 actuacións), Cervantes (1 actuación), Cervo(7 actuacións), O Corgo (3 actuacións), Cospeito (2 actuacións), Chantada (1 actuación), Folgoso do Courel (1 actuación), Foz (7 actuacións), Friol (2 actuacións), Guitiriz (2 actuacións), Guntín (1 actuación), O Incio (2 actuacións), Láncara (1 actuación), Lourenzá (1 actuación), Lugo (2 actuacións), Meira (2 actuacións), Monforte (2 actuacións), Muras (1 actuación), As Nogais (2 actuacións), Ourol (1 actuación), Outeiro de Rei (1 actuación), Palas de Rei (1 actuación), Pantón (2 actuacións), A Pastoriza (2 actuacións), Pobra de Brollón (1 actuación), Pol (2 actuacións), Portomarín (2 actuacións), Quiroga (2 actuacións), Ribadeo (2 actuacións), Ribas de Sil (2 actuacións), Ribeira de Piquín (1 actuación), Riotorto (2 actuacións), Sarria (4 actuacións), O Saviñao (2 actuacións), Sober (2 actuacións), Taboada (2 actuacións), Trabada (2 actuacións), Triacastela (1 actuación), O Valadouro (4 actuacións), O Vicedo (4 actuacións), Vilalba (1 actuación),Viveiro (3 actuacións), Xermade (2 actuacións) e Xove (2 actuacións).
Participarán 38 grupos de teatro da provincia
- Alfoz: Grupo Humorístico Trípode, O Muro.
- Baralla: A Rabela Teatro, As Consultas Do Doutor Baldomero Bautista.
- Barreiros: Colectivo Cultural Ollomao, Enciclopedia Álvarez.
- Burela: O Torques, Cena familiar.
- Castro de Rei: Os Baluros, Menciñeiro á forza; Os Trocos, Unha noite de primavera sen sono.
- Cervo: A Mariña, O gardián da árbore dos desexos; Ardora, O silencio do badal; O Bordelo, Toluras de proveito.
- Chantada: Argalleiras de Teatro, O feitizo; Sacarina, Madialeva; Centro Teatral Faro-Miño, Sintrón nin són.
- Foz: A Adala, Comeza a función, A Adala infantil, Que cousas pasan no camiño, O Batán, Bicos de vinagre; O Centiño, El Guindilla; Pico do Castro, Matías está tolo; Axóuxeres, Un divorcio no pobo; Touporroutou Teatro, Comedia bífida.
- Lugo: Nova Escena Teatro, As fillas de Eva; Os Palimoquiños, Borralliña; Os Pinchacarneiros, O Lazarillo do Miño; Teatro Lucho Hospital Xeral-Calde, O achado do Castro; Curuxan Teatro Impro, Improvincia; Grupo de Teatro Down, Soños; Hipócrita Teatro, Hotel Desencanto; Ti e máis Eu Teatro, A meiga no palleiro do galo castiñeiro.
- Monforte: Grupo de Teatro Viraventos, Sucesos; Teatreiras, Pros e Contras.
- Monterroso: Escola de Teatro Falcatrueiros, G-13.
- As Nogais: Asociación Cultural Abrente, As pastillas de Farruco.
- Palas De Rei: Alentía Teatro, No berce dos contos; Metáse Teatro, Na procura dun traballo.
- Pontenova: Lume Escénico, Noite de Reis.
- Ribas De Sil: Grupo de Teatro Augas do Sil, Princesa busca pretendente.
- Sarria: Rebuldeira Teatro, Delicadas.
- Viveiro: Obra Viva, Casa Macho.