A Mariña
A asociación Mariña Patrimonio organiza unha viaxe cultural a Santiago de Compostela para o próximo 29 de febreiro (sábado). A xornada comezará pola mañá cunha visita, na Cidade da Cultura, á exposición "Galicia, un relato no mundo". Esta visita será guiada polo comisario de dita exposición, Manuel Gago, quen tamén fará de guía nas visitas que terán lugar pola tarde ao castelo da Rocha Forte e mais ao petróglifo de Conxo.
As persoas interesadas en participar nesta actividade teñen de prazo para anotarse atA o día 20 de febreiro. Así mesmo, poderán atopar toda a información necesaria no blog de Mariña Patrimonio.
Medio cento de establecementos da provincia participan nas xornadas gastronómicas en torno ao Camiño de Santiago que se desenvolverán dende mañá e ata o 9 de febreiro, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) e financiadas pola Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”.
En concreto, a Consellería de Cultura e Turismo destina 16.500 euros á iniciativa “... E para comer, Lugo” no Camiño, que hoxe presentaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o presidente da APEHL, Cheché Real, e María Castro, técnico de proxectos da entidade.
Durante as vindeiras semanas, os 50 establecementos adheridos ao programa servirán tapas, racións, pratos ou menús con receitas tradicionais da gastronomía lucense moi apreciadas polos peregrinos,...
leer másO Centro Comarcal Santo Tomé de Mondoñedo acollerá este 15 de xaneiro ás 7 da tarde a presentación da quinta edición do Coworking da Mariña lucense, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escala de Organización Industria (EOI) coa colaboración do Concello de Mondoñedo, como socio local. As últimas prazas estarán dispoñibles ata o 31 de xaneiro.
Na presentación participará a subdirectora da Oficina Galicia Emprende do IGAPE, Fany Suárez Mansilla, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto con parte do equipo coordinador do proxecto e participantes nas anteriores edicións. Todos eles contarán as distintas perspectivas e experiencias dentro do programa. A continuación haberá un espazo de café networking que propiciará o intercambio de ideas entre os asistentes.
Este...
leer másA Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través do programa “O teu Xacobeo” o ciclo de monólogos Humor no Camiño, que organiza a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón de Lugo e ao que achega 19.200 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o presidente da entidade organizadora, Óscar Engroba, presentaron hoxe o programa, que inclúe dez paradas noutros tantos concellos polos que discorren os Camiños Primitivo, Norte e Francés, todos da provincia de Lugo menos o de Melide, que inaugura o programa.
Os participantes son humoristas moi coñecidos polo público, e todos eles comprometéronse a crear monólogos que tiveran como eixe historias ou vivencias do Camiño. Abrirá a programación J.J.Vaquero na Casa da Cultura de Melide, este sábado ás 20.30 horas. E o seguinte actor en sumarse será...
leer másAcia Foz segue coa súa promoción do municipio a nivel nacional. A revista Hola Viajes 2020, 52 rutas por la España más bella y desconocida ofrece unha interesante reportaxe sobre a Basílica de San Martiño. O xornalista, escritor, arquitecto e viaxeiro incansable Enrique Domínguez Uceta escribe sobre Una Catedral y un sinfín de leyendas. Ría de Foz-Lugo, tras o seu paso pola Basílica, por Foz e por outros enclaves da Mariña nos últimos meses.
Domínguez Uceta escribe que “San Martiño de Mondoñedo, la catedral más antigua de España, es un bello templo románico situado en un paisaje único, junto a la ría de Foz y la costa Cantábrica. El entorno es rico en playas salvajes y en historias medievales, que hablan de celtas, suevos y bretones, que habitaron los mismos bosques mágicos y pueblos costeros que hoy vemos en esta maravillosa comarca del...
leer másA área de Cultura da Deputación achega, de forma gratuíta, unha programación con 30 actividades aos concellos da Provincia. Trátase de actividades de carácter lúdico dirixidas aos máis pequenos que se celebrarán desde o 14 de decembro ata o 5 de xaneiro.
A Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, explicou que “entre as actividades incluímos teatro, maxia, varias compañías de monicreques e visitas do Apalpador que de seguro farán as ledicias dos nenos e as nenas. É unha programación deseñada para aproveitar o tempo de lecer das crianzas e para inculcar valores, con espectáculos sobre igualdade ou manter unha figura do nadal galego como é o Apalpador, quen ademais transmite a importancia da conservación do Medio Ambiente”
Programación Nadal Cultural
Sábado 14
Carballedo - Visita...
A Federación de Comercio A Mariña lanza unha nova campaña de concienciación nos medios de comunicación para potenciar as compras no comercio local durante o Nadal.
Desde a FCAM o seu presidente, José Carlos Paleo, lembra que “o que pretendemos con esta campaña é darlle visibilidade a todas as potencialidades comerciais e turísticas que ten esta comarca. Pretendemos que os mariñáns segan apoiando ao seu comercio, ao que teñen ao carón da casa, a ese que é o que fai pobo. Pero tamén queremos que esta comarca reciba visitantes durante a maior parte do ano. Sempre é un bo momento para achegarse á Mariña, tamén no outono e no inverno, para pasear, para tomar algo, para saborear a súa gastronomía e para mercar no seu comercio”.
Paleo fai unha chamada á unión: “é fundamental estar unidos para resistir ás condicións...
leer másEsta fin de semana remata o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento chega os días 29 e 30 de novembro a Barreiros (A Yenka), a Viveiro (O Val do Naseiro), a Cervo (O Almacén) e a Ribadeo (O Cabazo).
O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e remata xa o 30 de novembro. No evento participaron 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi.
Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense amósanse satisfeitos do discorrer desta cita, que estivo e está a reunir a moitos amantes da maxia e da boa gastronomía arredor dunha mesa cada fin de semana.
Os locais que acollen o Mes...
leer másO vindeiro luns, 25 de novembro, terá lugar o oitavo e último sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será no Vicedo. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 18 ao 24 de novembro no comercio asociado a Acia local entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo no Vicedo.
En total a FCAM destinou 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os sorteos celébranse os luns na sede de cada Acia...
leer másEsta fin de semana segue o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento chega os días 22 e 23 de novembro a Trabada (Mesón Camiño Norte), Foz (O Lar) e Mondoñedo (casa rural A Penela).
O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e rematará o 30 de novembro. No evento participan 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi.
A Mancomunidade xunto cos locais participantes que ofrecen unha coidada oferta gastronómica baseada en produto local, galego e de tempada, agardan que o Mes da Maxia sexa un motivo para que os mariñáns saian cear e pasen unha noite completa e agradable, se dean desprazamentos entre...
leer más