A Mariña

Etiquetas:
18/11/2019

A campaña da FCAM "1.000 motivos para mercar na Mariña" sorteou hoxe en Lourenzá mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Acial.

Os números afortunados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o  124.311, que foi repartido en Perruquería Reyes; e con 100 euros cada un foron premiados o 129.111 en Gasolineira Galp, o 130.732 en Panadería Neli, o 126.543 en O Recanto Cervexería, o 131.918 tamén en O Recanto Cervexería; e o 128.017 en Panadería Neli. 

En total a FCAM destinou 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os sorteos estanse a celebrar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña desenvolverase esta semana en O Vicedo, onde o...

leer más
Etiquetas:
15/11/2019

O vindeiro luns, 18 de novembro, terá lugar o sexto sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será en Lourenzá. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 11 ao 17 de novembro no comercio asociado a Acial laurentina entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Lourenzá. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os sorteos celébranse os luns na sede de cada Acia...

leer más
Etiquetas:
13/11/2019

O deputado de Deportes, Efrén Castro, presentou esta mañá a primeira edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o vindeiro sábado nos concellos de Viveiro, Xove, Cervo e O Vicedo.  

A carreira, que levará por primeira vez á comarca unha competición do Campionato Galego de Rally, reunirá na súa estrea 72 pilotos entre os que destacan Iago Caamaño, Alberto Meira ou o lucense Adrián Díaz.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, subliñou “a boa acollida que a proba tivo entre os pilotos” e amosouse confiado en que “veña para quedarse” no calendario do automobilismo galego e “cubrir un oco que ata agora estaba baleiro na Mariña pese a  afección ao motor que hai na comarca, coma no resto da provincia e mesmo Asturias, de onde seguro tamén chegarán siareiros”.

O presidente da escudería...

leer más
Etiquetas:
13/11/2019

Esta fin de semana segue o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento chega os días 15 e 16 de novembro a Riotorto, Foz, O Vicedo e Ribadeo.

O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e rematará o 30 de novembro. No evento participan 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi. 

A Mancomunidade xunto cos locais participantes que ofrecen unha coidada oferta gastronómica baseada en produto local, galego e de tempada, agardan que o Mes da Maxia sexa un motivo para que os mariñáns saian cear e pasen unha noite completa e agradable, se dean desprazamentos entre concellos e que a xente de fóra da comarca...

leer más
Etiquetas:
11/11/2019

A campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou hoxe en Covas mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Beiras de Viveiro.

Os números afortunados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 109.568, que foi repartido en vinoteca Akitania; e con 100 euros cada un foron premiados o 117.613 en Covirán, o 109.735 en Akitania, o 106.962 en Galipizza, o 109.613 en Akitania e o 119.643 en Peixería Grallal. Desde a FCAM subliñan que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para consumir os seus premios”. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os sorteos teñen lugar os luns na sede...

leer más
Etiquetas:
10/11/2019

Con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 23 de novembro, sábado, unha saída á cidade de Lugo para coñecer parte do seu patrimonio, concretamente aquel que se atopa fóra da muralla. Como vén sendo habitual neste tipo de actividades organizadas por Mariña Patrimonio, a visita será guiada e contará con actividades que se desenvolverán ao longo do día. Nesta ocasión pola mañá visitaranse os barrios da Ponte e do Carme e, tras unha pausa para o xantar, coñecerase un interesante e enigmático conxunto arqueolóxico que se atopa no lugar de Adai.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de novembro e todas as persoas que queiran participar nesta actividade poderán obter máis información no blog de Mariña Patrimonio:...

leer más
Etiquetas:
08/11/2019

O vindeiro luns, 11 de novembro, terá lugar o sexto sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será en Covas. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 4 ao 10 de novembro no comercio asociado a Beiras de Viveiro entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Covas. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia...

leer más
Etiquetas:
04/11/2019

Esta fin de semana volve o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento descansou durante a pasada Ponte de Todos os Santos e os días 8 e 9 de novembro chega a San Cibrao, Ribadeo e O Valadouro. 

O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e rematará o 30 de novembro. No evento participan 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi. 

A Mancomunidade xunto cos locais participantes que ofrecen unha coidada oferta gastronómica baseada en produto local, galego e de tempada, agardan que o Mes da Maxia sexa un motivo para que os mariñáns saian cear e pasen unha noite completa e agradable, se dean desprazamentos...

leer más
Etiquetas:
04/11/2019

A campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou hoxe en Ribadeo mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Acisa

Os números afortunados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 158.268, que foi repartido en Boutique Del Río; e con 100 euros cada un foron premiados o 163.395, que foi entregado en Anais, o 175.974 en Texturas Galegas, o 173.901 en Farmacia Álvarez Lebredo, o 166.328 que foi entregado en La Bugalla e o 162.006 en Calzados La Moda Hombre. Desde a FCAM subliñan que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para consumir os seus premios”. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

... leer más
Etiquetas:
01/11/2019

O vindeiro luns, 4 de novembro, terá lugar o quinto sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será en Ribadeo. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 28 de outubro e o 3 de novembro no comercio asociado a Acisa entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Ribadeo. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia...

leer más