Foz

Etiquetas:
28/10/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que se celebrará no Cenima, de Foz, entre o 7 e 9 de novembro. Desde a organización explican que “a consecuencia de imprevistos de ultima vémonos na obriga de cambiar o programa”, quedando como se anuncia a continuación:

Lois Pérez. Mércores, 7 de novembro, ás 20:30 no Cenima.

Os soños na gaiola. Grupo de teatro da Pomba do Arco.  Xoves, día 8, ás 20:30 no Cenima.

Olga Novo e Ismael Ramos. Venres, 9 de novembro, ás 20:30 no Cenima. 

 

Etiquetas:
28/10/2018

Os días 2, 3 e 4 de novembro terá lugar a XV Ruta 4x4 Montes da Mariña organizada polo Club Os Correcamiños. Na presentación deste evento participou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.

A ruta 4x4 Montes da Mariña é unha das citas máis importantes de toda España no mundo dos 4x4, con 500 vehículos participantes (150 motos, 150 quads e 200 coches) procedentes de lugares como Portugal, Madrid, Teruel, Barcelona, Bilbao, San Sebastián, Ciudad Real, entre outros.
 
O programa de actividades comezará a desenvolverse o venres 2 de novembro cunha recepción e pinchos no pavillón do colexio Martínez Otero, de Foz. O sábado 3 haberá ruta polos montes da Mariña, que discorrerá polos concellos de Alfoz, O Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo, Barreiros, Cervo e Foz. A comida será en Ferreira do Valadouro e despois de volver á vila focense...

leer más
Etiquetas:
18/10/2018

Este sábado, 20 de outubro, terá lugar en Foz o quinto sorteo da campaña da Federación de Comercio A Mariña que está a repartir máis de 10.000 euros en premios nos oitos sorteos que se desenvolven ata o 10 de novembro. En cada localidade participante póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a cada Asociación de Comerciantes participante. 

Pasado mañá celébrase o sorteo en Foz. Será na carpa instalada na praza do Concello a partir das 20:30 horas. 

Os seguintes sorteos serán o 27 en Lourenzá, o 3 de novembro en Xove e rematarán o 10 de novembro en O Vicedo. 

As persoas interesadas en participar nesta importante campaña da FCAM deben gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e entrarán nos sorteos de 1.500 euros en vales de...

leer más
Etiquetas:
17/10/2018

Unha colección de monstros do máis variado é o que nos trae Fran Amil no seu novo libro-CD. A colección Sonárbore da editorial Galaxia lanza Monstros con ou sen consentimento un volume que nos presenta toda unha serie de personaxes peculiares. Lobos bondadosos, robots, entes larpeiros ou estraños personaxes musicais danse cita en forma de cancións "para gozar en familia, cun sorriso nos beizos e moito ritmo para erguer o ánimo e non parar de bailar" acompañados das ilustracións de Manel Cráneo.

Fran Amil é un músico, compositor e produtor coruñés que dende os anos 90 pasou por algún dos grupos chave do movemento Bravú (Os Papaqueixos, Ruxe-Ruxe ou Diplomáticos de Monte Alto). Dende hai uns anos fai música infantil en galego, sendo os traballos anteriores, Un conto ao revés e A voz do vento, disco no que musica e canta poemas de Manuel...

leer más
Etiquetas:
15/10/2018

O municipio de Foz acollerá nesta segunda quincena de outubro dúas representacións teatrais, para os días 20 e 28, e unha proxección fotográfica, tamén para este vindeiro sábado. Son actividades incluídas na programación cultural do Concello focense.

As actividades deste sábado, 20 de outubro, comezarán coa proxección fotográfica titulada Foz, onte e hoxe, do arquivo de fotos de Xesús do Breogán. Terá lugar na antiga escola pública de Fazouro ás 18:00 horas. Está organizada pola asociación de veciños Santiago de Fazouro e colabora o Concello de Foz.

Tamén este sábado haberá unha representación teatral a cargo de Sarabela Teatro que porá en escena a obra Normas para saber vivir na sociedade moderna. Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa...

leer más
Etiquetas:
15/10/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha palestra sobre a historia da guerrilla antifranquista na Mariña e en Galiza. Será este martes, 16 de outubro, na Casa da Cultura de Foz, ás 20:30 horas.

Neste acto estará presente Francisco Martínez “Quico”, único membro vivo da Federación de guerrillas de Galiza e León, dirixente da guerrilla durante máis de cinco anos e exiliado en Francia entre 1952 e 1976.

O histórico guerrilleiro estará acompañado por Fernanda Cedrón Trigo, neta do mítico guerrilleiro mariñán Luis Trigo Chaos “O Gardarríos”; e Odette Martínez, especialista en memoria e profesora na Universidade de Montpellier.

 

Etiquetas:
11/10/2018

O estadio Martínez Otero acollerá o vindeiro domingo, 14 de outubro, a homenaxe que o CD Foz lle renderá ao comercio de proximidade e á hostalaría local. O presidente do Centro Comercial Aberto, José Carlos Paleo, anima a asistir a este acto que terá lugar ás 16:45 horas, durante o encontro que disputarán o CD Foz e o San Tirso. 

O CCA focense invitará a café a todos os asistentes a ese partido e sorteará 100 euros en vales en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.

José Carlos Paleo sinalou que “para o comercio de proximidade é un recoñecemento moi importante que se teña en conta o esforzo que aporta a todas as actividades que axuda a financiar como festas, torneos deportivos, etc”. 

O presidente do Centro Comercial Aberto lembra que “o comercio fai pobo, como di o...

leer más
Etiquetas:
06/10/2018

A Delegación de Cultura do Concello de Foz acaba de abrir o prazo para presentarse a Raíña ou Rei do Entroido 2019.

Os aspirantes deben ser maiores de 18 anos e teñen que entregar a documentación nas dependencias da Concellería de Cultura de Foz, que están na Casa do Concello. O prazo de presentación rematará o 6 de novembro de 2018 e poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982.140.027.

A documentación a presentar son os datos persoais das/os que se presenten á elección, dúas ou máis fotografías recentes e unha breve exposición breve dos motivos polos que lles gustaría ser Raíña ou Rei do Entroido de Foz.

A cea de coroación da raíña ou rei do Entroido de Foz 2019 será o sábado 16 de febreiro.

 

Etiquetas:
05/10/2018

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha charla-obradoiro para a dinamización dos negocios locais que terá lugar o vindeiro martes, 9 de outubro.

A conferencia leva por título Reaviva a chama do teu negocio e será impartida pola psicóloga coach Ángeles Amor, que falará “da forza de emprender, das  novas ilusións, dos novos retos, etc…”. 

Esta charla-obradoiro celebrarase o 9  de outubro ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz. A entrada é gratuíta e poderá facerse reserva de prazas no número de teléfono 982 132 751. Desde a directiva do Centro Comercial Aberto de Foz subliñan que “está aberta ao público en xeral, sexan asociados ou non á ACIA/CCA”. Os inscritos recibirán un diploma de asistencia.

Coa organización deste evento colabora o Concello de Foz, Radio Foz...

leer más
Etiquetas:
26/09/2018

A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado, día 29, ás 19:30 horas unha representación a cargo do grupo de teatro A Panadaría, que ofrecerá a obra titulada Elisa e Marcela.

Trátase dunha comedia para adultos cunha duración de 75 minutos e o prezo da entrada é de 3,5 euros. Poden mercarse anticipadamente na Delegación de Cultura do Concello de Foz.

Esta obra conseguiu varios galardóns nos Premios María Casares e noutros durante este ano 2018. As intérpretes son Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.