Foz
A vila focense acollerá a segunda edición do torneo de pádel e a vixésima do torneo de tenis, que organiza o Foz Club de Tenis, do 13 ao 19 deste mes. Na presentación participou a concelleira de Deportes, Mercedes González Alonso.
Haberá competicións de pádel en categorías masculina primeira en cascada a segunda, feminina primeira en cascada a segunda. En tenis as competicións serán en individual e dobres. Os premios consisten en material deportivo en todas as categorías.
O sábado 18 haberá unha festa organizada pola asociación Torques de Marzán.
Os Sendeiros de Foz organiza a 9ª Marcha Nocturna Rúas de Foz-Paseo de Malates o 14 de agosto.
A saída será as dez da noite da praza Conde Fontao.
O prezo é 3 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio. As inscricións poden facerse no e-mail ossendeiros@yahoo.es, e nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 017. O prazo para anotarse remata o vindeiro domingo, 12 de agosto.
A organización recomenda levar lanterna ou farol. Ao remate da marcha haberá unha gran chocolatada con biscoitos de balde.
Colabora o Concello de Foz.
As actividades da décima edición da carreira Run Foz Run, que foron presentadas hoxe cun acto no que participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, desenvolveranse este fin de semana, sábado e domingo, no colexio Martínez Otero. O prazo de inscrición está aberto na páxina web championchipnorte.com e remata este xoves, día 9.
O sábado 11 ás 17:00 horas abrirase a feira do corredor e ás 19:00 horas comezará unha andaina solidaria e haberá música cun DJ. E o domingo 12 ás 10 da mañá empezarán as carreiras das categorías inferiores e ás 11:00 horas terá lugar a saída da proba absoluta.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que a asociación A Santina será a pregoeira das festas patronais de San Lourenzo. O rexedor subliña que a colonia asturiana leva 35 anos afincada en Foz e alude aos lazos creados entre galegos e asturianos.
“Desde o equipo de goberno e dende a asociación Sempre Foz, organizadora das festas patronais do San Lourenzo, que son festas de interese turístico galego, queremos anunciar que a pregoeira desta festa tan importante para o noso pobo será a asociación A Santina, de Foz. Homenaxeamos a esta asociación de veciños asturianos afincados no noso pobo desde hai máis de 35 anos. É unha homenaxe a esa convivencia durante tantos anos con esta comunidade e que seguen conservando os valores de Asturias pero en total convivencia no noso pobo”, explicou Javier Castiñeira.
... leer másOs Sendeiros de Foz organiza a ruta Viloalle, por Mondoñedo, este sábado, 4 de agosto. A saída será ás 9:00 horas da praza Galicia.
O prezo é 3 euros, seguro accidentes obrigatorio. Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse no e-mail ossendeiros@yahoo.es e nos teléfonos 606 794 110 e 670 369 017.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, auga e comida. A ruta ten unha dificultade media.
Colabora o Concello de Foz.
Os Sendeiros de Foz tamén colabora o 11 de agosto na ruta solidaria organizada por Run Foz Run a favor da endometriosis. Haberá un donativo de 5 euros e a ruta discorrerá por Foz con saída do colexio Martínez Otero, ás 19:00 horas. O prazo para anotarse remata o 9 de agosto.
A Sala Bahía acollerá este sábado, día 4, ás 19:30 horas a XXXIII edición do Encontro de Corais Galaico Astur. Este evento está organizado pola Coral Polifónica de Foz e conta coa colaboración do Concello focense e da Deputación Provincial de Lugo.
En representación de Asturias estarán as corais de Porceyo (Gijón) e Tineo, mentres que de Galicia actuarán as de Berres, no municipio pontevedrés de A Estrada, e a de Foz.
A explanada portuaria acollerá unha nova edición de Foz Market do 15 ao 19 de agosto. Nesta cita haberá festival de food trucks, salón do automóbil, actividades infantís e concertos musicais. A feira está organizada por EsMarket coa colaboración de ACIA/CCA Foz e do Concello de Foz.
Ángel Rojo, representante de EsMarket, anunciou que “este año contaremos con 12 o 14 food trucks con gran diversidad gastronómica. Habrá comida mejicana, peruana, asturiana, gallega, japo, propuestas gourmet, etc… con preparaciones que solo puedes degustar en las food trucks, de ahí el éxito cosechado en las ediciones anteriores”.
En Foz Market haberá tamén salón do automóvil con diferentes marcas de vehículos, “que trae a Foz un ano máis o Grupo Breogán, que virá con coches eléctricos, híbridos e tamén vehículos quilómetro cero, que...
leer másEste mércores, 1 de agosto, ás 20:00 horas no Cenima, de Foz, terá lugar a inauguración da mostra titulada Huellas de Araceli Larrán e Lucía Vila.
Huellas revela ao espectador invencións, apuntes, observacións e procesos de investigación destas dúas artistas. O proxecto ten un punto de partida intimista do que se xeran obras que abarcan diferentes ámbitos técnicos: debuxo, pintura, poesía, collage…
Lucía Vila é licencia en BBAA e Historia das Artes, e compaxina a súa actividade artística coa docencia en ensinanzas medias. Araceli Larrán, formada en BBAA, traballa como profesora de ensinanzas medias en Cantabria, onde reside.
A exposición estará no Cenima de Foz ata o día 15 de agosto, e pode visitarse en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a sábado.
...
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza a XXIII edición das Xornadas de Historia Local que darán comezo este luns, 30 de xullo.
Na primeira xornada este luns ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz proxectarase o documental inédito Foz, Cangas e Lourenzá, gravado a comezos dos anos 50 polo cangués Antonio Díaz Ortiz. Despois intervirá Martín Fernández Vizoso, que fará un percorrido pola vida do autor do documental.
O martes, 31 de xullo, ás 20:30 horas tamén na Casa da Cultura de Foz, participará Xosé Ramón Ermida Meilán coa charla titulada A fotografía focega. 1906-1936, na que propón unha viaxe, a través da fotografía, pola historia da localidade nas primeiras décadas do século XX, centrándose nos traballos fotográficos dos focenses Alberte Bravo, Andrés Gamboa e Manuel Luxilde, e na obra do ribadense...
leer másA restauradora Blanca Besteiro García ofrecerá unha conferencia obradoiro sobre a recuperación das pinturas murais da basílica de San Martiño.
O acto está programado para este venres, día 27, ás 17:00 horas no salón de actos do Centro de Interpretación de San Martiño de Mondoñedo, no municipio de Foz.