Foz
O Servizo de Audiovisuais da Deputación emitirá en directo, do 13 ao 15 de febreiro, o XII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, o VII Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería e o VII Campionato Internacional de Baristas Profesionais que organiza o IES de Foz. Así o avanzou o Presidente, Darío Campos Conde, no acto de presentación destas xornadas coas que colabora o organismo provincial, no que apuntou que “alumnos de realización, baixo a supervisión de docentes e técnicos, serán os encargados do streaming. Continuamos, por tanto, coa frutífera colaboración que mantiveron durante dez anos a Fundación TIC e instituto mariñán”.
Durante a presentación, Campos Conde estivo acompañado polo director do IES de Foz, Nicolás Asensio, o profesor Marcos Santamaría e os alumnos José Miguel Bodenlle...
leer másO CCA focense organiza a 9ª edición da Festa da Cociña Afrodisíaca, os días 14, 15, 16 e 17 deste mes. Un total de 20 locais ofrecerán tapas afrodisíacas ao prezo de 1´5 euros. Entre as propostas que poderemos atopar non faltarán ostras, fresas, chocolate, algas, aguacate ou améndoas, entre outras. Tamén haberá doces afrodisíacos que elaborarán as pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma e que venderán igualmente ao prezo de 1´5 euros. Esta doce proposta foi presentada por Fernando López, de Xoyma, Ramón Castro, de Anduriña, Pablo Gumeil, de Amarena, e Olaya Pedrosa, a secretaria da Acia.
Por outra banda, os establecementos hostaleiros terán menús especiais para celebrar San Valentín ás comidas e ás cenas.
Por outra banda, hoxe arrinca tamén a campaña do día dos namorados no comercio de Foz. As persoas que realicen...
leer másO Concello de Foz presentou hoxe, venres, o seu programa do Entroido 2019. Os actos darán comezo o 16 deste mes coa cea de coroación da raíña e seguirán o día 28 co Xoves de Comadres. César Rodríguez González, coñecido como Cesarín, será o encargado de dar o pregón o 1 de marzo e o día grande será o 2 de marzo, data na que se celebrará o tradicional desfile do Entroido no que se repartirán máis de 7.000 euros en premios. As actividades seguirán ata o 8 de marzo.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, que estivo acompañado na presentación polo concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, anunciou que “no día de hoxe vimos de presentar unha nova edición do Entroido de Foz, que comezará os seus actos o próximo sábado 16 de febreiro, coa cea de coroación da raíña do Entroido. É un éxito máis de participación, con máis de 800 entradas vendidas...
leer másO IES de Foz acollerá a final do XII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e a sétima edición do Campionato Internacional de Cata de Cafés e do Campionato Internacional de Baristas Profesionais. Terán lugar os vindeiros días 13, 14 e 15 deste mes de febreiro nas instalacións do centro. A presentación celebrouse este mediodía e contou coa asistencia do alcalde de Foz, Javier Castiñeira; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e a xefa territorial de Educación, Mariña Gueimunde.
En primeiro lugar o director do IES de Foz, Nicolás Asensio, anunciou que “se celebra la duodécima edición del Campeonato de Escuelas de Hostelería, el Campeonato Internacional de Cata y el Campeonato de Baristas Profesionales. En primer lugar agradecer a todas las instituciones que colaboran, a todas las empresas y, por...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza un ano máis a súa campaña de San Valentín que se desenvolverá no comercio do 8 ao 17 deste mes de febreiro e que inclúe o sorteo de regalos. E tamén se celebrará a 9ª Festa da Cociña Afrodisíaca, que terá lugar do 14 a 17.
As persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a ACIA Foz, dende este venres, 8 de febreiro, ata o día 17 entrarán no sorteo de 8 premios especiais. Estes agasallos consistirán en diferentes tratamentos estéticos, ofrecidos pola clínica Maas+Saúde. Trátase de 3 sesións de depilación do pack ingles e axilas, 3 sesións de depilación de medias pernas, 1 pack de masaxe reductor-presoterapia e 1 de hixiene facial con ácido salicílico. O sorteo será ofrecido en directo por Radio Foz o 19 de febreiro.
O CCA focense organiza tamén a 9ª...
leer másEste xoves, 7 de febreiro, a Librería Bahía de Foz acolle a presentación da obra de Randi Montero, titulada Yo siendo otra. O acto terá lugar a partires das 20:30 horas.
O lucense Randi Montero reivindica nesta novela, que é a súa primeira obra narrativa que escribiu en 2016, a liberdade persoal de cada quen para decidir quen quere ser dende a súa verdade máis íntima.
O vindeiro 15 de febreiro terá lugar en Foz un obradoiro de escrita e narrativas. A actividade será impartida por Lidia Luna, psicóloga de profesión e, como ela mesma di, escoitadora e contadora de historias.
Neste obradoiro os participantes explorarán a creación de historias a partir da súa experiencia cotiá, das súas lembranzas e da memoria dos lugares que habitan.
O taller terá lugar na Librería Bahía, de Foz, a partir das 20:30 horas.
O número de prazas é un máximo de 12 asistentes e as persoas interesadas poden anotarse en contacto@narrativasyotraslunas.com, no número de teléfono 633 218 124 ou en Librería Bahía, na Avenida da Mariña, 40 ou no teléfono: 982 140 434.
Lidia Luna explica que "todas as persoas temos historias...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz fará entrega este domingo, 3 de febreiro, dunha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de fútbol local, o CD Foz. Será antes do encontro que os enfrontará no Martínez Otero ao Viveiro e que dará comezo ás 16:30 horas.
A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e servirá para animar aínda máis ao CD Foz, desde as gradas do estadio Martínez Otero.
No acto do vindeiro domingo participarán entre outros, os presidente do CCA e do CD Foz, José Carlos Paleo e José Mª García Rivera, respectivamente, ademais de directivos do colectivo empresarial e do club de fútbol.
A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa unha representación de teatro infantil para este sábado, 2 de febreiro. Será ás 18:30 horas na Sala Bahía.
A compañía Elefante Elegante representará Patapatúm, que é un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cun forte compoñente plástico e musical. Propón unha reflexión sobre a presenza de bens materiais nas relacións entre pais e fillos.
O prezo da entrada é de 2,5 euros, pero os menores de 12 anos terán que pagar só 1,5 euros.
A cea baile de coroación da raíña do Entroido de Foz, Sabela Pico Lombán, será o 16 de febreiro, sábado, a partir das dez da noite na Sala Bahía. As tarxetas para asistir hai que retiralas na Delegación de Cultura do Concello de Foz a partir do vindeiro martes, día 5, de 09:00 a 14:00 horas.
O menú da cea está composto por entrantes, sopa de Entroido, costela asada con guarnición, viños tinto e branco, sobremesa, café e chupito. Estará amenizada por Puzzle Animación e o prezo da tarxeta é de 25 euros por persoa.
A retirada de tarxetas farase o 5 de febreiro, martes, e días sucesivos ata o remate das prazas, de 09:00 a 14:00 horas de maneira presencial na Delegación de Cultura do Concello de Foz, que explica que “unha persoa responsable por mesa retirará as entradas, só para o seu grupo, previo pago das tarxetas e...
leer más