Foz
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o Belén de Cumes, no monte Castelo de Vilacampa, en Ferreira, o 23 de decembro.
A saída será ás 9:00 horas do Concello de Foz, e ás 9:30 horas do Matadero de Ferreira.
Esta actividade é gratuíta e hai que anotarse para participar. O prazo remata o 19 de decembro. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 606 718 482 (Laura) e 670 369 017 (Morís). Está incluído o seguro de accidentes.
A organización recomenda aos participantes que leven figuriñas para facer máis grande o belén.
Colabora con este evento o Concello de Foz.
A terceira edición da Carreira Popular de Nadal de Foz, que se celebrará o día 24 deste mes, foi presentada polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e por Manuel Eiras.
Explicaron que será “unha tarde para gozar do deporte, antes de achegarse ás ceas familiares de Noiteboa. Haberá carreiras en todas as categorías: pícaros, benxamín, infantil, cadete e absoluta. Comezarán ás 16:30 horas e a absoluta sairá ás 17:00, con saída e chegada na Praza Rosalía de Castro.
A inscrición está aberta en: https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/iii-run-foz-run-nada
Touporroutou Teatro presenta este sábado, 15 de decembro, Comedia Bífida.
Este grupo, formado polas persoas que poñen en marcha o antroido focego, poñerá en escena a obra Comedia bífida de Manuel Núñez Singala que, en tono de comedia, preséntanos algunhas das situacións que vivimos a diario en relación co galego. A compañía, dirixida por Chus Rábade, está formada por Tono Neira, Marcos Fernández, Almudena Rubal, Olaia Otero, Xorxe Castro, Rebeca Vázquez, Laura e Paz Quiroga.
A representación terá lugar no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz, ás 20:00 horas.
Este sábado, día 15 de decembro, a Librería Bahía e Kids&Us organizan unha sesión de contos en inglés, que se celebrará en Librería Bahía de Foz.
Os relatos terán como protagonista a Papá Noël. A actividade está dirixida a nenos e nenas de todas as idades, e dará comezo ás 12:00 horas.
A programación cultural do Concello de Foz para a segunda quincena deste mes inclúe actividades de danza, música, teatro e a cabalgata de Papá Noel.
A Sala Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 15 de decembro, un obradoiro infantil e xuvenil de danza urbana e contemporánea, ás doce do mediodía, e un espectáculo de danza infantil ás 18:30 horas. O obradoiro de danza urbana e contemporánea é para rapaces e rapazas a partir de 9 anos de idade. Para participar hai que anotarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz. E o espectáculo de danza infantil que haberá na Sala Bahía a partir das 18:30 horas titúlase Gaia e corre a cargo de Entremans, de A Coruña, con coreografía e interpretación de Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez. Está dirixido a maiores de 3 anos e ten unha duración de 50 minutos. O prezo das entradas é de 1,5 euros para...
leer másA Sala Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 15 de decembro, un obradoiro infantil e xuvenil de danza urbana e contemporánea, ás doce do mediodía, e un espectáculo de danza infantil ás 18:30 horas. Son actividades organizadas pola Delegación de Cultura do Concello focense.
O obradoiro de danza urbana e contemporánea e para rapaces e rapazas a partir de 9 anos de idade. Para participar hai que anotarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz.
E o espectáculo de danza infantil que haberá na Sala Bahía a partir das 18:30 horas titúlase Gaia e corre a cargo de Entremans, de A Coruña, con coreografía e interpretación de Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez. Está dirixido a maiores de 3 anos e ten unha duración de 50 minutos. O prezo das entradas é de 1,5 euros para nenos e de 2,5 para adultos.
... leer másOs Sendeiros de Foz organizan unha ruta para este domingo, 16 de decembro, ao teito do concello de Tapia, ao pico Pousadoiro e á fervenza Cioyo.
A saída será ás 8:00 horas de Foz, no cruce da rúa Cervantes con Maestro Lugilde, e ás 8:30 horas de Ferreira. O último día para anotarse é o mércores 12. As inscricións poden facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, e no e-mail: ossendeiros@yahoo.es.
O prezo é 22 euros para os socios federados, 26€ para os socios non federados e 31 euros para os non socios. Inclúe o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
Colabora o Concello de Foz.
O vindeiro luns, 3 de decembro, ás 20:00 horas levarase a cabo na Casa da Cultura de Foz unha charla sobre a nosa toponimia. Esta actividade está enmarcada dentro do programa Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra, que ten como obxectivo divulgar a riqueza da toponimia galega.
Nesta charla, ademais de coñecer a orixe e o significado dos nomes de parroquias, barrios,… poderemos aprender a usar a aplicación colaborativa que pretende contribuír á preservación e difusión da microtoponimia galega a través da xeolocalización.
A Real Academia Galega coordina esta iniciativa, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Jesús Sanjurjo Val gañou 300 euros en vales de compra no Campañazo de novembro, que organiza o Centro Comercial Aberto. O terceiro sorteo celebrouse o pasado venres, día 23. A entrega do premio tivo lugar nas últimas horas en restaurante Dandy, que foi o local desde o que Jesús Sanjurjo seguiu o Campañazo. No acto participaron Olaya Pedrosa, secretaria de ACIA/CCA de Foz; María Chao, do restaurante Dandy; e Lourdes, de Lourdes Lencería, a tenda na que o afortunado conseguiu o seu cartón.
Varias persoas repartíronse os outros 300 euros do terceiro sorteo do Campañazo deste mes de novembro de 2018.
O Campañazo rematará maña, día 29. En xogo estarán outros 300 euros en vales de compra para o que o cante en primeiro lugar e 300 euros máis para o resto de cartóns premiados.
O Centro...
leer másA asociación A Pomba do Arco organiza unha mesa redonda sobre a participación dos mariñaos nas protestas de 1968 en Compostela e París. Será o xoves, 29 de novembro, ás 20:30 horas, na Librería Bahía de Foz. Nese acto tamén se presentará unha publicación coordinada por Xosé Ramón Ermida Meilán, titulada Galiza 1968. A consciencia avivada, na que se analizan eses feitos.
Na mesa redonda estarán presentes tres mariñaos que participaron nas protestas de 1968 en Compostela e París. Trátase de Luis Gonçales Blasco “Foz”, que era un dirixente estudantil compostelá que tivera que exiliarse nese ano de 1968 a París; Olga Villarino Rodríguez, natural de Foz e veciña de Barreiros, que era unha estudante da Facultade de Ciencias e participou nas protestas compostelás de marzo de 1968; e Adolfo Paz que era un emigrante en París e participou nas...
leer más