A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha palestra sobre a historia da guerrilla antifranquista na Mariña e en Galiza. Será este martes, 16 de outubro, na Casa da Cultura de Foz, ás 20:30 horas.
Neste acto estará presente Francisco Martínez “Quico”, único membro vivo da Federación de guerrillas de Galiza e León, dirixente da guerrilla durante máis de cinco anos e exiliado en Francia entre 1952 e 1976.
O histórico guerrilleiro estará acompañado por Fernanda Cedrón Trigo, neta do mítico guerrilleiro mariñán Luis Trigo Chaos “O Gardarríos”; e Odette Martínez, especialista en memoria e profesora na Universidade de Montpellier.