Foz
O patio do colexio Nº 1 de Foz acolle desde hoxe, martes, ata este venres, día 31, a décimo terceira edición da Semana do Teatro Afeccionado, que organiza o Concello focense. Todas as representacións están programadas para as dez da noite.
Hoxe o grupo O Bordelo, de Cervo, representará a obra Depende, unha comedia da que é autor e director Francisco Piñeiro.
Mañá, mércores, a compañía Pico do Castro, de Foz, ofrecerá a obra Unha novela policíaca, comedia con guión, adaptación e dirección a cargo de Juan Villarino.
O xoves 30 o grupo O Centiño, de San Martiño, representará a obra El Guindilla, unha comedia da que é autor e director José Vázquez Peinó.
E o venres 31 a compañía A Adala, de Fazouro, ofrecerá a obra Elixir de xuventude, comedia dirixida por Ana Couto...
leer másOs Sendeiros de Foz organiza a XXX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos o próximo 9 de setembro.
Farase a ruta río Ouro e praias de Foz. Posteriormente a entrega de trofeos terá lugar durante a comida de confraternidade que se celebrará no restaurante Xoiña. O prezo é de 15 euros.
A actividade é para persoas federadas. O prazo para anotarse remata o mércores 5 de setembro, e as inscricións poden facerse nos teléfonos 606 794 110 e 670 369 017.
Colaboran na organización deste evento: Federación Galega de Montañeiros, CCA Foz, Concello de Foz, Deporte Galego, Frutas Morriña e Rodríguez Agencia de Viajes.
Todo está listo en Foz para a celebración dunha nova edición da Festa Normanda. Este venres, 24 de agosto, a partires das 21:00 horas, terá lugar a representación do Milagre de San Gonzalo na Festa Normanda de Foz.
Como cada ano, un grupo de veciños de San Martiño sobe ao alto da Grela, durante a Festa Normanda, e representa o famoso milagre de San Gonzalo, o Bispo Santo, afundindo aos barcos normandos para salvar aos galaicos.
Nesta ocasión a representación céntrase no milagre que a lenda atribúe a San Gonzalo, para crear a famosa Fonte da Zapata, ao carón da Basílica de San Martiño.
Ademais este ano o pregoeiro da Festa Normanda será o home de teatro e impulsor da cultura en Foz, José Ramón Vila.
Este martes, 21 de agosto, no Cenima de Foz ás 20:00 horas terá lugar a inauguración da exposición Pinturas. Lorenzo González e Otero Regal.
A mostra é un encontro entre a cerámica de Alfonso Otero Regal e a pintura de Lorenzo González, profesor de Belas Artes, natural de Medina de Rioseco, quen, desde que descubriu a Mariña lucense, reside na parroquia de San Román do Val, no Vicedo.
A exposición permanecerá no Cenima de Foz ata o vindeiro 31 de agosto. Está organizada polo Complexo RegalXunqueira e o Concello de Foz.
Do 20 ao 25 de agosto en Foz afonden os prezos. O Centro Comercial Aberto organiza esta nova campaña denominada En Foz afundimos os prezos. Os establecementos participantes sacarán os seus produtos á rúa con descontos moi especiais.
O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, explica que “os locais van expoñer na rúa ducias de produtos a prezos super rebaixados, con descontos que oscilarán entre o 50 e o 80%. Queremos que na semana dos preparativos para a Festa Normanda focenses e visitantes teñan motivos dabondo para pasear polas nosas rúas, nas que atoparán todo tipo de artigos a prezos moi interesantes e especiais”.
Paleo engade que “é un xeito de facerse con produtos de tempada moi rebaixados. Foz converterase do 20 ao 25 de agosto nun gran Centro Comercial ao aire libre. Será un bo momento para ver os...
leer másNa tarde de onte abriu as súas portas Foz Market 2018, na explanada portuaria, con grande asistencia de público. Polo recinto pasaron o alcalde, Javier Castiñeira, o presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Ánxel Paleo, e o organizador do evento, Ángel Rojo. Ata o domingo as propostas gastronómicas das doce food trucks que participan en Foz Market 20018 serán as protagonistas. Tamén haberá actividades infantís polas tardes e concertos en directo polas noites.
O alcalde focense declarou na inauguración de Foz Market que “temos detrás estes anos de experiencia e á xente encántalle. É unha combinación estupenda tanto a parte gastronómica das food trucks, que é un dos enganches importantes desta feira, como a parte dos nenos. Todo o ocio que hai, poder estar nun recinto onde combines gastronomía e ocio, e tamén a...
leer másO Concello de Foz organiza a sexta edición da Feira de Gando de Cangas, que se celebrará o este domingo, 19 de agosto, e foi presentada hoxe. Neste evento haberá diferentes actividades, desde as 10:00 horas, como paseos gratuítos a cabalo, exposicións de maquinaria e artesanía, e premios aos gandeiros con maior número de cabezas de gando vacún e cabalar, entre outros actos.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural en Foz, Pedro Fernández Manín, anunciou hoxe: “vimos de presentar a Feira de Gando de Cangas, que organiza o Concello de Foz, a través da Concellería de Medio Rural, en colaboración coa asociación de Cabaleiros de Cangas, composta dun grupo de oito rapaces e rapazas amantes dos cabalos e alma máter desta feira que terá lugar o vindeiro domingo 19”.
Fernández Manín subliñou que “desde o...
leer másA Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde de Foz, Javier Castiñeira, presentaron na Casa da Cultura de Foz unha nova edición da Feira do Libro, que terá lugarna Praza do Conde de Fontao, dende o 16 ao 19 de agosto, en xornada tarde. Fixérono acompañadas pola Coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira e a Delegada Provincial de Cultura, María Carmen Gueimunde González.
O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 euros en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.
García Portoremarcou que “con esta nova feira do libro de Foz, colaboramos unha vez máis, con iniciativas que achegan á cidadanía unha parte fundamental da nosa cultura, como é a literatura, ao mesmo tempo que contribuímos...
leer másFoz acollerá a segunda edición da carreira de obstáculos Reviravolta Normanda o día 24 deste mes, venres, ás 20:00 horas. As inscricións para participar realízanse na web www.championchipnorte.com
A saída e a meta da proba estarán na praza Rosalía de Castro, onde tamén se recollerán os dorsais de 18:00 a 19:30 horas, e a entrega de premios realizarase no Recinto Normando, que estará situado na dársena do porto focense.
A carreira discorrerá por un circuíto de 5,2 quilómetros con diversos obstáculos naturais e artificiais. A idade mínima de participación son 15 anos e os menores de 18 deberán presentar unha autorización asinada polos seus pais.
A proba está organizada pola Asociación Desembarco Normando e conta coa colaboración do Concello de...
leer másOs Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao Castro de Fazouro e polas praias focenses o 18 de agosto.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta ao Castro de Fazouro e polas praias de Foz este sábado, 18 de agosto.
A saída será as 9:00 horas da praza de Galicia.
O prezo é de 3 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos 606 794 110 e 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es O prazo de inscrición remata o venres 17 de agosto.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, comida e auga. A ruta ten un nivel de dificultade medio.
Colabora o Concello de Foz.