Copa Deputación

04/07/2024

A Ría de Ribadeo acollerá este domingo, día 7 de xullo,  a segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo. O Club de Piragüismo Altruán, de Ribadeo, é o organizador desta proba, na que se prevé a participación de 175 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-. As saídas comezarán ás 16.30 horas e faranse de forma escalonada, por categorías sendo as saída de infantís ás 16.55 horas, alevíns ás 17.45 horas e, por último, a saída das categorías xuvenil e cadete será as 18 horas.

A competición organízase no marco da colaboración que a...

leer más
10/05/2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa unha nova edición da Copa Deputación de Piragüismo, unha liga provincial de seis regatas, que se celebrarán en  Portomarín, Ribadeo, San Cibrao, Viveiro, Foz e Lugo entre maio e setembro.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o deputado de Mocidade, Daniel García, presentaron a competición en Foz, xunto a representantes do Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo e da Federación Galega de Piragüismo.

A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs de augas tranquilas da provincia a posibilidade de participar en competicións...

leer más
12/05/2016
San Cibrao e Burela acollerán unha fase da V Copa Deputación de Fútbol Base, que disputarán os días 28 e 29 de maio os equipos das categorías xuvenil e infantil.
 
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto cos concelleiros de Burela Ramiro Fernández Rey e Mario Pillado Mon, e o presidente e directiva da AFD Porto de Burela, presentaron no Estadio Municipal de A Marosa (Burela) a V Copa Deputación de Fútbol base. Esta nova edición terá unha sede na Mariña, outra en Monterroso e outra en Antas de Ulla.
 
A V Copa de Futbol Base desputarase os vindeiros días 28 e 29 de maio nas localidades mariñás de San Cibrao e de Burela. Na sede da Mariña formarán parte as equipas pertencentes as categorías xuvenil e infantil. Os días 4 e 5 será o turno das sedes da Comarca da Ulloa, na de Monterroso competirán as equipas de categoría cadete e prebenxamín, e no concello de Antas de...
leer más
17/03/2016
A III Copa Deputación de Baloncesto de Base disputarase os días 19 e 20 de marzo en Ribadeo, onde se darán cita 68 equipos e 600 deportistas.
 
Ribadeo acollerá esta fin de semana a III Copa Deputación de Baloncesto de Base na que participarán 68 equipos e máis de 600 deportistas de toda a provincia. O evento foi presentado esta tarde no novo pavillón polo vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; polo concelleiro de Deportes, David Rivas; e polo presidente do CB Ría de Ribadeo, José Vázquez. 
 
Veiga dixo que “asistimos á consolidación dun evento que permitirá desfrutar do deporte a mozos e mozas que representarán á totalidade de clubs de baloncesto da xeografía lucense”. O vicepresidente da Deputación destacou “o esforzo que se fai polo baloncesto feminino desde o CB Ría de Ribadeo, que xa temos colaborado con eles en máis ocasións. E este terceira Copa de...
leer más