O IES de Foz acollerá a final do XII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e a sétima edición do Campionato Internacional de Cata de Cafés e do Campionato Internacional de Baristas Profesionais. Terán lugar os vindeiros días 13, 14 e 15 deste mes de febreiro nas instalacións do centro. A presentación celebrouse este mediodía e contou coa asistencia do alcalde de Foz, Javier Castiñeira; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e a xefa territorial de Educación, Mariña Gueimunde.
En primeiro lugar o director do IES de Foz, Nicolás Asensio, anunciou que “se celebra la duodécima edición del Campeonato de Escuelas de Hostelería, el Campeonato Internacional de Cata y el Campeonato de Baristas Profesionales. En primer lugar agradecer a todas las instituciones que colaboran, a todas las empresas y, por supuesto, la parte más importante, que son los centros educativos, los participantes y las empresas que nos apoyan”.
Nicolás Asensio engadiu: “vamos a seguir el mismo esquema de otros años. Se va a desarrollar la semana que viene, el miércoles, jueves y viernes, en las instalaciones del centro. Esperamos que pueda asistir el mayor público posible para que conozca una labor que se viene haciendo en el centro, un hecho que estamos utilizando y que nos diferencia un poco de otros de la Rede Galega de Centros de Hostelería, porque estamos centrándonos en el tema del café, que consideramos importante y que tiene gran desarrollo y futuro en las enseñanzas de hostelería”.
Pola súa banda o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, declarou que “para Foz é un tremendo orgullo celebrar novamente o concurso de baristas. Estou moi contento de poder ter pasado un momento de maduración bo, eu entendo que positivo para todos, e que ao final o que fai é afianzar precisamente este concurso, que é característico desta Escola de Hostalería”.
O rexedor municipal salientou que “é un concurso que nos distingue e que nos dá calidade na educación deste centro, pero que nos dá tamén calidade e proxección ao concello de Foz; e iso é froito, para min, única e exclusivamente dos organizadores, da xente que está aí día a día, o equipo directivo, o equipo representativo de Hostalería, que é o que verdadeiramente ao final tira para adiante con isto, o que motiva aos alumnos e a moita xente. A verdade é que me sinto tremendamente orgulloso de que isto madurara para mellor”.
Javier Castiñeira quixo “agradecer a todas as persoas que co seu pequeno grao de area axudan a que todo isto saia tan ben, e acordarse dos patrocinadores: profesionais do café e outras empresas que sen elas sería moi difícil que isto se celebrase; ás administracións todas, que en boa medida estamos aí apoiando aos organizadores, e a todas as persoas, alumnos e demais, que prestan o seu tempo para que isto saia adiante. A todos eles moitísimas grazas dende o Concello de Foz, moitísima sorte a todos os alumnos, especialmente, o corazonciño teno un na casa, aos alumnos de Foz, que sempre deixan o pavillón moi alto alí por onde van concursando pero tamén aquí na casa. Dicirlles ao resto dos compañeiros que veñan aquí das diferentes escolas que disfruten do pobo e destes días, e entre todos intentar seguir aprendendo en torno á elaboración do café, iso tan exquisito que aquí sabemos facer tan ben, aquilo polo que somos coñecidos en moitos sitios. Desexarvos sorte a todos, aquí estaremos tamén para probar e ver todo este gran montaxe, porque ao final é moitísimo traballo, non só é poñer a andar o concurso senón todo o montaxe que hai detrás, que é moi importante”.
O alcalde subliñou que “este ano eu creo que hai un cambio que é positivo para o desenrolo do concurso, en todo caso sempre é froito dunha maduración e de tratar de chegar a acordos nos diferentes criterios, e ao final o que nos move é o cariño por parte de todos a este concurso que hoxe estamos aquí presentando”.
A XII edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería dará comezo o mércores, 13 de febreiro. Tamén ese mércores, ás 17:30 horas, terá lugar a VII edición do Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería.
O xoves, 14 de febreiro, haberá demostración de coctelería de autor, e o venres 15, ás 9:00 horas, dará comezo a VII edición do Campionato Internacional de Baristas Profesionais IES de Foz. Ademais o xoves e o venres, de 9:30 a 13:00 horas, na cafetería de Hostalería e no pavillón, haberá degustación de cafés.