Foz
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a campaña Comercio na Rúa que se desenvolverá os días 17, 18 e 20 deste mes de abril, coincidindo coa Semana Santa.
Os 25 comercios participantes ofrecerán descontos especiais e instalarán os seus postos na rúa. Desde o CCA advirten que “en caso de mal tempo os establecementos participantes ofrecerán os descontos no interior dos seus locais”.
José Carlos Paleo, o presidente do colectivo empresarial, sinala que “é un bo momento para facerse con artículos de tempada a prezos interesantes”.
Os comercios sumados a esta iniciativa son: 5 Lobiños, Alma Libre, Arrullos, Briz Peluquería, Carmen León Zapatería, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María...
leer másFoz acolle a un grupo de 62 escolares e profesores do colexio Calasanz Escolapios, da Coruña, que realizan un campamento en inglés con actividades náuticas nas instalacións do Hostel Áncora. Foron recibidos hoxe, martes, polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen destacou a importancia deste tipo de actividades, que contribúen a desestacionalizar o turismo.
O rexedor municipal manifestou que “é un verdadeiro pracer estar hoxe aquí recibindo a todos estes rapaces que veñen gozar do noso pobo e tamén a aprender inglés, dentro dun programa moi interesante que cremos que é unha actividade máis diferente dentro do turismo que ofrece Foz, neste caso campamentos para aprender inglés e para desenvolver diferentes actividades arredor do mar e das actividades acuáticas. Estamos moi pretiño da ría, do porto e da praia e estas experiencias...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza a quinta edición das Xornadas Sentirmos a Arte que se celebrarán do 8 ao 11 de abril.
O programa dará comezo o luns, 8 de abril, coa conferencia A comuna do barruzo. Un proxecto musical e artístico, que ofrecerán Ugia Pedreira e Abel Pérez. A comuna do barruzo é un libro disco no que se recollen composicións musicadas por Ugia Pedreira e Pierrot Rougier sobre poemas de autores da comarca Eonaviega.
O martes, día 9, o artista plástico viveirense Xosé Luís Neira Brochs falará de O mural cerámico. Os murais cerámicos de Neira Brochs atópanse distribuídos pola práctica totalidade da xeografía peninsular formando un conxunto que destaca pola súa grandiosidade, expresividade e intensidade. É un dos poucos creadores lugueses vivos con obra exposta no museo Reina Sofía.
... leer másDo 18 ao 20 de abril celebrarase en Foz a 16ª Ruta de Tapas, que organiza o Centro Comercial Aberto. Nesta tradicional cita gastronómica, que coincide coa Semana Santa, participarán 15 establecementos hostaleiros que ofrecerán as súas creacións desta cociña en miniatura en horario de 13 a 15 horas a mediodía e de 20 a 23 horas polas noites.
O presidente do CCA focense, José Carlos Paleo, sinala que “estamos ante unha ruta que xa é un clásico na Semana Santa de Foz. O que pretendemos é ofrecer unha alternativa gastronómica atractiva para as moitas persoas que pasan eses días na nosa localidade e nesta comarca e tamén para os veciños e as veciñas de Foz”. Para Paleo “da gusto ver o ambiente de viños e de tapas que se crea eses días na vila. Así que animamos a todo o mundo a que do 18 ao 20 de abril se acheguen a Foz a saborear algunhas das...
leer másA Librería Bahía de Foz acolle este venres, 5 de abril, a presentación do libro A cova do Rei Cintolo.
No acto, que dará comezo ás 20:30 horas, estarán os dous autores da obra: Xurxo Lorenzo e Javi Fouz.
A cova do Rei Cintolo é o primeiro gran libro sobre a gran cova galega, no que recolle o coñecemento completo en todos os eidos posibles, dende a historia, as lendas, etimoloxía, arqueoloxía, xeoloxía, bioloxía, descrición detallada do interior, os nomes das salas e formacións coa súa explicación, e visitantes ilustres, entre outros temas. A información presentada neste libro é resultado de anos de investigación de arquivos, periódicos e entrevistas persoais, coa contribución de máis de oitenta persoas, de Galicia e tamén de fora, que aportaron material ou información que doutro xeito teríase perdido.
... leer másA oficina de turismo A Mariña Virtual, de Foz, abrirá nesta vindeira Semana Santa do 15 ao 20 de abril e a basílica de San Martiño poderá visitarse de martes a domingo.
O horario da oficina de turismo A Mariña Virtual do 15 ao 20 será de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
E a basílica de San Martiño poderá visitarse de martes a sábado de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e o domingo de 10:30 a 13:00 horas.
Hai que contactar previamente coa guía, Silvia Blach, a través dos teléfonos 982.13.26.07 ou 620.62.35.92.
La próxima semana comenzará su andadura en A Mariña lucense Marta Looz, profesora de cábala hebrea y de yoga tibetano e intérprete del árbol de la vida personal.
Tras un pasado exitoso en el mundo de la moda en Lugo allá por la década de los 90, como Marta Lastra, decidió darle un giro a su vida y ahora se dedica a leer el árbol de la vida y a impartir clases de yoga tibetano por medio mundo. Lucense y amante de A Mariña ha decidido apostar por esta comarca para dar continuidad a la actividad que viene desarrollando en otros lugares de Galicia como Santiago, Rías Baixas, Ferrol o Lugo.
Marta Looz explica que “el árbol de la vida es un mapa que habla muchas cosas de ti y de todas las existencias del pasado. Se refiere a tus antepasados con matemáticas, con tus apellidos y tu nombre vamos a saber muchísimas cosas del abuelo, del...
leer másAlumnado, profesorado e outros traballadores do IES de Foz interpretarán cantigas de Alfonso X na basílica de San Martiño este xoves, día 4, a partir das 20:00 horas. Este acto, organizado por iniciativa dos departamentos de Lingua Galega e Música do centro educativo focense, é aberto ao público con entrada gratuíta.
Actuará un grupo instrumental, formado por alumn@s de 4º da ESO e de 3º de PMAR, e unha agrupación vocal formada por alumn@s de 1º de Dirección de Cociña, profesores e outros traballadores do centro.
Para esta actividade o IES de Foz conta coa colaboración do Concello focense e da Parroquia de San Martiño.
O pavillón polideportivo focense Torques, de Marzán, acollerá unha velada de kickboxing o día 20 deste mes, sábado, a partir das 20:30 horas. Este evento foi presentado cun acto no que participou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.
A Delegación de Xuventude do Concello focense explica que “na Semana Santa do ano 2018 fixemos a primeira toma de contacto con este deporte, que nos deixou moi satisfeitos e este ano repetimos con melloras e xente local. Despois do éxito da primeira velada, Vanessa Ares, impulsora da mesma creou o club Foz Contact Ari, do que tamén é adestradora, para que todas aquelas persoas que lles gustara o boxeo ou o kickboxing puidesen aprender e practicalo. En menos de 8 meses xa son unha vintena, desde os 8 ata os 53 anos. O primeiro club de kickboxing presidido por unha muller conta con xente de Foz, Mondoñedo,...
leer másOs Sendeiros de Foz participará no III Día do Senderista de Galicia que se celebrará o 7 de abril na comarca do Xurés.
A saída será o sábado, 6 de abril, ás 16:00 horas, do Colexio do Pilar de Foz, e ás 16:20 h. de Ferreira.
O prezo é 65 euros para os socios federados e 80 euros para os non socios federados. Inclúe aloxamento en réxime de media pensión en habitación dobre.
Para asistir é obrigatorio anotarse ata martes 2 de abril. As inscricións poden facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e comunica que a ruta ten un nivel medio de dificultade.
O Concello de Foz colabora na organización desta...
leer más