A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa unha representación de teatro infantil para este sábado, 2 de febreiro. Será ás 18:30 horas na Sala Bahía.
A compañía Elefante Elegante representará Patapatúm, que é un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cun forte compoñente plástico e musical. Propón unha reflexión sobre a presenza de bens materiais nas relacións entre pais e fillos.
O prezo da entrada é de 2,5 euros, pero os menores de 12 anos terán que pagar só 1,5 euros.