O CCA focense organiza a 9ª edición da Festa da Cociña Afrodisíaca, os días 14, 15, 16 e 17 deste mes. Un total de 20 locais ofrecerán tapas afrodisíacas ao prezo de 1´5 euros. Entre as propostas que poderemos atopar non faltarán ostras, fresas, chocolate, algas, aguacate ou améndoas, entre outras. Tamén haberá doces afrodisíacos que elaborarán as pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma e que venderán igualmente ao prezo de 1´5 euros. Esta doce proposta foi presentada por Fernando López, de Xoyma, Ramón Castro, de Anduriña, Pablo Gumeil, de Amarena, e Olaya Pedrosa, a secretaria da Acia.
Por outra banda, os establecementos hostaleiros terán menús especiais para celebrar San Valentín ás comidas e ás cenas.
Por outra banda, hoxe arrinca tamén a campaña do día dos namorados no comercio de Foz. As persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a ACIA Foz, dende hoxe, 8 de febreiro, ata o día 17 entrarán no sorteo de 8 premios especiais. Estes agasallos consistirán en diferentes tratamentos estéticos, ofrecidos pola clínica Maas+Saúde. Trátase de 3 sesións de depilación do pack ingles e axilas, 3 sesións de depilación de medias pernas, 1 pack de masaxe reductor-presoterapia e 1 de hixiene facial con ácido salicílico. O sorteo será ofrecido en directo por Radio Foz o 19 de febreiro.