Foz

Etiquetas:
12/12/2019

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza o I Concurso de Decoración Nadal no Fogar. Na cita poderá participar calquera persoa que o desexe enviando foto do seu recuncho de Nadal. 

Segundo explican desde o CCA “para decorar os fogares poderanse empregar todo tipo de materiais e detalles. E algún deles tería que se adquirido nos establecementos asociados a Acia/CCA. As persoas que se inscriban para participar neste concurso deberán detallar en qué tenda fixeron esas compras decorativas”.

As persoas interesadas en participar no I Concurso de Decoración Nadal no Fogar teñen ata as dúas da tarde do vindeiro 18 de decembro para inscribirse no seguinte correo electrónico: aciafoz@gmail.com 

O 20 de decembro publicaranse todas as imaxes recibidas no...

leer más
Etiquetas:
11/12/2019

Manuel Eiras, presidente do Club Atletismo Ría de Foz, Gema Méndez Leivas, concelleira de Xuventude e Deportes, e Francisco Cajoto, alcalde de Foz presentaron a cuarta edición da Run Foz Nadal, que se celebrará o domingo, 22 de decembro.

Trátase dunha carreira para nenos/as e maiores con percorridos adaptados a todas as idades. As diferentes carreiras comezarán ás 16:30 horas coa categoría de pícaros e un circuíto de 150 metros, posteriormente serán os benxamíns con circuíto de 600m, 1000m para alevíns, 1500m para infantís e cadetes e, finalmente, 5000m para a competición absoluta.

A saída e chegada será na Praza Rosalía de Castro, no Campo da Cabana. A inscrición xa está aberta en: sportmaniacs.com

 

Etiquetas:
09/12/2019

Librería Bahía de Foz organiza o domingo, 15 de decembro, unha xornada de xogos de mesa con Brazolinda a partir das 12:00 horas.

Trátase de xogos de creación propia, en galego e artesanais que, ademais do seu carácter educativo, axudan a desenvolver habilidades tanto intelectuais como sociais e que están pensados para xogar en familia.

O obxectivo é contribuír a que a xente coñeza outras alternativas que non chegarán a eles a través da publicidade nos seus diversos medios e que aportan moitas veces valores moi interesantes.

 

Etiquetas:
03/12/2019

O Centro Comercial Aberto de Foz comeza o Nadal repartindo nas rúas mañá, mércores, 1.500 moedas dun euro de desconto, que os clientes poderán utilizar nas compras que realicen nos 40 negocios que participan nesta campaña.

O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, explica que “esta campaña vai estar na rúa desde decembro ata agosto do vindeiro ano. Agardamos superar os 50.000 euros en descontos ao longo deste tempo, grazas á rotación das moedas e ao efecto multiplicador que as tendas ofertarán sobre produtos concretos”.

Paleo sinala que “os comerciantes farán que a campaña teña unha parte de fidelización, agradecemento e atención ao cliente con importantes descontos”. E subliña que “esta moeda que mañá estará na rúa poderá utilizarse igual que a de curso legal, é dicir terá o mesmo valor nas compras. Trátase...

leer más
Etiquetas:
25/11/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro o 8 de decembro, polo cabo de Busto, en Asturias.

A saída será o domingo, 8 de decembro, ás 8:30 horas de Ferreira, e ás 8:50 h. de Foz, diante de Cenor.

O último día para anotarse é o vindeiro mércores, 4 de decembro, e as persoas interesadas poden facelo nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. O prezo é 25 euros para os socios federados, 29€ para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais. Está incluído o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.

 

Etiquetas:
22/11/2019

O vindeiro luns, 25 de novembro, terá lugar ás 13:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura unha Xornada sobre Dixitalización e Transformación Dixital, na que se abordarán cuestións como a dixitalización, ferramentas dixitais, e-tícket, sistema integral de xestión Sicomercio, etc., e outros temas que resulten do interese dos comerciantes neste ámbito.

Desde a directiva de ACIA/CCA de foz “consideramos que vai ser una charla moi interesante é importante porque o tícket electrónico acabará sendo obrigatorio”.

A Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, permite aos comercios e aos seus clientes substituír o tícket tradicional impreso en papel por un sistema dixital, moderno, eficaz e fiable. Para os clientes/comercios, supón coñecer o estado e garantía das súas compras/vendas, evitando os inconvenientes do tícket...

leer más
Etiquetas:
21/11/2019

Os actos contra as violencias organizados polo Concello de Foz serán este domingo, día 24, e o luns 25. Anunciouno hoxe, xoves, a concelleira de Muller e Igualdade, Verónica Peña.

A edil explica: “desde o Concello de Foz estamos moi involucrados contra as violencias e por iso con motivo do 25N vamos facer varios actos. Empezaremos o domingo 24 cunha obra de teatro de marionetas familiar, coa compañía Trécola que representará Xogo revolto. O luns 25 no IES de Foz haberá unha charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual para os alumnos e alumnas de 4º da ESO. Tamén este luns faremos as oito da tarde diante da Casa do Concello a entrega de camisetas cos logos En negro contra as violencias. E os participantes poderán escribir mensaxes nunhas cartolinas negras que temos preparadas e despois leranse, para que todos poidan oílas...

leer más
Etiquetas:
20/11/2019

O rei ou raíña do Entroido de Foz 2020 elixirase no evento que se celebrará na Sala Bahía este sábado, día 23, a partir das 20:00 horas. Este acto foi presentado polo concelleiro de Cultura, Héctor Moris Fernández, e polo presidente da asociación O noso Foz, Ángel Fernández Neira.

O edil de Cultura explicou: “este sábado damos o pistoletazo de saída ao noso Entroido 2020 coa elección do rei ou raíña. Este ano, tanto desde o Concello como desde a asociación O noso Foz, quixemos dar un paso máis e facer un acto público no que a xente poida participar, xa que cremos que é realmente a xente a que fai o grande este Entroido. Será un acto no que os e as aspirantes a rei ou raíña terán que pasar por unha serie de probas diante dun xurado composto por seis membros, que terá un peso na nota final do 60 por cento, e a valoración do público suporá un...

leer más
Etiquetas:
18/11/2019

Este domingo, día 24 de novembro, haberá dúas representacións teatrais no concello de Foz.

Na Casa da Cultura focense ás 18:30 horas porase en escena unha obra de teatro infantil de marionetas a cargo de Trécola, que ofrecerá Xogo Revolto. Está organizado pola Delegación de Muller, Igualdade e Inmigración do Concello de Foz.

E na parroquia de Cordido ás 18:00 horas o grupo Axóuxeres, de Vilaronte, representará a obra Un divorcio no pobo, de Tito Casado Agudin e coa dirección de Benito García Bolaño. Forma parte do ciclo Teatro nas parroquias.

Ademais este sábado, día 23 de novembro, ás 20:00 horas na Sala Bahía terá lugar o evento para elixir o rei ou raíña de Entroido de Foz 2020. O voto do público contará un 40 por cento e haberá música con DJ e churrasco con pan, viño ou refresco a 10...

leer más
Etiquetas:
15/11/2019

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que se celebrará no Cenima de Foz entre o 26 e o 28 de novembro coa participación de catro significados poetas do panorama literario galego.

O programa desta edición é o que sigue:
Eduardo Estevez e Tamara Andrés. Martes 26 ás 20:30 no Cenima de Foz.
Estibaliz Espinosa.Mércores 27 ás 20:30 no Cenima de Foz.
Manuel Darriba. Xoves 28 ás 20:30 no Cenima de Foz.