Foz
O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 300 euros na súa campaña do Día do Pai.
As persoas que realicen estes días as súas compras nos 75 establecementos asociados ao CCA/ACIA de Foz, que participan nesta cita, entrarán no sorteo de seis vales de compra por valor de 50 euros cada un deles.
O sorteo realizarase a través de Radio Foz o día 23 de marzo.
O Centro Comercial Aberto de Foz continúa deste xeito coas súas campañas de promoción do comercio local, potenciando as compras nos establecementos da vila para unha data tan sinalada como é o Día do Pai, o 19 de marzo, no que tamén se festexa San Xosé, a xornada dos Pepes, das Pepitas, das Xosefas e dos Xosés.
A editorial La Equilibrista de Barcelona vén de publicar a novela curta de Pepe Peinó titulada "A Solo no le gustaba su nombre". Haberá unha primeira presentación deste libro o vindeiro venres, 13 de marzo, na cafetería-confitería Xoyma, de Foz, ás 20,30 horas. Xunto a Pepe Peinó estarán o profesor e lingüista Bernardo Penabade e a cantante Almudena Cuadrado. O acto é libre para todo o público.
O autor explica que “a novela fala sobre a soidade. Case 7.000 millóns de habitantes no noso planeta, cada vez máis xuntos no espazo e con frecuencia cada vez máis separados. Cantas foron as veces en que nos sentimos sós somerxidos entre multitudes? E, a pesar de todo, canto nos custa recoñecer a nosa soidade! Canto nos custa chamar ás cousas polo seu nome! Trátase da miña primeira novela publicada en castelán. Unha breve historia de soidades e de...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta ao Castro de Doade, en Lalín o 22 de marzo.
A saída será ás 7:30 horas diante de Cenor en Foz e ás 7:50 horas dedesde Ferreira.
O prazo para anotarse remata o 18 de marzo e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 30 euros para os socios federados, 34€ para os socios non federados e 39 euros para o socio temporal. Está incluído o xantar, que consistirá nun cocido tradicional.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
A Federación de Comercio de A Mariña (FCAM) organiza unha xornada informativa destinada a empresas e emprendedores. Esta actividade terá lugar o 5 de marzo no Cenima de Foz a partir das 12 do mediodía. A entrada é libre.
Baixo o título de Emprende, os conferenciantes facilitarán información sobre subvencións e axudas a empresas e emprendedores desde distintos organismos públicos e asociacións colaboradoras, entre outros asuntos. O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, subliña que “o obxectivo desta xornada é animar a emprender e que a xente se anime aos traspasos de negocios. Tamén se falará do mercado do aluguer e das axudas e subvencións ás que poden optar os emprendedores”.
Na xornada intervirán: José Carlos Paleo, presidente da FCAM; Antonio Dorrego, economista de 3A Consultores; Pilar Fernández, xefa...
leer másO Concello de Foz organiza, previo á celebración do pleno ordinario da corporación municipal deste xoves, 5 de marzo, unha concentración na praza do Concello con lectura de manifesto, con motivo do Día da Muller Traballadora.
Desde o Concello focense anuncian que “o xoves 5 de marzo ás 20.00 horas convócase a tod@s @s focegas e focegos a dar apoio e visibilidade a todas esas mulleres traballadoras que co seu esforzo, día a día, moven o país e son piar fundamental da nosa sociedade”.
Ademais explican que “a brecha de xénero é palpable en tódolos ámbitos e constitúe unha grave discriminación para todas aquelas persoas que polo mero feito de nacer muller teñen graves atrancos para ter as mesmas oportunidades que os seus compañeiros varóns. Este ano queremos facer especial mención ao eido dos coidados a persoas en...
leer másO Concello de Foz xestiona con Sogama o reparto de 30 composteiros de uso doméstico, que serán entregados nunha charla informativa organizada para o día 17 deste mes, martes, no salón de actos do Cenima.
O Concello de Foz está a xestionar con SOGAMA a entrega de 30 composteiros de uso doméstico, que pon a disposición daquelas persoas interesadas en participar no programa promovido pola empresa pública e que ten por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo, minorando a cantidade de residuos depositada nos colectores xenéricos e contribuíndo a minimizar o excesivo uso de fertilizantes químicos mediante a obtención de compost orgánico.
Está aberta a lista para anotarse para a entrega de composteiros no teléfono 982.133.159...
leer másA Federación de Comercio de A Mariña (FCAM) organiza unha xornada informativa destinada a empresas e emprendedores.
Esta actividade terá lugar o 5 de marzo no Cenima de Foz a partir das 12 do mediodía. A entrada é libre. Baixo o título de Emprende, os conferenciantes facilitarán información sobre subvencións e axudas a empresas e emprendedores desde distintos organismos públicos e asociacións colaboradoras, entre outros asuntos. O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, explica que “o obxectivo é animar a emprender e que a xente se anime aos traspasos de negocios. Tamén se falará do mercado do aluguer e das axudas e subvencións para emprendedores”.
Na xornada participarán representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo, do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal, do Grupo de...
leer másA Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 27 de febreiro a partir das 20:30 horas na libraría Bahía, de Foz, un espectáculo literario musical a cargo de Ricardo Seixo e o grupo Maraxe. O acto consistirá na lectura de poemas do volume Na República da Intimidade, libro de versos onde se aborda a sexualidade e a problemática de xénero e na actuación do grupo de musica tradicional Maraxe, que interpretará diversas pezas de carácter popular.
Segundo o autor “na República da Intimidade é un poemario diferente na súa traxectoria que tenta rachar barreiras nas relacións entre humanos, que quere pór luz en espazos en que é habitual que haxa sombras que busca dar pulo ao facho da igualdade e o respecto e que arela que sexamos quen de abrazarmos a liberdade núa, sempre disposta a facer camiño na procura da felicidade”. Nesta liña Seixo...
leer más