Foz
Esta mañá tivo lugar o sorteo de 500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos que participaron na campaña de San Valentín do Centro Comercial Aberto de Foz. En total foron 77 comercios os que ao longo dos últimos días estiveron a repartir papeletas entre a súa clientela para participar no sorteo dos agasallos que se celebrou hoxe en Radio Foz.
O primeiro premio, dotado con 200 euros en vales de compra foi para o 21.755. Esta papeleta foi repartida en Don Zapato. Os outros seis premios, aos que lles corresponden vales de 50 euros a cada un, foron para o 16.597, que foi entregado en Chinela Nenos; o 24.622 repartido en Maas Saúde; o 27.299, entregado en Kukadas; o 22.139 repartido en Sueños; o 17.403 en xoiería Iria Rodríguez; e o 24.150 que foi repartido en Amarena.
As persoas posuidoras das...
leer másO programa do Entroido en Foz, que se iniciou coa cea de coroación da Raíña, continuará o xoves de comadres, o 20 de febreiro, ás 21:30 horas na Sala Bahía, coa cea baile amenizada por Disco Móbil Eventec e organizada por AFAMMER e Asociación de Amas de Casa de Foz.
O venres 21 terá lugar o pregón que correrá a cargo da peña Eche o que Hai. Será ás 20:00 horas na Sala Bahía. Despois celebrarase o concurso de coplas.
O sábado 22 ás 10:00 horas darase o fogonazo e durante todo o día haberá actuacións de charangas polas rúas da vila con Perkusiona Escolas de Percusión. Ás 17:00 horas dará comezo o XXXIX Desfile do Entroido con máis de 7.000 euros en premios. Ao remate haberá unha chocolatada no Campo da Cabana con Disco Móbil The Sound Project. Ás 23:30 horas na Sala Bahía celebrarase un gran baile coas orquestras...
leer másA Concellería de Medio Ambiente de Foz organiza co gallo do día dos humidais a exposición Galiza Conservando a Natureza. Diante do interese amosado pola súa visita, amplíase o período de exhibición ata o vindeiro 26 de Febreiro.
Nesta exposición presentase ao gran público a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos, permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies.
Entre o 27 de xaneiro e agora ata o 26 de febreiro no Cenima, en Foz, os visitantes poderanse sorprender coa cantidade e diversidade de espazos protexidos declarados en Galiza, entenderán o significado das figuras de protección e o que conlevan, e desenvolverán actitudes de responsabilidade fronte a conservación ambiental...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza un ano máis o Touporroutou, unha das actividades máis arraigadas do entroido en Foz.
As persoas interesadas en presentar as súas coplas poden depositalas nas caixas instaladas no Bar Acuario, Anduriña, Lar, Muelle Bar, Pachán, Cafetería May Ros, Ribeira, Barrilete, Eskina e Funcional.
A organización solicita aos focegos e focegas a súa colaboración, elaborando coplas e cantigas sobre os temas que consideren de interese, a fin de que esta actividade sexa realmente unha auténtica crónica da vida social de Foz ao longo deste último ano.
O Touporroutou celebrarase o domingo, 23 de febreiro, ás 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz. O espectáculo correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro, as pandereteiras da Subela e o...
leer másO CCA focense organiza a décima edición da Festa da Cociña Afrodisíaca, que se celebrará do 14 ao 16 de febreiro. Unha ducia de locais hostaleiros ofrecerán tapas afrodisíacas ao prezo de 1´5 euros. Entre as propostas que poderemos atopar non faltarán propostas elaboradas con ostras, fresas, chocolate, algas, aguacate ou améndoas, entre outras. Os locais participantes son: A Ribeira, A Funcional, O Lar, Cafetería Mayros, Xoyma, Anduriña, Portochico, Casa Damián, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, Brasas e Hotel Oca.
E tamén haberá doces afrodisíacos en Foz desde mañá, día 13, e ata o vindeiro domingo, que elaborarán as pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma e que venderán ao prezo de 2 euros.
Por outra banda, moitos establecementos hostaleiros contarán con menús especiais para celebrar San Valentín ás comidas e...
leer másO CCA focense organiza a décima edición da Festa da Cociña Afrodisíaca, os días 14, 15 e 16 deste mes. Unha ducia de locais hostaleiros ofrecerán tapas afrodisíacas ao prezo de 1´5 euros. Entre as propostas que poderemos atopar non faltarán ostras, fresas, chocolate, algas, aguacate ou améndoas, entre outras. Os locais participantes son: A Ribeira, A Funcional, O Lar, Cafetería Mayros, Xoyma, Anduriña, Portochico, Casa Damián, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, Brasas e Hotel Oca.
As tapas afrodisíacas foron presentadas por Moncho Castro, de Anduriña; Ángeles Piñeiro, de Xoyma; e Rubén Rodríguez, de Tangarte.
E tamén haberá doces afrodisíacos en Foz do 13 ao 16 de febreiro, que elaborarán as pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma e que venderán ao prezo de 2 euros. A presentación neste caso correu a cargo de...
leer másA Deputación de Lugo colabora un ano máis na organización e celebración dos campionatos internacionais de baristas que impulsa o IES de Foz coa emisión en directo, por streaming, dos eventos, do que se ocupará o Centro de Formación Audiovisual, e tamén cunha achega económica de 3.000€. Así o anunciou a voceira provincial socialista e Deputada de Turismo, Pilar García Porto, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, que, acompañados do Alcalde de Foz, Fran Cajoto, e do director do IES de Foz, Nicolás Asensio, presentaron este martes no Centro de Formación Audiovisual da Deputación esta nova colaboración cos XIII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, o VIII Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería, o VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais e o I Campionato Internacional de Catas de Cafés de...
leer másA asociación A Pomba do Arco organiza unha excursión a Santiago de Compostela o 22 de marzo.
O programa inclúe unha visita á exposición Galiza, un relato no mundo, instalada na Cidade da Cultura e que recolle máis de 300 pezas procedentes de diversas partes do mundo, a maioría das cales nunca foron expostas en Galicia. A visita estará guiada polo comisario da mostra, Manuel Gago.
A xornada continuará cunha visita ao Pórtico da Gloria onde, coas obras de restauración, afloraron unhas impresionantes pinturas que mudaron absolutamente a fisonomía do espazo. A visita estará guiada por un membro do servizo de guías da Catedral. Para rematar realizarase un percorrido polo Museo da Catedral e o Panteón Real onde se atopan enterrados diversos reis e raíñas galegos.
O prezo da excursión é de 35...
leer másLa asturiana Camino González García, de Tapia de Casariego, acaba de abrir en Foz un centro de peluquería y estética canina y felina llamado Patas Arriba.
Camino González se formó como peluquera canina y felina en Artero International Academy y asistió a numerosos seminarios y cursos sobre esta materia, el último de ellos en la peluquería de la zaragozana Sonia Luengo, que fue elegida mejor peluquera canina de España en 2019.
En Patas Arriba el servicio de peluquería y/o baño incluye corte de uñas, limpieza de oídos, vaciado de glándulas perianales y rasurado de zonas higiénicas. En los baños utilizan ozonoterapia, que es ideal para mascotas con problemas en la piel.
Además en Patas Arriba ofrecen guardería de día y disponen de numerosos artículos para las mascotas, como juguetes,...
leer más