Foz
Foz acolle a XX Semana do Teatro Afeccionado desde o luns 19 ao venres 23 de agosto. As representacións faranse ao aire libre ás 21:00 horas.
O luns 19 na praza Pardo de Cela Touporroutou Teatro ofrecerá a obra Comedia Bífida.
Axóuxeres representará a obra Un divorcio no pobo o martes 20 na Praza do Concello.
Na Praza de Galicia o mércores 21 Pico do Castro ofrecerá O Randiña.
O xoves 22 no Campo da Cabana O Batán escenificará a obra Bicos de vinagre.
E o venres 23 rematará este ciclo de teatro afeccionado ao aire libre cunha representación na paseo da Rapadoira a cargo de A Adala, que representará Comeza a función.
Do 19 ao 24 de agosto en Foz Afundimos os prezos. Trátase da nova campaña do Centro Comercial Aberto na que participan arredor de 30 comercios, que sacarán os seus produtos á rúa o ofrecerán descontos que chegarán nalgún caso ata o 80%.
O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, explica que “durante a vindeira semana, do luns ao sábado, preto de 30 tendas asociadas van sacar os seus produtos á rúa con descontos moi interesantes, que oscilarán entre o 50 e o 80%. Será unha boa oportunidade para facerse con artigos da campaña de verán a prezos moi interesantes”.
Os locais que se dan cita en Afundimos os prezos son: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Alma Libre, Arrullos, Calzados Pirde Outlet (interior), Carmen León Zapatería, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura (interior), Din y Don, Don...
leer másÁ area recreativa Os Castros, de Cangas de Foz, acollerá este domingo, 18 de agosto, a sétima edición da feira de gando anual. Está organizada polo Concello de Foz coa colaboración de Cabaleiros de Cangas, Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, Asociación de Veciños San Pedro e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo.
A apertura da feira será ás 10 da mañá e ás 16:30 horas comezarán as probas de andadura, trote e carreira de burros. A continuación terá lugar a entrega de premios.
No recinto feiral poderá degustarse polbo á feira, xamón, churrasco e outros produtos. Durante a mañá haberá cabalos para paseos gratuítos, farase unha exposición de maquinaria e artesanía e o evento contará con animación musical a cargo dunha discoteca móbil.
Na explanada portuaria focense estanse a ultimar os preparativos da nova edición de Foz Market, que se celebrará do 14 ao 18 de agosto. O evento está organizado por Ruta Food Trucks, que conta coa colaboración do Concello de Foz e do Centro Comercial Aberto.
Desde a organización de Foz Market, Ángel Rojo, explicou hai uns días que “es la octava edición que hacemos este año. Es la continuidad de la feria de muestras multisectorial que hacíamos antes, que se convirtió ahora en el festival de food trucks de Foz, y es del 14 al 18 de agosto inclusive. Son cinco días y dentro de la programación tenemos una serie de conciertos de diferentes grupos de música. También tendremos la zona infantil y seguiremos en la línea de otros años”.
Pola súa banda, o presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, lembrou que “son xa...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 22 de setembro unha viaxe polas terras do alto Navia e do Eo.
O programa é o seguinte:
1. Grandas de Salime
• Visita guiada ao museo etnográfíco de Grandas de Salime.
• Visita guiada ao museo e o castro do chao de San Martín.
• Panorámica sobre o encoro de Grandas de Salime, paisaxes de engado.
Xantar
• Mesón A Reigada en Grandas de Salime.
2. Vilanova de Oscos
• Visita guiada ao mosteiro de Santa María en Vilanova de Oscos.
3.Taramundi.
• .Visita ao conxunto patrimonial e etnográfico de Taramundi.
O custo da viaxe é de 30 euros para socios e 33 euros para o resto dos inscritos, incluíndo o desprazamento á zona en autobús, o xantar e as entradas dos espazos a visitar. As persoas interesadas no mesmo deberán...
leer másOs Sendeiros, coa colaboración do Concello de Foz, organiza a décima edición da súa marcha nocturna en Foz para o día 14 de agosto, mércores. Sairán ás 22:00 horas desde a Praza do Concello para rematar xunto á praia da Rapadoira, onde haberá chocolatada e churros gratis para os participantes.
Os interesados poden inscribirse a través dos teléfonos 606.79.41.10 ou 670.36.90.17 ou ben enviando un correo electrónico a ossendeiros@yahoo.es. O prazo para apuntarse remata o 12 de agosto, luns.
Os participantes deberán levar lanterna ou farol.
Foz celebrará o Día de Mondoñedo o 18 de agosto, domingo, con varios actos organizados por Son´s Varadero, que conta coa colaboración dos concellos de Foz e de Mondoñedo e de comerciantes da zona.
No salón de actos do hotel Isla Nova ás 20:00 horas haberá unha charla coloquio que será moderada por Pepe Rivera e na que participarán o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, e o historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios.
E ás 22:00 horas no barrio de Illa Nova empezará a verbena, que estará amenizada por Son´s Varadero.
O Paseo da Rapadoira, de Foz, acollerá este mércores, día 7 de agosto, a partir das 21:00 horas a súa Queimada Ibicenca, que organiza a Agrupación O Feitizo. Haberá auga, empanada e queimada.
Para organizar este evento O Feitizo conta coa colaboración do Concello de Foz, Pé do Molete, Anduriña, Amarena e Casa Damián.
Hoxe presentouse a XXXIV Feira do Libro de Foz, a decana na Mariña e en Lugo e terceira máis antiga de Galicia. Vaise celebrar do 22 ao 25 de agosto na praza Conde de Fontao en horario de 17:30 a 22:00 horas. A inauguración terá lugar o 22 ás sete da tarde. Actuará o grupo O Feitizo e o pregón correrá a cargo de Antonio Reigosa.
Durante os catro da días haberá presentacións, sinaturas de libros e tamén actuación musicais. No peche da feira o 25 de agosto ás nove da noite actuará a Banda Municipal de Música de Foz.
Á presentación, que tivo lugar esta mañá no Concello, asistiron o alcalde, Fran Cajoto, a xefa territorial de Cultura da Xunta de Galicia, María José Gómez, en representación da Federación de Libreiros de Galicia, Cielo Fernández, e o concelleiro de Cultura focense, Héctor Morís.
As festas de San Lourenzo, en Foz, celébranse do 7 ao 11 de agosto e serán pregoadas polo CB Celtas.
As festas de San Lourenzo, en Foz, que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto, empezarán co pregón a cargo do Club Baloncesto Celtas, que será o mércores 7 ás 20:00 horas na Casa da Cultura. A remate terá lugar o chupinazo.
O xoves 8 haberá pasarrúas con A Subela a partir das 13:00 horas e desde as once da noite verbena no Paseo da Rapadoira con a orquestra canaria Furia Joven. Ao día seguinte a Batukada Perkusiona ofrecerá un pasarrúas a partir da unha do mediodía e ás 23:00 horas empezará a verbena na praza Conde de Fontao e na explanada do porto, amenizada pola orquestra Ciclomanía e o grupo Atenas.
O día de San Lourenzo, sábado 10, comezarán as actividades da xornada cun pasarrúas a cargo de O Feitizo, ás doce do mediodía na igrexa parroquial focense celebrarase a misa solemne, cantada polo Coro Parroquial de Foz...
leer más