O Centro Comercial Aberto de Foz comeza o Nadal repartindo nas rúas mañá, mércores, 1.500 moedas dun euro de desconto, que os clientes poderán utilizar nas compras que realicen nos 40 negocios que participan nesta campaña.
O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, explica que “esta campaña vai estar na rúa desde decembro ata agosto do vindeiro ano. Agardamos superar os 50.000 euros en descontos ao longo deste tempo, grazas á rotación das moedas e ao efecto multiplicador que as tendas ofertarán sobre produtos concretos”.
Paleo sinala que “os comerciantes farán que a campaña teña unha parte de fidelización, agradecemento e atención ao cliente con importantes descontos”. E subliña que “esta moeda que mañá estará na rúa poderá utilizarse igual que a de curso legal, é dicir terá o mesmo valor nas compras. Trátase dunha moeda dun euro, feita nun material especial plastificado”.
Os negocios que participan nesta campaña do Centro Comercial Aberto de Foz son: 5 Lobiños, Alma Libre, Buxo Xogos, Cenor Belianorte, Centro Dietético Alba Vila, Centro Óptico Alain Afflelou, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Infotec, La Flor Abulense, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, N1 Deportes, Pastelería Anduriña, Pastelería Xoyma, Saint Tropez, Sueños, Suministros Veipa, Tien21 Celso Electrodomésticos, Vagaluz, Vas’s, Vas’s Outlet, Viajes Rodríguez, Xanela Agasallos e Complementos, Xoeiría Iria Rodríguez e Zapatería Carmen León.