Elección
O evento para elixir a raíña ou rei do Entroido de Foz 2024, que fora aprazado polos incendios forestais da pasada semana, será este sábado, 21 de outubro, na Sala Bahía, a partir das 19:30 horas.
A asociación O Noso Foz anuncia que “o prezo da entrada, recurso indispensable para poder votar, é de 2 euros. Os menores de 14 anos entran gratis. Haberá servizo de barra. A noite estará amenizada por DJ Alejandro Martínez. A cea quedará en mans de Espacio Machete e haberá moitas sorpresas. Non te esquezas do teu disfrace. Non volo podedes perder! Esperámosvos! Desexámoslles a maior das sortes a todos os candidatos/as! Estamos seguros de que todos serán dignos representantes do noso queridísimo Entroido”.
A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz veñen de anunciar o aprazamento do acto de elección do rei ou raíña do Entroido de Foz 2024, que estaba programado para mañá, sábado 14 de outubro, na Sala Bahía de Foz, por mor dos incendios que seguen activos nas parroquias de Santa Cilla e San Acisclo.
“Por fortuna non hai que lamentar danos persoais nin tampouco hai vivendas afectadas, pero vémonos na obriga de aprazar o acto que se ía celebrar mañá á espera de como poida evolucionar a situación”, sinalan desde a organización, que engade: “desexamos que se extingan o máis rápido posible e queremos agradecerlle o seu traballo aos corpos e forzas de seguridade, bombeiros, traballadores de Medio Rural, Protección Civil, GES de Cervo e á veciñanza da zona, que levan traballando arreo desde esta madrugada para parar esta barbarie”.
... leer másEn Foz celebrarase un evento o día 20 de novembro, sábado, para elixir ao rei ou raíña do Entroido 2022. Será na Praza Conde de Fontao ás 19:00 horas, onde tamén haberá actuacións musicais.
Ademais ese día haberá menús especiais na hostalaría de Foz e animación musical polas rúas durante toda a xornada.
Está organizado pola asociación O Noso Foz coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Aberto de Foz.
O rei ou raíña do Entroido de Foz 2020 elixirase no evento que se celebrará na Sala Bahía este sábado, día 23, a partir das 20:00 horas. Este acto foi presentado polo concelleiro de Cultura, Héctor Moris Fernández, e polo presidente da asociación O noso Foz, Ángel Fernández Neira.
O edil de Cultura explicou: “este sábado damos o pistoletazo de saída ao noso Entroido 2020 coa elección do rei ou raíña. Este ano, tanto desde o Concello como desde a asociación O noso Foz, quixemos dar un paso máis e facer un acto público no que a xente poida participar, xa que cremos que é realmente a xente a que fai o grande este Entroido. Será un acto no que os e as aspirantes a rei ou raíña terán que pasar por unha serie de probas diante dun xurado composto por seis membros, que terá un peso na nota final do 60 por cento, e a valoración do público suporá un...
leer másA elección da raíña ou rei do Entroido de Foz 2020 farase nun acto público, no que votarán os membros do xurado e o público asistente. O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o día 8 de novembro deste ano. Os requisitos son ter máis de 18 anos e estar empadroado no municipio focense.
No acto público que se convocará para elixir á raíña ou rei do Entroido de Foz farase a presentación dos candidatos e candidatas, que deberán realizar probas propostas polo xurado. A votación levarase a cabo por parte dun xurado, no 60 por cento, e polo público presente no acto, nun 40 por cento.
A data e o lugar do acto público para a elección están por determinar. Os interesados poden obter máis información no teléfono 982.14.00.27.
Da organización encárgase a asociación O Noso Foz, que...
leer más