Manuel Eiras, presidente do Club Atletismo Ría de Foz, Gema Méndez Leivas, concelleira de Xuventude e Deportes, e Francisco Cajoto, alcalde de Foz presentaron a cuarta edición da Run Foz Nadal, que se celebrará o domingo, 22 de decembro.
Trátase dunha carreira para nenos/as e maiores con percorridos adaptados a todas as idades. As diferentes carreiras comezarán ás 16:30 horas coa categoría de pícaros e un circuíto de 150 metros, posteriormente serán os benxamíns con circuíto de 600m, 1000m para alevíns, 1500m para infantís e cadetes e, finalmente, 5000m para a competición absoluta.
A saída e chegada será na Praza Rosalía de Castro, no Campo da Cabana. A inscrición xa está aberta en: sportmaniacs.com