Foz
ACIA/CCA de Foz organiza a súa campaña de San Valentín na que sorteará 500 euros en premios.
Nesta campaña participan un total de 77 comercios e as persoas que realicen as súas compras neses establecementos recibirán papeletas para entrar no sorteo, que se celebrará o 17 de febreiro (luns), a través de Radio Foz.
Os premios consistirán nun vale de compra de 200 euros e outros seis de 50 euros cada uno.
O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, fai unha invitación para aproveitar esta campaña que premia a fidelización dos seus clientes, que optan polo comercio local, para facer as súas compras para esta romántica cita. Paleo subliña que “o comercio focense ofrece unha ampla oferta para os agasallos do día dos namorados, que van desde os clásicos perfumes, roupa, calzado, complementos...
leer másA Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional investiu 153.000 euros na reforma completa do salón de actos do Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz, que está listo para volver a ser escenario dos campionatos internacionais de baristas que se celebrarán entre os días 12 e 14 de febreiro.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación do XIII Campionato internacional de baristas de escolas de hostalería, o VIII Campionato internacional de baristas profesionais, o VIII Campionato internacional de cata de cafés de escolas de hostalería e, como principal novidade este ano, o I Campionato internacional de cata de cafés de profesionais.
Acompañado polo director do centro, Nicolás Asensio, e o principal organizador, José Ríos, o delegado...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola Fragavella de Mondoñedo o 9 de febreiro e á que asistirán membros do MIES de Oviedo.
A saída será ás 8:15 de Foz, diante de Cenor, e ás 8:35 horas de Ferreira.
Para participar é obrigatorio anotarse, antes do 5 de febreiro, nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 25 euros para os socios federados, 29€ para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais. Está incluído o xantar.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a ruta ten un nivel de dificultade media.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
A Concellería de Medio Ambiente de Foz continúa no ano 2020 promocionando o medio natural. Segundo explican desde ese departamento “co gallo do día dos humedais o vindeiro 2 de febreiro e sendo o noso Concello parte da Rede Natura 2000, cremos de interese para toda a veciñanza e visitantes esta exposición. A natureza galega é un mosaico de paisaxes de costa e montaña, densas fragas e chairas extensas, rías onde conflúen os ríos e o mar, queirugais, matos e lagoas. Acóllese así unha importante diversidade de especies animais e vexetais”.
A exposición “Galicia conservando a natureza” presenta ao gran público a diversidade e singularidade dos espazos naturais protexidos, permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies.
... leer másA asociación A Pomba do Arco organiza unha conferencia sobre A Mariña na Alta Idade Media que terá lugar o 31 de xaneiro ás 20:30 horas na Librería Bahía de Foz. A charla correrá a cargo do historiador Antonio Rodríguez Baixeras.
O colectivo focego organiza este acto público, unha das primeiras actividades deste ano, despois de que no 2019 celebrase o seu XXX aniversario.
Antonio Rodríguez Baixeras é autor de numerosas obras relacionadas con distintos episodios da historia da comarca mariñá.
O Concello de Foz acaba de poñer en marcha un programa dedicado ao comercio local na emisora de radio municipal. Será quincenal e comezou onte, xoves. No primeiro espazo participaron o concelleiro de Turismo, Comercio e Actividades Económicas, José María Linares; o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo; o xerente da cafetería Xoyma, Fernando López, e a propietaria de Electrofoz, María Río.
O programa, dunha hora de duración, chámase A hora do comercio local en Radio Foz e José María Linares explica que “tendas de roupa, zapatos, téxtil, lencería, outros comercios de todo tipo, asesorías, compañías de seguros e hostalería en xeral poden pasar por Radio Foz e falar do seu negocio, dos seus inicios, da situación actual, das perspectivas de futuro ou indicar produtos e ofertas do negocio....
leer másO alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a directora provincial da UNED, Ana Belén Traseira, visitaron esta mañá a exposición sobre áreas mariñas protexidas que está aberta ao público no Cenima ata o día 26 de este mes. Ao acto asistiron tamén o concelleiro de Cultura e Educación focense, Héctor Moris, e a coordinadora da Aula Universitaria de Foz, Fuensanta Otero.
O rexedor municipal focense agradeceu á UNED “que trouxera esta exposición. A colaboración co Concello é moi próxima sempre pois aparte da oferta universitaria sempre organiza cursos e agora, dentro da Axenda 2030 e dese desenvolvemento sostible que debemos ter, esta mostra das áreas mariñas protexidas. Que mellor sitio que o Cenima, aquí en Foz, que abarca non só este concello senón a toda A Mariña”.
Fran Cajoto engadiu: “estamos vendo o mar e a ría de Foz,...
leer másO grupo teatral O Centiño, de San Martiñon, presentará a súa última obra El Guindilla, na parroquia focense de Marzán este sábado, 18 de xaneiro.
A representación terá lugar no local social do Pradovello, onde ten a súa sé a asociación cultural O Torques, e dará comezo ás 20:00 horas.
O vindeiro domingo, 12 de xaneiro, o grupo Son’s Varadero realizará un concerto especial na residencia de maiores de Foz.
Será a partir das 18:00 horas e está dedicado aos maiores e ás súas familias, aínda que será aberto a todo o público.
Neste emotivo evento colabora o Concello de Foz.
Foz celebrará a 17ª edición da Festa do Berberecho os días 18 e 19 deste mes, sábado e domingo, e será pregoada pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Este evento gastronómico foi presentado hoxe, xoves, polo alcalde focense, Fran Cajoto; o concelleiro de Cultura, Héctor Moris; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo.
O rexedor municipal destacou que “é a primeira festa do ano e o evento gastronómico por excelencia en Foz, na que poñemos en valor o berberecho, aínda que xa non hai tanto na nosa ría e temos que traelo de fóra. Pero é un produto que sempre está nosa mente este marisco que en Foz lle chamamos o chícaro. O 18 deste mes, sábado, iniciarase a festa, que este ano está dedicada á cidade de Lugo e contamos coa honra de ter aquí á súa alcaldesa, Lara Méndez, para que nos dedique...
leer más