Foz
ElectroFoz cumple 25 años. El establecimiento lo celebrará del 1 al 11 de octubre agasajando a su clientela con interesantes ofertas y regalos.
La propietaria de ElectroFoz, Marisa Rio, recuerda que “abrimos en otoño hace veinticinco años y por eso queremos celebrarlo la quincena del 1 al 11 de octubre. Tenemos un folleto que vamos a sacar el día 1 con ofertas muy buenas y vamos a sortear también una cena para dos personas entre todas las compras que se hagan en ese período del 1 al 11 de octubre. Además con todas las compras que se efectúen en la tienda vamos a tener un pequeño regalo”.
Marisa Río comenta que “llevo veinticinco años en la tienda y estoy muy contenta. Cuando empezados yo estaba en el paro, no sabía muy bien qué hacer, tenía treinta y pocos años y decidimos poner la tienda. Empezamos con un local...
leer másA UNED-Aula Universitaria de Foz ten aberto ata o 23 de outubro o prazo de matrícula para o curso 2019-2020. Foi presentado polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro de Cultura e Educación, Héctor Moris; e a coordinadora do centro, María Fuensanta Otero.
Héctor Moris destacou que “para este goberno a educación é un dos piares básicos de calquera sociedade, xa que sen coñecemento e cultura non pode avanzar e perde por completo a súa liberdade. Dentro de toda a oferta de ensino regrado superior destaca a UNED como elemento de universalización da educación xa que permite a formación daquelas persoas que debido ás súas circunstancias non poderían optar a ela nin rematar os seus estudos. Ofrece unha liberdade de horario xunto cunha ampla oferta formativa e así calquera persoa pode acceder a ela. Dentro da UNED compre destacar o labor da aula de...
leer másA campaña da FCAM 1000 motivos para mercar na Mariña chega hoxe a Foz. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 23 ao 29 de setembro no comercio asociado ao Centro Comercial Aberto focense entrarán no sorteo de 1.000 euros en vales de compra. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas no sorteo que se celebrará o vindeiro luns, día 30. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Foz.
En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Sorteo hoxe en Viveiro
No sorteo...
A asociación A Pomba do Arco, de Foz, organiza un curso de gaita e percusión que dará comezo o día 2 de outubro.
A actividade desenvolverase todos os mércores ás 21:30 horas na sala Bahía.
Impartiranse todos os niveis, en música tradicional, de gaita, tamboril, bombo e pandeireta.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 1 de outubro no número de teléfono 645 062 817 ou o día do curso no propio local.
O Concello de Foz organiza un ano máis o Día da Bici, que se celebrará o 28 de setembro. Unha cita moi agardada por pequenos/as e maiores, que a convirte nunha actividade familiar na que compartimos unha marcha polas praias.
Sairá do Parque Infantil de Tráfico ás 16 horas e como é costume, a zona de avituallamento estará no parque do Río Ouro, onde os participantes repoñerán forzas para volver con ánimo ao punto de partida.
Ao finalizar non faltará o sorteo da bicicleta, de agasallos e dalgunha que outra sorpresa. E como non, a entrega de premios, sempre disputada: mellor disfraz, bici mellor engalanada, máis nova/o e máis veterano/a.
A inscrición será solidaria, aportando 1kg de produtos para o Banco de Alimentos. Agora mesmo o que máis falta fai son leite, aceite, cacao, conservas,...
leer másA Pomba do Arco, O Castro, O Atrio e a Asociación de Veciños de Vilaronte organizan o 28 de setembro un roteiro por Vilaronte co obxectivo de divulgar os elementos de relevo do seu patrimonio e da súa historia.
A viaxe arrancará as 16:00 do Campo da Feira da Espiñeira, visitando a continuación, entre outros espazos , as antigas minas romanas de ouro, as vellas caleiras, as antigas fabricas de Damían López, as expresións da arquitectura indiana, a igrexa e o castro.
A actividade continuará ás 19:00 h no local da asociación O Castro, coa proxección do filme Riquezas Lucenses, gravado en Vilaronte en 1946, e que recolle escenas dos traballos desenvoltos nos serradoiros de Damían López e dos seus traballadores.
As persoas interesadas en participar desta actividade, deberá inscribise...
leer másA Asociación Desembarco Normando organiza a IX Festa Normanda de recuperación da memoria histórica, que se celebrará en Foz os días 29, 30 e 31 de agosto e 1 de setembro.
O xoves, 29 de agosto, ás 20:00 horas, procederase á apertura do mercado e haberá animación musical a cargo do Feitizo.
O venres, 30 de agosto, ás 12:00 horas será a apertura do mercado e a inauguración da Festa e Campamento Normando, sito no Paseo da Ribeira. Durante toda a xornada haberá actividades de animación e recreación histórica. Ás 21:00 horas celebrarase o pregón que correrá a cargo de Belinda Washington, na área recreativa do Bispo Santo. Despois terá lugar a representación teatral da lenda de San Gonzalo por parte das veciñas e veciños de San Martiño, dirixidos por José Peinó. Haberá servizo gratuíto de autobuses ata a área recreativa...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza o seu andareiro de despedida do verán o vindeiro domingo, 1 de setembro.
A xornada constará de dúas partes, pola mañá un percorrido pola ruta do ferrocarril na Pontenova e pola tarde un descenso en piragua polo Eo. O día rematará cunha espicha en San Tirso de Abres. A saída será ás 8:30 horas de Ferreira e ás 9:00 de Foz.
Para participar é obrigatorio anotarse e as persoas interesadas poden facelo nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 017, ou a través do correo electrónico ossesndeiros@yahoo.es. O prezo é 40 euros para os socios federados, 44 euros para os socios non federados e 48 euros para os non socios. As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o día 25 de agosto.
A organización...
leer másA Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia patrocina a 57 edición da Travesía Náutica de Foz, que este domingo, 25 de agosto, aspira a reunir a arredor de 400 piragüistas de distintos clubs galegos e asturianos.
A travesía Ría de Foz é unha das probas máis lonxevas do calendario deportivo, e inclúe competicións para as modalidades K-1, K-2, C-1 e C-2, nas categorías cadetes, xuvenís, senior e veteranos, todas en distancias de 1200 metros. Nas competicións participan tanto mulleres como homes.
O delegado aproveitou a súa intervención para gabar o traballo que desenvolve o club Kayak de Foz, anfitrión do encontro, que se destaca por ser berce de palistas moi destacados como o campión galego Xoel García (campión de España xuvenil e que recentemente participou no mundial de Bulgaria) ou Iago García (que...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro pola ruta dos Nazarenos, en Foz, este sábado, 24 de agosto.
A saída será ás 9:00 horas da praza do Concello.
Para participar é obrigatorio anotarse e as persoas interesadas poden facelo nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 017, ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prazo de inscrición remata o venres 23 de agosto. O prezo é de 3 euros para os non federados.
A ruta, cun nivel de dificultade medio, comeza en Foz, pasa polo Santo e Fazouro e volve rematar en Foz. A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, auga e algo de comida.
O Concello de Foz colabora coa organización deste evento.