Foz
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza os próximos días 19, 20, 21 y 22 de agosto unha nova edición do seu Comercio na Rúa.
Os establecementos participantes ofrecerán durante estas catro xornadas descontos especiais nos artigos que exporán nas rúas de Foz. As ofertas e promocións abarcarán todo tipo de produtos e servizos. En caso de mal tempo, os artigos atoparanse expostos no interior dos negocios.
O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo asegura que “será un bo momento para adquirir todo tipo de artigos e produtos de tempada cuns descontos moi interesantes. Convidamos a xente, tanto veciños como turistas, a pasear polas nosas rúas, a mercar nos comercios locais e a desfrutar con total seguridade da nosa hostalería, sempre coas normas de seguridade e hixiene actuais en mente”.
... leer másA 35ª edición da Feira do Libro de Foz celebrarase a vindeira semana, de xoves a domingo, na Praza Conde de Fontao. Foi presentada hoxe na Casa da Cultura focense nun acto que contou coa participación do alcalde, Fran Cajoto, quen destacou a aposta do Concello pola cultura”. Tamén interviñeron a xefa territorial de Cultura da Xunta en Lugo, María José Gómez; o responsable de Publicacións da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Xan Ramiro Cuba; e a libreira focense Cielo Fernández, como representante da Federación de Librarías de Galicia.
O rexedor municipal destacou que “desde sempre, por parte de todas as corporacións locais, Foz aposta pola Feira do Libro, polos libreiros, pola cultura, por un medio que nos trouxo en época de Covid, en marzo, unha oportunidade de viaxar dunha forma distinta, que é viaxar cos pensamentos, coas imaxes,...
leer másCon fins solidarios ven de editarse e presentarse unha lámina, da que é autor o profesor Antón Niñe, que recolle a historia dos barcos antigos que operaron no porto de Foz durante pasado século XX. A iniciativa é financiada polo Centro Comercial Aberto focense.
En total son 500 láminas, unha parte será distribuída entre os comercios asociados: “200 láminas vanse repartir entre os nosos asociados e asociadas, que as porán á venda ao prezo de 5 euros. O que se recade será destinado a Cáritas para a vindeira campaña de Nadal”, explicou José Carlos Paleo, presidente de Acia/CCA de Foz.
Outras 200 láminas serán doadas á directiva do Museo do Mar, de Foz. Paleo sinala que “o que se recade neste caso irá para financiar os fondos desa instalación, do Museo do Mar”.
O presidente do Centro Comercial Aberto de Foz...
leer másFoz e Burela serán as seguintes paradas de A Mariña en Ruta, a iniciativa posta en marcha pola Mancomunidade para diversificar a oferta turística do xeodestino. Trátase dunha serie de roteiros que se desenvolven durante os meses de agosto e setembro.
O obxectivo principal de A Mariña en Ruta ademais de axudar na reactivación da actividade turística, é completar e diversificar a oferta do xeodestino en base ao patrimonio cultural e a natureza, sendo as actividades neste espazos as que motivan principalmente a visita á Mariña Lucense, e mais se cabe nesta época de crise provocada polo Covid 19. E tamén, que os participantes descubran os aspectos menos coñecidos da comarca da man de guías e axentes locais sempre en base aos recursos propios e que poñan en valor a realidade do destino, en consonancia coa filosofía do turismo slow na que se...
leer másO Concello de Foz programa dez actividades de Cultura na Rúa desde hoxe, martes, ata este domingo, día 16.
Hoxe ás 21:00 horas no Colexio Nº1 haberá teatro infantil coa compañía Producións Teatrais Excéntricas que ofrecerá a obra Cartoons. E a proxección de cine ao aire libre que estaba programada para esta noite na pista polideportiva da parroquia de San Martiño aprazouse para o vindeiro martes, día 18, debido ás choivas.
Mañá, mércores, ás 21:00 horas no Colexio Nº 1 terá lugar outra representación de teatro infantil. Neste caso será Caramuxo Teatro coa obra Pavillón Lino.
O xoves, día 13, haberá autocine no aparcadoiro Valle Inclán ás 22:30 horas. Proxectarase a película María Solinha.
Para o venres 14 están programadas dúas actividades: un concerto de música...
leer másO Concello de Foz programa 16 actuacións de Cultura na rúa desde este venres ata o luns, día de San Lourenzo, que é festivo local.
Este venres, día 7, na avenida da Mariña ás 12:00 e ás 18:00 horas actuará o DJ Poppy García. Ás 21:00 horas na praza Conde de Fontao haberá un concerto do coro Tempus Fugit, de Viveiro. E ás 22:30 horas proxectarase a película Superlópez na parroquia de Cangas, concretamente na pista da festa.
O sábado 8 o grupo Muddy Doll actuará na praia da Rapadoira ás 13:00 horas e na praza Conde de Fontao ás 21:30 horas. E o DJ Poppy García estará na avenida da Mariña ás 12:00 e ás 18:00 horas.
O domingo, día 9, haberá dous concertos do grupo Música de sofá: ás 13:00 horas na praia da Rapadoira e ás 21:30 na praza Conde de Fontao. E ás 20:00 horas actuará a Banda de...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 7 e 8 de agosto (venres e sábado).
Os comercios participantes ofrecerán interesantes descontos nos stands instalados no exterior dos establecementos. En caso de mal tempo realizarán as promocións no interior dos locais. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos comercios adheridos a esta iniciativa.
O presidente de CCA/ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “pouco a pouco temos que ir recuperando as actividades na nosa vila, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade. De aí que volvamos organizar unha nova edición do noso Comercio na Rúa, unha cita clásica dos veráns en Foz, co fin de dinamizar o comercio local”.
Paleo di que “...
leer másEn Foz haberá sete actuacións musicais nas rúas da vila esta fin de semana, desde hoxe, venres, ata o domingo.
Na tarde noite de hoxe a partir das 21:00 horas no paseo da praia da Rapadoira tocará o Combo da Escola de Música de Foz.
Mañá, sábado, 1 de agosto haberá catro actuacións: ás 13:00 horas na rúa Álvaro Cunqueiro estará o DJ Popy García, ás 13:30 horas na zona de As Torres actuará o grupo Carta de Ajuste; e ás 21:30 horas tocará o grupo Carta de Ajuste na Praza Conde de Fontao e o DJ Popy García estará xunto á praia da Rapadoira.
E o domingo, 2 de agosto, actuará o grupo Pablo Balseiro ás 13:30 horas no paseo da praia da Rapadoira e ás 21:30 horas na Praza Conde de Fontao.
O Concello de Foz programa cine os xoves na vila e os venres nas parroquias ata o día 21 de agosto. Esta iniciativa da Delegación Municipal de Cultura, foi presentada hoxe, xornada na que se proxectará a película Longa Noite, ás 22:30 horas no Campo da Cabana. Mañá, venres, á mesma hora ofrecerase en Fazouro o filme Dumbo.
O alcalde focense, Fran Cajoto, destacou que é unha presentación “moi especial porque estamos saíndo dunha situación moi complicada que estamos tendo co Covid en todo o Estado, e aquí, na Mariña, houbo un rebrote, que afortunadamente está controlado, están baixando os casos, pero tivemos que pospoñer este proxecto no que cremos moito. Un proxecto máis amplo é sacar a cultura a rúa e visualizala e non esquecernos dun sector que non o está a pasar ben. Este ano coas medidas que temos máis restritivas de control de aforo e...
leer másDesde mañá, mércores, e ata o 24 de xullo, o Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, unha cita indispensable nos veráns en Foz.
Durante estas tres xornadas, os establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos e exporán os seus artigos nas rúas da vila. As ofertas aplicaranse a todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos á campaña.
Os preto de 30 comercios participantes nesta edición do Comercio na Rúa son: Vagaluz, 5 Lobiños, Sueños, Vas’s, Vas’s Outlet, Ginzo Hombre e Ginzo Mujer, Arrullos, Lourdes moda íntima, Chuvia, Carmen León Zapatería, N1 Deportes, María Docampo, Alma Libre, Chinela Nenos, Librería Bahía, Din y Don, Longarela, Calzados Pirde, Decoraciones Pura, Unique-2, OfiFoz, Xanela complementos e agasallos, Don...
leer más