Foz

Etiquetas:
26/10/2020

O Concello de Foz mantivo unha reunión telemática con representantes dos distintos grupos e comparsas do Entroido de Foz para preparar unha celebración que será diferente a dos anos anteriores debido á pandemia de COVID-19. 

O alcalde focense, Fran Cajoto, explica que “nun contexto complicado de pandemia coincidimos en que hai que manter o espírito do Entroido vivo, polo que saíron a colación na reunión distintas alternativas, como potenciar a revista do Carnaval ou promover mediante o audiovisual distintas accións. Nun ano no que as actividades multitudinarias non son posibles, é de agradecer o entusiasmo e a dedicación que lle seguen poñendo as distintas peñas, valor que debemos potenciar xa que o compañeirismo e o tecido social e asociativo que existe en Foz é unha das nosas principais sinais de identidade e un orgullo para todos os...

leer más
Etiquetas:
26/10/2020

Dende a Delegación de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal focense organízase o XVII Concurso de Postais de Nadal para seleccionar a tarxeta que se utilizará para realizar a felicitación oficial do Concello de Foz neste Nadal 2020.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a data de remate de presentación de traballos será o vindeiro 1 de decembro na Biblioteca Pública Municipal. Para calquera dúbida ou información pódense dirixir á mesma biblioteca ou ben chamar ao 982.140.675. As bases do concurso serán publicadas nas redes do Concello e na páxina web.”

“Estamos moi orgullosos deste certame pola participación ano tras ano de todos os colexios do concello”, engade Inés López Couto, quen anima “a todas as nenas e nenos a participar no certame, a que desfruten debuxando aquilo que máis lles guste...

leer más
Etiquetas:
21/10/2020

A compañía Señora Supina representará a obra 5 mulleres que comen tortilla na Sala Bahía, de Foz, este venres, día 23, ás 21:00 horas dentro da programación do Ciclo de Teatro de Outono que organiza o Departamento de Cultura do Concello focense.
Esta obra de teatro comedia, cunha duración de 80 minutos, será representada polo seguinte elenco artístico: Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda, Raquel Crespo e Gabi Modesto.

5 mulleres que comen tortilla é “unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50, grazas ao humor e a unha coidada posta en escena totalmente inmersiva. Un búnker esmeradamente decorado no que se integra ao público desde que entran pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B....

leer más
Etiquetas:
15/10/2020

O actor Quico Cadaval actuará na Sala Bahía, de Foz, mañá, venres, ás 21:00 horas dentro da programación do Ciclo de Teatro de Outono que organiza o Departamento de Cultura do Concello focense.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que Quico Cadaval presentará o seu espectáculo Vacas, guerras, porcos e cregos, cunha duración de 90 minutos, e lembra que se “respectarán todas as medidas de seguridade e hixiene esixidas, como ata o de agora se está facendo en todas as actividades organizadas polo Concello de Foz, cunha programación segura”

O prezo da entrada é de 5 euros.

Etiquetas:
11/10/2020

O Concello focense presenta imPULSA FOZ, unha campaña nova que busca reactivar o municipio en todos os ámbitos: cultural e económico, pero tamén anímico e social. Foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro Chema Linares; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo.

O rexedor municipal explica: “trátase de facer distintas iniciativas baixo un mesmo paraugas, transmitindo positividade. Dentro dun contexto moi complicado de pandemia do COVID-19 todas e todos tivemos que aprender a convivir co virus e a ser responsables da nosa saúde, a título individual pero tamén colectivo. Foz foi sempre tradicionalmente un concello moi activo e non queremos en ningún caso que se perda esa pulsión; é por iso que presentamos esta campaña, na que un dos obxectivos principais é apoiar ao comercio...

leer más
Etiquetas:
10/10/2020

O deputado de Deportes Efrén Castro participou na presentación da 58 edición da proba de piraguismo Travesía de Foz, que se celebrará o vindeiro domingo a partir das 11.00 horas.

A proba, que puntúa a Liga Galega, contará este ano coa participación de 315 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, chegados de 30 clubs de Galiza e Asturias.

O presidente do Club Kayak Foz, Nacho Romillo, valorou “moi positivamente a participación na proba tendo en conta que estamos no final da temporada, nun ano difícil para todos pola situación sanitaria”.

O  acto de presentación, fronte á sede do club, tivo tamén un caracter reivindicativo, mais aló do deportivo. “Historicamente todas as directivas do clbu foron empregados da fábrica de aluminio de Alcoa San Cibrao, polo que a pesar de...

leer más
Etiquetas:
08/10/2020

Este venres na Sala Bahía, de Foz, continúa a programación do Ciclo de Teatro de Outono que organiza o Departamento de Cultura do Concello focense.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “Ás nove da noite a compañía ArtesaCía presenta a obra Chola a It Girl, na que Chola, unha mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, qué nos divirte … e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos”.

Inés López engade que “a entrada terá un custe de 5 euros, con descontos. Esta obra continúa o programa cultural #FozfaiCultura, que comezou co...

leer más
Etiquetas:
08/10/2020

A asociación Os Sendeiros de Foz volve organizar as súas andainas despois de meses de non levalas a cabo por mor da pandemia do covid-19.

A primeira ruta terá lugar o domingo, 18 de outubro, por terras de Xove, polos lugares de Muíños e Medela, cunha distancia de 14´5 quilómetros e un nivel de dificultade medio.
A saída será ás 9:00 horas, de Foz, diante de Cenor e tamén ás 9:00 de Ferreira.

Para asistir é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.  O prazo para anotarse remata o venres 16 de outubro. Os prezos son de 3 euros para os socios non federados, 4 euros para o socio temporal e de balde para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo...

leer más
Etiquetas:
01/10/2020

Desde a Concellería de Normalización Lingüística sinalan que “foron quince anos os que D. Ricardo Carvalho Calero residiu en Lugo, se ben antes, e especialmente despois, tivo importante relación coa cidade. Foron 30 anos dende o seu pasamento para que finalmente a RAG decidira adicarlle un merecidísimo día das Letras Galegas. E cando por fin se lle dedica a agardada homenaxe, aparece a pandemia adiandose mesmo a celebración das Letras Galegas. Pero sen esquecer o moito que se lle debe, a Concellería de Normalización Lingüística de Foz coa colaboración do Colectivo Egeria de Lugo, faise voceiro de ducias de crianzas da súa etapa lucense para destacar o seu vencello coa cidade, e o impacto que Lugo e as súas xentes produciron no profesor e escritor. Tamén em Foz com residencia estival durante anos”. 

E seguen a relatar: “nado en Ferrol en...

leer más
Etiquetas:
30/09/2020

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza o Ciclo de Teatro de Outono, cunha programación de teatro profesional para público adulto todos os venres de outubro na Sala Bahía.

Esta actividade foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto Caserío, e a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen anuncia que “co lema Foz fai cultura as mellores compañías do teatro galego pasarán pola Sala Bahía todos os venres do mes de outubro ás 21.00 horas. O custo da entrada para cada representación será de 5 euros. Respectaranse todas as medidas de seguridade e hixiene esixidas, como ata o de agora se está realizando en todas as actividades organizadas polo Concello de Foz, cunha programación segura”.

Este venres, 2 de outubro, Sarabela Teatro poñerá en escena a súa obra recentemente estreada A lingua das bolboretas, da...

leer más