Desde mañá, mércores, e ata o 24 de xullo, o Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, unha cita indispensable nos veráns en Foz.
Durante estas tres xornadas, os establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos e exporán os seus artigos nas rúas da vila. As ofertas aplicaranse a todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos á campaña.
Os preto de 30 comercios participantes nesta edición do Comercio na Rúa son: Vagaluz, 5 Lobiños, Sueños, Vas’s, Vas’s Outlet, Ginzo Hombre e Ginzo Mujer, Arrullos, Lourdes moda íntima, Chuvia, Carmen León Zapatería, N1 Deportes, María Docampo, Alma Libre, Chinela Nenos, Librería Bahía, Din y Don, Longarela, Calzados Pirde, Decoraciones Pura, Unique-2, OfiFoz, Xanela complementos e agasallos, Don Zapato, La Flor Abulense e Hola Ola.
Ademais dos comercios mencionados, tamén colaboran con esta campaña, organizada polo CCA de Foz: o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.