O Centro Comercial Aberto de Foz organiza os próximos días 19, 20, 21 y 22 de agosto unha nova edición do seu Comercio na Rúa.
Os establecementos participantes ofrecerán durante estas catro xornadas descontos especiais nos artigos que exporán nas rúas de Foz. As ofertas e promocións abarcarán todo tipo de produtos e servizos. En caso de mal tempo, os artigos atoparanse expostos no interior dos negocios.
O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo asegura que “será un bo momento para adquirir todo tipo de artigos e produtos de tempada cuns descontos moi interesantes. Convidamos a xente, tanto veciños como turistas, a pasear polas nosas rúas, a mercar nos comercios locais e a desfrutar con total seguridade da nosa hostalería, sempre coas normas de seguridade e hixiene actuais en mente”.
O CCA de Foz organiza o Comercio na Rúa co que colaboran o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.