Cantil
As actividades do Renacer do Cantil, organizadas pola Concellaría de Turismo, seguen a ter unha moi boa acollida. O vindeiro sábado, 28 de maio, terá lugar a Xeoruta dos Pregues, que dará comezo ás 11 da mañá en Piñeira.
Fran Canosa será o encargado de guiar esta actividade. Os participantes visitarán unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense, o gran pregue que se estende desde a ría de Foz ata a ría de Ribadeo e que se xerou hai máis de 350 millóns de anos.
Tamén foi en Piñeira onde o pasado sábado se desenvolveu A vida no cantil cos cinco sentidos. Xurxo Mouriño, biólogo profesional da Bioloxía da Conservación da Natureza, propúxolles aos asistentes un paseo de campo para coñecer aos seus habitantes a través dos sentidos: as herbas e as flores, os paxaros, os insectos e anfibios.
... leer másAs actividades do Renacer do Cantil, organizadas pola Concellaría de Turismo, están a ter unha moi boa acollida. Todas as prazas se están a completar. Esta pasada fin de semana houbo arrolos o sábado e Tai Chi o domingo.
Piñeira foi o escenario elixido para o desenvolvemento dos Arrolos do Cantil na mañá do pasado sábado, unha actividade que foi impartida por Vanessa González, de Siete ranas verdes, profesora de ioga e guía de baños de bosque. A cita perseguiu o benestar físico e mental, a través de técnicas de relaxación na natureza, respirando aire fresco, apreciando o entorno, escoitando o son das ondas, sentindo a suavidade da herba fresca e os suxerentes aromas do mar. O entorno foi decorado para a ocasión.
E onte, domingo, no Cargadoiro tivo lugar unha sesión de Tai Chi. Héctor Peña introduciu aos...
leer más