Trinta e tres negocios participarán os días 16, 17 e 19 de abril nunha nova edición do Comercio na Rúa Fóra Stocks, que organiza Acia Foz

Trinta e tres negocios participarán os días 16, 17 e 19 de abril nunha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. Durante as xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais adheridos a esta campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. 

Nesta nova edición de Fóra Stocks participan: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería Bahía. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima a aproveitar esta nova edición do Comercio na Rúa Fóra Stocks: “é unha oportunidade única para mercar artigos de tempada a prezos moi interesantes o vindeiro mércores, o Xoves Santo e o sábado. Esta é unha campaña tradicional que facemos tanto en Semana Santa como no verán en Foz, que ten moi ba acollida entre a clientela e entre os negocios asociados”. 

AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz. Na presentación participaron o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, o alcalde, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.