Pastelería Anduriña, de Foz, organiza a 7ª Festa da Empanada do 22 ao 27 de xuño.
Moncho Castro, o propietario do establecemento, explica que “durante eses días os amantes da empanada poderán degustar ata 40 tipos diferentes. Teremos, coma sempre, empanadas do mar, da terra, veganas, vexetarianas e doces”.
Na ampla oferta de empanadas de Pastelería Anduriña podemos atopalas salgadas de zamburiñas, de berberechos, de polbo con gambas, de pescada con gambas, de sardiñas, de carne de tenreira e cabrales, de zorza, de polo con patacas fritas, de espinacas con bechamel e tropezóns de xamón york e queixo, de cebola caramelizada, de salteado de verduras con tofu ou rechea de escalibada con bechamel. E doces como pastelón de mazá, de cabelo de anxo, capricho de crema ou torta de roxóns.
Moncho Castro sinala que “aquelas persoas que do 22 ao 27 de xuño merquen empanadas ou pastelóns, tanto enteiros como en racións obterán un desconto do 10%. As compras poderán facerse en tenda ou vía online”. Os encargos realizaranse no teléfono 982 132 554, no whatsapp 648 448 157 ou en www.andurinafoz.com
A 7ª Festa da Empanada de Pastelería Anduriña, de Foz, contará con animación musical o sábado e o domingo a mediodía, os días 26 e 27 de xuño. Haberá sesión vermú a partir das doce amenizada musicalmente por Javier Mateos, que é compoñente da Coral Polifónica de Foz. A esta agrupación estará dedicada a vindeira exposición fotográfica que se realizará en Pastelería Anduriña. Moncho Castro lembra que “todos os anos por estas datas organizamos unha mostra de fotos. Este ano ía ter como protagonista á Coral Polifónica de Foz, pero non nos deu tempo de rematala. De aí que a colocaremos máis adiante aquí, en Pastelería Anduriña”.
Desde Pastelería Anduriña “animan á veciñanza de Foz e aos visitantes a saborear algún dos 40 tipos de empanadas que elaboramos na nosa pastelería”.