Xeovisita

01/03/2024

O 9 de marzo terá lugar a xeovisita á Frouxeira, en Foz, que estaba prevista para a última fin de semana de febreiro, pero foi aprazada por mor do mal tempo. A actividade está organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. 

Desde a Mancomunidade a xerente do Plan de Sostibilidade Turística, Tania Hermida, comentou que “a xeovisita programada pola Frouxeira, en Foz, para o pasado sábado, 24 de febreiro, que se tivo que cancelar por mor do mal tempo terá lugar o 9 de marzo, tamén sábado. Agardamos que nesta ocasión a climatoloxía nos acompañe”. 

En febreiro, da man do xeólogo Iván Rodríguez, tivo lugar tamén a xeoruta da Marosa na que os asistentes descubriron a orixe hai 300 millóns de anos das rochas graníticas que conforman este treito da costa de Burela. No...

leer más