Prácticas

18/07/2022

O Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, de Ribadeo impartirá no vindeiro curso 2022-23, a partir de setembro, un curso de construción e reparación de embarcacións de fibra de vidro con prácticas na empresa Astilleros del Eo, situada no municipio asturiano de Castropol. O curso é de 6 meses de formación e hai 15 prazas.

O director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, destaca que “esta formación en construción e reparación de embarcacións de fibra de vidro xa se impartiu no centro no presente curso académico e tivo moi bos resultados: de 24 alumnos que realizaron o curso 17 quedaron finalmente contratados por Astilleros del Eo, que é a empresa filial de Astilleros Gondán que se encarga da fabricación deste tipo de embarcacións. É un curso de 632 horas que dará comezo en setembro de 2022, rematará a finais de febreiro de...

leer más
29/06/2021

O alumnado que realice o ciclo medio dual de actividades comerciais no IES de Foz o vindeiro curso fará as súas prácticas remuneradas en empresas da Mariña. Entre a ducia de firmas colaboradoras figuran Eroski, Mariña Asesores, Acisa Ribadeo ou CCH Viveiro.

O IES focense será o único centro da provincia de Lugo que impartirá este ciclo dual. Ofértanse 12 prazas. O prazo de inscrición está aberto e remata o 2 de xullo. Xa a partires do día 8 comezará a selección de candidatos e a adxudicación de destinos para a realización das prácticas remuneradas. 

A posta en marcha do ciclo medio dual de actividades comerciais no IES de Foz é froito do acordo e da colaboración entre o centro e a Federación de Comercio A Mariña, que contaron coa axuda e o apoio de Álvaro Doural, que é dinamizador dual. 

...

leer más
Etiquetas:
23/06/2021

O Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz oferta para o vindeiro curso 2021-22 un ciclo dual de grao superior en Dirección de Servizos, para o que conta coa colaboración de Paradores, empresa hostaleira pública na que o alumnado fará prácticas remuneradas. Esta nova ensinanza que se poderá cursar no IES de Foz foi presentada no Parador ribadense polo director e a vicedirectora do centro educativo focense, Nicolás Asensio e Leticia Maseda, e polo director dos Paradores de Ribadeo e de Vilalba, Antonio Graña, e o xefe de sala do establecemento ribadense, Alejandro Lara.

Nicolás Asensio explicou: “estamos contentos de esta colaboración con Paradores, empresa con la que en años anteriores ya habíamos realizado prácticas e intercambios, pero a partir de ahora la consolidamos de una forma más institucional impartiendo en conjunto un ciclo...

leer más
29/11/2017

Oito alumnos italianos de FP, que cursan os seus estudios no CFP Zanerdelli, de Brescia, farán prácticas en Ribadeo, a onde chegarán a finais de xaneiro e onde estarán durante un mes. Así o anunciou o director xeral do CFP Zanerdelli, Marco Pardo, que a pasada fin de semana participou en Ribadeo nas actividades da II Semana Europea da FP, organizadas por Apaga. Pardo insistiu na importancia que teñen estas saídas formativas por centros europeos para coñecer as diferentes realidades que se dan en cada país. En Brescia entre o 70 e o 80% dos alumnos que fan FP atopan traballos estables. Os sectores do automóbil, perruquería e estética e cociña son as especialidades que teñen máis saída. En Italia a Formación Profesional divídese por rexións e cada unha está especializada en diferentes profesións. 

Marco Pardo, director xeral do CFP...

leer más