Deputación
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este luns no Centro de Artesanía e Deseño, os 3 roteiros para visitar obradoiros de artesáns de toda a provincia (zona centro, mariña e sur), totalmente gratuítos,que o Executivo Provincial ofrece o 31 de marzo, o 1 e 2 de abril para celebrar os Días Europeos da Artesanía. Fíxoo xunto a varios artesáns lucenses que participan nesta cita cos seus obradoiros.
García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación ofrecemos este tipo de iniciativas, totalmente gratuítas, para fomentar un dos oficios máis ligados á identidade galega que axuda a fixar poboación nas zonas rurais, ademais de ser unha actividade económica cun grande valor engadido. Con estas rutas por todo o territorio lucense conseguimos que os participantes coñezan un pouco máis do traballo diario que...
leer más