Deputación
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Profesional promovido pola área de Cultura, que inclúe 59 representación de 14 compañías por toda a provincia.
Trécola Producións, Xamón Producións, Ítaca Teatro, Ubú Teatro,
Pinconús, Teatro do Miolo, Señor López Producións, Satori Teatro, Baixo
da Area Teatro, Lîlâ Teatro, Bátega Teatro, Mocromina Títeres, A
Compañía Solitaria do Dr. Monifate e Loia Producións xirarán cunha
vintena de representacións ata decembro. As propostas escénicas están
destinadas a distintos públicos, desde teatro de títeres para público
novo ata montaxe con gran peso do baile tradicional e da música en
directo na escena ata adaptacións teatrais de textos literarios como
Poeta en Nova York.
A deputada de Cultura, Iria Castro, sinalou que con este ciclo “a...
leer másA Deputación de Lugo apoia, un ano máis, a celebración do ResurrectionFest de Viveiro cunha aportación económica de 150.000€. Así o anunciou a Voceira socialista do Executivo provincial, Pilar García Porto, quen informou de que a colaboración se materializa a través dun convenio co Concello viveirense aprobado este venres na Xunta de Goberno para “contribuír á promoción dun festival de referencia a nivel internacional que chega á súa 19ª edición”.
“Na Deputación de Lugo temos claro que este é un evento musical de éxito feito a si mesmo, un exemplo do que unha iniciativa dun grupo de afeccionados pode conseguir co respaldo intelixente do Concello e do conxunto das administracións públicas, e o máis importante, da xente”, asegurou García Porto. Así mesmo, explicou que é “un evento que concorda perfectamente co modelo de turismo polo que...
leer másEste luns abre o prazo de solicitude das bolsas para pilotos de rally que convoca a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. As achegas están dirixidas a deportistas federados nalgunha das federacións oficiais de automobilismo, de calquera categoría, nas modalidades de rally de asfalto, terra e montaña e vehículos históricos, e con residencia na provincia.
As bolsas oscilan entre os 300 e os 2.500 euros, dacordo cos resultados acadados polas persoas solicitantes nas probas disputadas nos campionatos galegos, estatais e internacionais, do posto acadado na clasificación xeral do Campionato Galego e da participación nas probas do Campionato Galego que se disputan na provincia de Lugo – Rally da Mariña, Rally San Froilán, Subida a Chantada e Subida á Pontenova, tal e como se recolle nas bases dispoñibles, xunto aos formularios de solicitude, na...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo no Pazo de San Marcos un encontro coa Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, con motivo da Semana Santa da localidade, declarada de Interese Turístico Internacional dende o ano 2013. José Tomé destacou o compromiso da institución provincial co Concello na celebración desta cita relixiosa, á que achega 25.000 euros a través dun convenio de colaboración, pois “supón un revulsivo económico na provincia congregando a milleiros de visitantes nesta datas festivas”.
Grazas á colaboración da institución, a Xunta de Confrarías volverá a contar coa carpa Antesala dun Museo, onde se exporán algúns dos pasos e as pezas de ourivería que sairán nas procesións polas rúas da cidade do Landro. A carpa, que abrirá as súas portas a vindeira semana, estará instalada como en anos anteriores na Praza...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este martes no Pazo de San Marcos xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, a campañaMellor Comercio da túa vila, financiada practicamente na súa totalidade pola institución provincial cunha achega de 50.000€ para promocionar o sector comercial de proximidade da provincia e incentivar as vendas na recta final do ano. A iniciativa inclúe premios para os propios negocios participantes, por un total de 8.500€, e para os clientes, en bonos de compra que suman 15.000€.
José Tomé destacou na presentación, na que participou tamén o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera, que esta nova colaboración responde ao “compromiso prioritario” da Deputación“de apoiar proxectos que dinamicen a economía e o emprego da man do tecido asociativo vinculado...
leer másO programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo ofrece esta semana 7 rutas diferentes para un total de 160 persoas que integran colectivos veciñais de Pantón, Vilalba, Lugo, As Nogais e Castro de Rei. Viaxarán polo territorio grazas a esta iniciativa de rutas gratuítas que puxo en marcha a institución provincial para entidades sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o coñecemento da provincia e favorecer tamén o turismo de proximidade.
Este martes a Asociación de Veciños de Marce, de Pantón, visita O Vicedo, Viveiro e Ourol. Logo dunha parada para coñecer o Pazo de San Marcos da man do Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, puxeron rumbo á Mariña para percorrer lugares como a área etnográfica da Insua, a praia de Covas ou a fervenza da Xestosa. Pola súa banda, o Instituto de Estudos Chairegos Pena do...
leer másMáis de 170 persoas de 8 entidades participan esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son veciños e veciñas dos concellos de Lugo, Outeiro de Rei, Láncara e Xermade os que viaxarán pola provincia ao longo da semana grazas a esta iniciativa de rutas gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro. Unha proposta que naceu co obxectivo de fomentar o coñecemento da provincia e favorecer o turismo de proximidade.
Este martes comezaron as viaxes coa Asociación de Veciños Deportiva e Cultural Ríos Miño e Ladra de Martul, de Outeiro de Rei, e a Asociación de Mulleres Rurais O Noso Lar, de Láncara. A entidade de Outeiro de Rei visitou o Mazo de Santa Comba e, posteriormente, puxo rumbo a Sober para coñecer unha adega de Amandi, visitar a Rectoral de Gundivós e descubrir o traballo da...
leer másPreto de 140 persoas viaxan esta semana co programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son veciños e veciñas dos municipios de Barreiros, Navia de Suarna, Lourenzá, Lugo, Taboada e Pantón os que percorrerán diferentes puntos do territorio -desde o martes e ata o venres- a través desta iniciativa de rutas gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro, co obxectivo de fomentar o coñecemento da provincia e favorecer o turismo de proximidade.
Este martes as mulleres rurais Tea de Araña de Barreiros e Ledicia de Navia de Suarna serán as protagonistas, con excursións á Ribeira Sacra e á Mariña. As primeiras comezaron a xornada cunha parada na Granxa Gayoso Castro da institución provincial, onde foron recibidas polo Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, antes de continuar cara Taboada e...
leer másVeciñas e veciños de seis concellos lucenses participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación. Son en total preto de 140 persoas dos municipios de Meira, Riotorto, Guitiriz, Begonte, Barreiros e Paradelaas que, dende este martes e ata o venres, percorrerán a provincia con estas viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro, co obxectivo de fomentar o coñecemento do propio territorio e favorecer o turismo de proximidade.
Este martes, membros da Asociación Local de Pensionistas e Xubilados de Meira, e da Asociación de Veciños de Santa Marta de Meilán, de Riotorto, viaxan á Mariña e á Ribeira Sacra. Os primeiros comezaron a súa ruta no Pazo de San Marcos, onde o grupo foi recibido por PabloRivera, Deputado de Promoción Económica e Social, antes de continuar cara Pantón e...
leer másMáis de 170 persoas da provincia de Lugo participan esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación para percorrer e descubrir diferentes recursos turísticos do territorio lucense. Pertencen a oito asociacións e uns coñecerán A Mariña e outros a Ribeira Sacra, segundo o itinerario que cada grupo elixiu para pasar a xornada.
Este martes viaxa a asociación de veciños de Rivasaltas de Monforte de Lemos, que arranca o seu percorrido na produtora do Servizo de Audiovisuais, e, posteriormente, achegaranse aos concellos de Barreiros e Ribadeo, onde pasearán a pé polo paseo marítimo barreirense, visitarán a praia das Catedrais e o núcleo de Rinlo, e rematarán percorrido no casco histórico ribadense. Taménhoxe,os membros da asociación de veciños cultural e deportiva Os Cincos Ríos, no Corgo, coñecerán o Centro de Interpretación Terras...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »