A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto do día da patria galega no parque de San Francisco este sábado, 25 de xullo.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto do día da patria galega no parque de San Francisco este sábado, 25 de xullo.
 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ten unha nova cita co seu público este sábado, día 25 de xullo: ás 20:30 horas o Parque de San Francisco acollerá o Concerto do Día da Patria Galega, un evento organizado pola Asociación Amadores da Música e do que dá que hoxe detalles David Ballester, director da agrupación. “Interpretaremos diferentes temas e, como non podía ser doutro xeito, no concerto haberá tamén obras galegas, xa que é o Día de Galiza.  Esperamos que os que estean por Ribadeo esta fin de semana se acheguen ao Parque San Francisco”, animou o director.
Por se o tempo non acompaña, hai alternativa: “en caso de choiva ou mal tempo iremos ao Cine Teatro, pero esperamos que faga unha tarde boa e podamos gozar todos da música no Parque San Francisco”, comentou David Ballester.