Debate

Etiquetas:
15/04/2017

O vindeiro venres, 21 de abril, o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira organiza un debate arredor do novo decreto do eucalipto que regulará os plantíos desta árbore e que está a provocar reaccións entre os propietarios de montes, concellos e organización ecoloxistas.

Pensamento e Sementeira convidou para participar neste debate ao presidente da Asociación de Produtores de Madeira (PROMAGAL), Ramón Reimunde Noreña e á presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Adela Figueroa Panisse. O moderador deste acto público que se desenvolverá o 21 de abril, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior, será o xornalista Xavier R. Lombardero.

O acto, que dará comezo ás 20:30 horas, é aberto ata completar o aforo da sala. O colectivo viveirés, que xa ten convocado...

leer más
Etiquetas:
13/12/2015
O Fumarel, en Ribadeo, acolle este luns, 14 de decembro, un debate electoral organizado por Radio Voz A Mariña. A cita é aberta ao público.
 
Este luns, 14 de decembro, en Ribadeo, no Fumarel (Rúa Doutor Moreda, 4) terá lugar o debate electoral organizado por Radio Voz A Mariña. Desenvolverase entre as 11 e as 12 e será de asistencia libre. 
 
Os participantes son: Jaime de Olano, nº2 ao Congreso polo PP; Ricardo Varela, nº 1 ao Senado polo PSOE; Olalla Rodil, nº1 ao Congreso por Nós-Candidatura Galega; José Manuel Pérez Afonso, nº 3 ao Congreso por En Marea; e Manuel Vicente, nº 3 ao Senado por Ciudadanos.  
 
O debate será moderado por Félix Jorquera. E no mesmo analizarán temas como as infraestruturas, a pesca, o agro, o turismo, o emprego ou a política social. 
 
 ...
Etiquetas:
26/02/2015
Este venres, 27 de febreiro, será en Viveiro o debate sobre as posibles intervencións a realizar na praia de Covas. O acto está organizado por Pensamento e Sementeira.
 
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeria convocou un debate arredor das posíbeis intervencións no areal de Covas que terá lugar este venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, na Praza Maior.
Os cambios, acentuados agora por efeito das últimas vagas de mar e as transformacións producidas nos  últimos anos no medio, que ocuparon todo o sistema dunar, construíndo espigóns e canalizacións,   deron lugar a escaseza de area e ao desequilibrio da praia. 
O porto de Celeiro diminuiu drásticamente a enerxía das ondas do mar que rompen no areal provocando a perda de area no sector occidental que é transportada lonxitudalmente de oeste a este. 
Estes...
leer más
Etiquetas:
15/02/2015
Pensamento e Sementeira organiza un debate arredor do estado do areal de Covas. Será o 27 de febreiro na Biblioteca Municipal de Viveiro.
 
O colectivo viveirés xa ten data para a celebración do debate arredor do estado actual do areal de Covas. Será o venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas, na sala da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior.
Segundo explican desde Pensamento e Sementeira "as modificacións que está a sufrir o areal son motivo de preocupación para a veciñanza. É por iso que organizamos este debate". No mesmo intervirán as seguintes persoas:
-Alexandre García, biólogo.
-Andrés Díaz Ferro, práctico do porto de Celeiro.
-J. Pino, capitán de pesca.
-Tamén se cursou un convite para participar no debate á Demarcación de Costas de Lugo...
leer más