Concerto
Seguirá a música na Casa da Cultura do Vicedo o 5 de maio ás 20 horas coa actuación da Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Viveiro, que será acompañada polo Coro de Nenos e Nenas do CEIP do Vicedo.
A cita está organizada polo Concello do Vicedo, que conta coa colaboración das entidades participantes.
Volve a música á Casa da Cultura do Vicedo. Esta vez cunha actuación do grupo de Acordeonistas da Mariña que presentarán cancións moi coñecidas polo público e acompañadas pola correspondente percusión.
Será o sábado 29 de abril ás 20:30 horas na Casa da Cultura. Desde o Concello convidan a asistir: "Animádevos a disfrutar da música en directo”.
Este próximo sábado, 22 de abril, Roi Casal, estreará a súa nova xira #AmbosMundos no municipio de Cervo.
Será cun concerto gratuíto na Praza dos Campos, de San Ciprián, que dará comezo ás 22:30 horas.
O Concello de Viveiro acolleu a presentación do concerto de Amigos do Folk e Brétema, unha iniciativa que se levará a cabo o domingo día 23 coa intención de achegar a música ás parroquias.
O Centro Social de Vieiro será o escenario, a partir das 18:00 horas, desta actividade organizada por Jesús Chao Da Silva, coa colaboración do Concello de Viveiro, a Asociación do alumnado Adulto do Conservatorio e o propio Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
“Dende o Concello consideramos que a promoción da cultura en xeral, e da música en particular, é una prioridade dentro dos servizos que debemos ofrecer á nosa veciñanza”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“O Conservatorio de Música realiza un traballo exemplar dende hai moitos anos, por iso quixemos colaborar una vez...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará tres marchas procesionais no concerto de Semana Santa que ofrecerá o 5 de abril, mércores, na igrexa parroquial de Santa María do Campo.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “chega o concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que terá lugar o mércores 5 de abril ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Vai ser un repertorio todo de marchas procesionais, algunhas delas que xa interpretamos hai anos, pero tres das pezas que imos tocar están por primeira vez enriba dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.
David Ballester engade: “tanto desde a asociación Amadores da Música como desde a propia Banda queremos agradecer a colaboración da Confraría da Semana Santa de Ribadeo e dos párrocos da...
leer másO grupo musical Son´s Varadero, de Foz, ofrecerá unha actuación o día 31 de marzo, venres, no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz.
Este concerto, organizado polo Concello de Alfoz, será a partir das 20:30 horas e con entrada de balde.
Son´s Varadero é unha agrupación musical que foi creada en Foz en 2017, está formada por seis compoñentes e no seu repertorio destacan os boleros, os pasodobres, a música folk e cancións populares.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo xunto co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organizan un concerto no que participarán agrupacións dos dous centro educativos.
Esta actividade terá lugar o mércores, 15 de marzo, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo, con entrada libre.
Por parte do CMUS Profesional de Viveiro será unha agrupación de cámara a que interpretará un repertorio variado pasando por diferentes períodos musicais. E pola EMMeD será a Big Band do centro a que interprete unha pequena selección de temas clásicos característicos deste tipo de formación.
Estes intercambios e xornadas de convivencia veñen formando parte ao longo dos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo.
O histórico grupo de folk Milladoiro dará un concerto na Casa da Cultura o 13 de maio ás 20:30 horas no que presentará o seu último disco Atlántico e fará un repaso polos seus mellores temas. As entradas xa están á venda.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “desde la Delegación de Cultura queremos anunciar que ya están a la venta las entradas para el concierto que tendremos el 13 de mayo. Aprovecharemos esa actuación para conmemorar las Letras Galegas, por la proximidad de ambas fechas. Como concierto estrella tendremos a Milladoiro, un grupo de sobra conocido que cuenta con una amplia historia en la música tradicional gallega. Llevan más de 40 años, van para 50, en los escenarios recibiendo muchos premios y galardones, actuando en sitios muy ilustres y probablemente estamos ante uno de los grupos más valorados a nivel...
leer másA Deputación de Lugo lanza a segunda edición do ciclo de concertos Con Voz de Muller 8-M, unha iniciativa coa que a institución achega aos concellos da provincia música en feminino con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo.
A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, subliña que esta iniciativa musical tivo “moi boa acollida o ano pasado, polo que decidimos reeditala, para celebrar o Día da Muller favorecendo a visibilización e o empoderamento das mulleres a través da música”.
A institución provincial contará nesta segunda edición de Con Voz de Muller 8M coa Banda da Loba, un grupo de cinco mulleres que unen pop, blues, folk, rock e sons tradicionais que converxen nun estilo singular; Caamaño&Ameixeiras, que conectan o violín e o acordeón para facer música folk...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá o sábado, 14 de xaneiro, ás 20:30 horas o concerto presentación do disco Origen do viveirense David Catá. Catá é un artista multidisciplinar recoñecido a nivel internacional polos seus traballos nos que combina a fotografía, a videocreación, a pintura e a música.
Cunha obra que xa foi exposta en diferentes países e que acadou numerosos premios agora da un novo paso coa creación do seu primeiro álbum musical que fala da memoria, do esquecemento, da perda do ser querido e que ten moito de autobiográfica.
O compositor e pianista estará acompañado no escenario por Carla Alonso e Celia Montañez ao violín, por Ana Represas ao violonchelo e por María Villarquide na frauta. A entrada será de balde.