A Banda de Música Mestre López, do Valadouro, ofrecerá un concerto en Alfoz este sábado, 28 de decembro

A Banda de Música Mestre López, da Escola de Música do Valadouro, ofrecerá un concerto no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz este sábado, día 28 de decembro, ás 19:30 horas.

O Concello de Alfoz anuncia: “o próximo sábado temos un concerto para despedir o ano! Ás 19:30 horas os nenos e nenas da Banda de Música Mestre López, de O Valadouro, farannos un concerto moi emotivo. Non o perdades”.