Concerto

Etiquetas:
10/06/2024

A Unidade de Música do Cuartel Xeral de Apoio á Manobra do Exército de Terra ofrecerá un concerto o vindeiro sábado, 15 de xuño, no Cine Teatro. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “o próximo sábado, día 15 de xuño, ás 20:30 horas no Cine Teatro, estamos invitados ó concerto do Día das Forzas Armadas”.

A edil ribadense explicou que “será a Unidade de Música do Cuartel Xeral de Apoio á Manobra do Exército de Terra, a que nos deleite cun concerto, con música de diferentes estilos, non só música militar. Para poder asistir hai que recoller a invitación, de balde, na Casa do Viejo Pancho en horario de 9:00 a 14:00 horas. Vémonos no Teatro”.

 

Etiquetas:
08/06/2024

O Parque de San Francisco acollerá o 15 de xuño a partir das 22:00 horas un concerto do grupo ribadense Kornucopia. 

Kornucopia naceu no ano 2021 da man de Sergio Prieto, Rober Galle e Fillo García, aos que máis tarde se sumarían Pablo Fei e Cherry Fernández. 

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, sinala que “son uns veteranos do ámbito musical, xa que proceden e forman parte doutras formacións moi coñecidas en Ribadeo. Agora todos xuntos fusionan diferentes tipos de música e estilos, desde o tradicional ata o pop, rock, jazz ou blues”.

A edil ribadense indica que “estes rapaces apostan pola autoproducción e a xestión da súa música, desde a súa creación ata as mesmas gravacións”.

E engade: “as persoas que nos acheguemos o 15 de xuño ao Parque de San Francisco...

leer más
Etiquetas:
31/05/2024

Este vindeiro domingo Fernando Corujo actuará a partires das 13:00 horas na rúa San Roque para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo. 

Ata xullo a música chegará tamén á Praza de Abaixo o 16 de xuño e tamén á Zona Vella o 7 de xullo.

“Estamos contentos coa acollida que están a ter estes concertos por diferentes recunchos da nosa vila, porque enchen de ritmo os mediodías dos domingos”, sinalan desde a organización. 

Concello e Acisa animan “á xente de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar do Domingueo e de todas as propostas que aquí poden atopar en calquera momento”.

 

Etiquetas:
07/05/2024

Burela acollerá unha actuación do grupo Lulavai este sábado, 11 de maio, na Casa da Cultura ás 20:00 horas. O concerto está enmarcado na conmemoración do Día das Letras Galegas no municipio.

A agrupación, formada por catro mulleres, amosará nesta actuación a súa combinación de voces e arpas célticas. O despacho de entradas abrirá ás 20:00 horas do propio día 11 e o prezo das mesmas será de 4 euros.

Ademais de temas dos seus anteriores traballos discográficos, Lulavai presentará novas cancións sobre as que están a traballar de cara ao lanzamento do seu próximo disco. Durante algo máis dunha hora de música, o público desfrutará tanto de temas baseados no repertorio tradicional galego como de composicións propias.

Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz coñecéronse en 2005...

leer más
Etiquetas:
01/05/2024

O grupo mariñán de música cubana Toxo Guayaba ofrecerá un concerto en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro este sábado, 4 de maio, en Foz. Será na Sala Bahía ás 19:00 horas.

O importe do donativo é de 5 euros por persoa.

Nesta actividade colabora o Concello de Foz.

Etiquetas:
26/04/2024

Este vindeiro domingo o grupo Eleven actuará na rúa San Francisco a partires das 13:00 horas para animar o tapeo e o vermuteo nesa zona da vila. Esta nova xornada do Domingueo en Ribadeo poñerá a nota musical ao último día do Ribadeo de Tapeo, que se está a celebrar con moi boa acollida desde o pasado día 20. 

A partires de aí e ata o mes de xullo a música chegará á contorna da Praza de Abastos, á Avenida Rosalía de Castro, á rúa San Roque, á Praza de Abaixo e tamén á Zona Vella.

Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.

 

Etiquetas:
22/03/2024

A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará catro pezas no concerto de Semana Santa que ofrecerá na igrexa parroquial ribadense o vindeiro mércores, día 27, ás 20:45 horas.

O director da Banda de Ribadeo, David Ballester Martínez, anuncia que tradicional concerto de Semana Santa que ofrece todos os anos esta formación “terá lugar o mércores 27 de marzo ás nove menos cuarto da tarde na igrexa parroquial. Será un concerto no que todas as obras serán marchas procesionais, das que catro delas serán tocadas por primeira vez pola nosa Banda. É un repertorio que ten moita potencia e que se presta moito para tocar na igrexa parroquial”.

David Ballester convida “a toda a xente que estea en Ribadeo o mércores 27 a que se achegue á igrexa parroquial para escoitar á Banda Municipal” e agradece á parroquia “por deixarnos...

leer más
Etiquetas:
20/03/2024

A Banda de Música de Foz ofrecerá o seu tradicional Concerto Sacro na basílica de San Martiño este sábado, 23 de marzo ás 20:00 horas.

Nesta ocasión a banda focega estará acompañada pola Coral Polifónica de Foz e a Coral Polifónica Eumesa.

 

Etiquetas:
15/03/2024

Este domingo, 17 de marzo de 2024, ás 19:00 horas no Centro Social de Cangas de Foz haberá unha gala musical a cargo do grupo Acordeonistas da Mariña.

A entrada é de balde ata completar o aforo.

É un evento organizado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo, de Cangas de Foz.

Etiquetas:
12/03/2024

A Casa da Cultura de Burela acollerá este sábado, 16 de marzo, unha actuación do grupo Agoraphobia, unha da banda de rock alternativo de Boiro. Será ás 20:00 horas con entrada de balde ata completar aforo

Este concerto forma parte do ciclo Con Voz de Muller organizado pola Deputación de Lugo, que inclúe tamén concertos noutros concellos, como parte da conmemoración do 8M.