Cervo
O Concello de Cervo programa para o vindeiro sábado 10 de xuño unha actividade de narración oral para os máis pequenos que leva por título “Carmiña miudiña, a pinga que quería ser científica”.
Será na Biblioteca de Cervo, ás 19:30 horas, e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 11 anos.
É unha actividade organizada pola delegación de Cultura, englobada no programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.
Argumento
Carmiña é unha pinga de auga moi miudiña. Ela de maior quere ser científica, como a súa avoa Filiberta. O día do seu aniversario, a súa avoa agasállalle un paracaídas para poder baixar ao mundo dos humanos. No camiño, diferentes elementos da natureza fan que percorra o ciclo da auga.
O Concello de Cervo recibirá o vindeiro sábado, 10 de xuño, a visita dunha caravana de Alfa Romeo, formada por quince vehículos clásicos procedentes de diferentes puntos da xeografía española.
A expedición fará un percorrido por diferentes zonas do noso Concello, como o núcleo de San Ciprián, ou unha visita á fábrica de Sargadelos; xantarán en Cervo, onde a partir das 14:00 horas concentrarán os diferentes vehículos na Praza do Souto, que tamén acollerá a presentación dos dous últimos modelos desta Marca, que estarán dispoñibles para que os poidan probar os asistentes que o así o desexen.
O Concello de Cervo acollerá a II Edición de Gadélica entre o 28 e o 30 de xullo.
A cita foi presentada esta mesma tarde no escenario no que se vai desenvolver, o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, acompañados por Inés Cobas e Isabel Fernández, en representación da Asociación de Mulleres Rurais “As Espalladoras”, e de Alberto Casas, que repite na organización.
Segundo explicou Villares, nesta nova edición de Gadélica contamos coa colaboración e a organización das Espalladoras, de Cervo, a quen lle agradecemos a súa implicación na celebración deste evento co que pretendemos compartir e gozar con veciños e visitantes da grandeza de Sargadelos nunha fin de semana única, na que a música e a natureza se fusionan ofrecendo unha faceta diferente e...
leer másO Concello de Cervo presentou entre a mocidade a programación das noites alternativas de verán, que se celebrarán nos meses de xullo e agosto.
O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, trasladáronse hoxe ata o IES Marqués de Sargadelos para entregarlle aos rapaces os dípticos informativos que se editaron con toda a información de actividades, horarios e datas, para animalos a participar nesta cita xa consolidada dentro da programación do Concello.
Deste xeito as actividades deportivas terán lugar ao longo deses meses de xullo e agosto, en horario de 22:00 horas a 00:30 horas.
Tal e como explicou Villares “pensamos nunha oferta ampla e diversificada, unha proposta alternativa de ocio para que os rapaces e rapazas teñan acceso a diferentes disciplinas...
leer másO Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o IX Campionato Galego de Katas Nihon Taijitsu (defensa persoal) o vindeiro domingo, 28 de maio.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
Tal e como explicou o rexedor “dende o Concello tentamos diversificar toda a actividade deportiva que programamos, tentando dar cabida a un gran número de disciplinas, aproveitando as privilexiadas instalacións das que disponemos, como neste caso é o complexo deportivo da Veiga”.
Soto e Villares incidiron en que o que “pretendemos dende o Concello é achegar a veciños e visitantes esta arte...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, celebra hoxe o Día Internacional da Biodiversidade convocando o concurso de debuxo “Recunchos máxicos do Concello de Cervo”.
A edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, e a de Educación, Dolores García, presentaron este mediodía o certame no que poderán participar todos os nenos e nenas que se atopen cursando estudos de Infantil e Primaria.
Tal e como explicou Méndez “as obras teñen que ter como tema principal a representación dalgún dos lugares con encanto que agocha o noso municipio; a técnica será libre, premiando a orixinalidade”.
Os traballos téñense que presentar en formato A4 en horizontal, e no seu reverso os participantes deberán indicar o lugar representado.
Os orixinais entregaranse nos...
leer másO Concello de Cervo acollerá a I Quedada (KKD) multimarca Astur-Galega o sábado 27 de maio.
A cita, programada conxuntamente con SoloVag Galicia e Astur-Vag, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e varios dos organizadores.
A actividade terá lugar no Polígono de Cuíña, dende as 10:00 ata as 22:00 horas, e alí concentraranse todo tipo de vehículos, de todos os estilos (clásicos, racing, 4*4…).
A inscrición é gratuíta, e farase ese mesmo día nas propias instalacións.
Ao longo da xornada, ademais da propia exposición de vehículos, haberá probas de ruído, exhibición de 4*4, e moitas sorpresas e sorteos.
Haberá ademais entrega de trofeos ao grupo máis numeroso, ao coche máis antigo, ao condutor máis veterano...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, celebrará o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, cun gran concerto a cargo de Guadi Galego, ex vocalista do grupo Berrogüeto e hoxe xa en solitario, un dos referentes do panorama musical galego.
A cita será ese día, mércores 17 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, e a entrada será, como é habitual na programación cultural do Concello, de balde.
A edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentou esta tarde o evento, en compañía dos membros do Grupo Municipal de Teatro Infantil PimPim, que exercerán de “teloneiros” da artista, realizando unha homenaxe ao protagonista deste ano das Letras Galegas, Carlos Casares, sobre o que, tal e como apuntou Caramés “estamos a traballar intensamente estes días, con moitísimas ganas e ilusión por parte dos máis pequenos,...
leer másA asociación de veciños Burgo de Trasbar organiza unha excursión a Taramundi o 20 de maio. O prezo por persoa é de 20 euros para os socios, 25€ para os non socios e 10 euros para nen@s. Inclúe microbús e xantar.
Esta asociación cumpre o primeiro ano de existencia e con tal motivo organiza unha andaina que terá lugar o sábado 27 de maio. A saída será do local social ás 10:00 horas cara a Cervo e Sargadelos.
O domingo 28 de maio terá lugar o tradicional xantar de aniversario para o que é preciso anotarse antes do día 21.
Esta asociación anuncia que o día 27 de maio comeza o prazo para o pagamento das cotas de socias/os que rematará o 10 de xuño. As persoas que non actualicen a cota nese período serán dadas de baixa de xeito automático. O pagamento pode facerse no local social no local...
leer másO Concello de Cervo vén de convocar o VII Concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2017”.
Tal e como explicou a edil de medio ambiente, Manuela Méndez “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.
Deberanse presentar en formato dixital, en alta calidade, nun CD acompañado cunha ficha da autoría que se pode solicitar na Casa da Cultura, na Casa do Concello ou a través do correo electrónico: medioambiente@concellodecervo.com.
O prazo para presentar as imaxes remata o venres 19 de...
leer más