Cervo
O Concello de Cervo programa para o vindeiro mércores 1 de marzo un espectáculo Dance Play. A cita será a partir das 18:00 horas na carpa instalada na Praza dos Campos.
A edil delegada de Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, convidou a todo o mundo “a mover o esqueleto na tarde do mércores, nunha actividade que introducimos este ano como novidade, e coa que pretendemos chegar a tódolos membros da familia”.
Caramés concretou que a actividade comezará ás 18:00 horas “a esa hora teremos todo preparado na carpa para a confección de caretas artesanais e máscaras, e xa a partir das 19:00 horas comeza o Dance Play. Ademais haberá inchables e incluso virán a visitar aos pequenos as mesmísimas mascotas de Disney”.
Esta actividade –engadiu- “completa un calendario de Entroido que perfilamos pensando en tódolos...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Educación e Cultura, inclúe no calendario de Entroido unha Festa Infantil para os máis pequenos. Será o luns, 27 de febreiro, a partir das 18:00 horas, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.
A edil de Cultura, Dolores García, anunciou hoxe que contará coa actuación do pallaso Peter Punk, “un dos clowns e humoristas máis destacados e programados en Galicia nestes últimos anos, e, en Cervo, temos o privilexio de poder gozar do seu espectáculo este Entroido, nunha tarde que será de risas aseguradas para toda a familia”
Ademais, García sinalou que na carpa instalaranse unha serie de inchables “ademais de moitas outras sorpresas que queremos que descubran ese mesmo día na carpa, polo que animamos a tódalas familias a que se acheguen cos seus nenos esa...
leer másO Concello de Cervo anima a todo o mundo a asistir mañá á parroquia de Rúa, que acollerá as Festas da Candelaria, suspedidas parcialmente no seu día, a consecuencia do forte temporal que afectou a Galicia o pasado 4 e o 5 de febreiro, cando estaba prevista unha boa parte da celebración.
Neste senso, tiveron que cancelarse as actuacións programadas o sábado á noite e o domingo.
A cita será a partir das dez da noite, e a verbena correrá a cargo das orquestras Suavecito –que tivo que deixar de tocar o sábado á noite forzada polas inclemencias meteorolóxicas- e Los Player´s.
Haberá unha carpa cuberta totalmente pechada e con calefacción.
Neste senso, dende o Concello de Cervo, a edil de Turismo, Manuela Méndez, quixo agradecer “o esforzo e traballo que dun xeito...
leer másCervo acollerá a VIII Ruta de Enduro Medela MTB o 5 de marzo. O percorrido será duns 35 quilómetros.
O Concello de Cervo, acolleu a presentación da VIII edición da Ruta de Enduro Medela MTB, que terá lugar o vindeiro domingo 5 de marzo.
No acto estiveron presentes o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela; o Presidente, David Riera, Abel Ordás e Víctor Riera; que sinalaron que “a proba comezará ás 9:30 horas, nas inmediacións da piscina de Lieiro, en San Cibrao, realizando, primeiramente, un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, a zona do Faro, Galdin e Gondrás”.
A continuación, os participantes porán rumbo ao Monte Medela. Riera sinalou que “levamos moitos meses traballando xa na posta a punto dos camiños, e preparando tramos especiais de enduro, para o día da competición”.
A proba, de dificultade media-alta, será...
O salón de actos do Concello acolleu a presentación da axenda de programación do Entroido no municipio. No acto estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García, ademais de representantes da Asociación Airiños do Xunco e da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coas que o Concello colabora na organización do Entroido de Cervo e de San Román de Villaestrofe.
A programación inclúe actividades para tódalas idades e en diferentes puntos do municipio, dende o 25 de febreiro ata o 4 de marzo.
Deste xeito, en Cervo, o sábado 25 de febreiro terá lugar un Play-Back Infantil. Será ás 18:30 horas na Casa do Concello. O domingo 26, celebrase o desfile. Ás 17:00 horas os participantes deberán concentrarse no pavillón de Cervo para inscribirse e a saída está programada para as...
leer másA Casa da Cultura acolleu a presentación dunha nova edición do obradoiro de teatro infantil que vén organizando o Concello de Cervo, ano tras ano. Nesta ocasión, o Grupo municipal de Teatro PimPim, estará conformado por uns 40 pequenos, de entre 6 e 13 anos.
No acto, no que participaron a maioría dos nenos, tamén quixo estar presente o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que recorda que o obradoiro, un ano máis, será impartido pola edil delegada de Educación e Cultura, Dolores García, o que “é un mostra máis da implicación total dos membros deste Goberno, que adican moitísimas horas do seu tempo a organizar, preparar e incluso a impartir actividades coma esta que xa conta cunha importante traxectoria na axenda cultural-educativa do Concello”.
O curso, que comezou este venres, prolongarase ata o mes de xuño, cando...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, organiza diversos actos con motivo do Día Internacional da Muller, que ten lugar cada 8 de marzo. Como coincide en mércores, a maioría das actividades terán lugar o sábado 11 de marzo, tal e como se acordou na reunión que mantivo esta tarde a concelleira delegada de Igualdade Pilar Armada, coas diferentes asociacións de mulleres do municipio, que colaboran: Asociación de Mulleres de San Cibrao, Amas de Casa Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras, e Mulleres en Igualdade.
Armada recordou “que sempre estamos abertos a escoitar tódalas ideas e propostas que nos queiran facer chegar, e neste caso, entre o Concello e as diferentes asociacións, conseguimos perfilar e consensuar un intenso programa co que pretendemos chegar a tódalas mulleres de Cervo, protagonistas de xeito simbólico...
leer másAs concelleiras delegadas de Turismo e Cultura do Concello de Cervo, Manuela Méndez e Dolores García, acompañadas de membros da comisión de festas da Candelaria, presentaron esta mañá no consistorio o cartel da programación desta celebración que comeza mañá na parroquia de Rúa.
Deste xeito, dende o Concello convidan a todo o mundo a asistir a esta festa na honra á Virxe da Candelaria que se prolonga dende mañá ata o domingo, cun programa repleto de actos.
Neste senso, recordan que “estamos sempre a disposición de tódolos veciños e asociacións que precisan da colaboración deste Concello, como facemos neste caso coa Candelaria, porque “creemos que as festas patronais son historia viva do noso pobo e consideramos fundamental manter ese espírito, que sobrevive ano tras ano grazas ao laborioso traballo que fan dende...
leer más