![](https://www.faroocionorte.com/sites/default/files/styles/juicebox_medium/public/fotos-noticias/2017/current-datecustomm/trasbar2_0.jpg?itok=TCq4CIfT)
A asociación de veciños Burgo de Trasbar organiza unha excursión a Taramundi o 20 de maio. O prezo por persoa é de 20 euros para os socios, 25€ para os non socios e 10 euros para nen@s. Inclúe microbús e xantar.
Esta asociación cumpre o primeiro ano de existencia e con tal motivo organiza unha andaina que terá lugar o sábado 27 de maio. A saída será do local social ás 10:00 horas cara a Cervo e Sargadelos.
O domingo 28 de maio terá lugar o tradicional xantar de aniversario para o que é preciso anotarse antes do día 21.
Esta asociación anuncia que o día 27 de maio comeza o prazo para o pagamento das cotas de socias/os que rematará o 10 de xuño. As persoas que non actualicen a cota nese período serán dadas de baixa de xeito automático. O pagamento pode facerse no local social no local social ou a través da conta que ten a Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar en Abanca. As cotas son 15 euros para adultos, 10€ para os soci@s de 15 a 18 anos e 5 euros para os de 2 anos ou máis.
A Asociación de Veciños Burgo de Trasbar vai irmanarse coa de Lieiro nun acto que terá lugar o día 10 de xuño. Ademais o 13 de xuño realizará o camiño ao San Antonio da Rigueira e quen queira a cartilla de romeiro deberá anotarse antes do 7 de xuño.
As actividades desta asociación continuarán o día 17 de xuño cunha cea e a entrega dos trofeos do campionato de tute e parchís. Ademais o 24 de xuño, día de San Xoán, celebrarán a panceitada-chourizada e a fogueira.