Cervo
O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, celebrará un ano máis o Samaín con múltiples actividades dirixidas aos máis pequenos da casa.
Deste xeito, tal e como apuntou Caramés, deseñamos unha programación que abrangue dende o domingo 29 de outubro, ata o 1 de novembro, Día de Todos Os Santos.
De tal xeito, que para o domingo estamos a preparar un taller de cociña infantil, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que se desenvolverá na Casa do Mar, entre as 12:00 e as 13:30 horas.
O martes, 31 de outubro, terá lugar a Festa infantil entre as 18:30 e as 20:30 horas, na Casa do Mar de San Ciprián “que contará co espectáculo Casa Encantada, ademais de xogos, baile, maquillaxe de terror e moitas outras sorpresas terroríficas”.
... leer másA parroquia de Rúa acollerá o vindeiro sábado, 28 de setembro, a segunda edición da Festa da Esfollada do Maíz.
A cita, foi presentada este mediodía polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o de Medio Rural, Plácido Pérez, e varios membros da Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, organizadores do evento, coa colaboración do Concello.
A Festa arrincará ás 16:00 horas con xogos populares para nenos e maiores; e ás 18:00 horas terá lugar a esfollada do millo.
A partir das 20:00 horas está programada unha cea a base de empanada e pan da casa elaborados con fariña de trigo da Malla de Rúa, callos, postres, castañas asadas para os asistentes, viño e auga; por un prezo de 6 euros para os socios e de 10 euros para os non socios.
... leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes, prepara un álbum de cromos no que os protagonistas serán os alumnos das escolas deportivas municipais e os membros dos diferentes clubes do municipio.
Así o anunciaron o rexedor Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, que se achegaron ata o pavillón de Cervo onde puideron ser partícipes dunha sesión de fotos.
O rexedor sinalou que ”pensamos neste formato porque nos parece unha forma diferente e orixinal para dar a coñecer e difundir a oferta deportiva do noso Concello, que abrangue multitude de disciplinas”; ao tempo que esta plataforma pretende ser unha homenaxe a todos aqueles, pequenos e maiores, que practican deporte no noso Concello, coa idea de que esa filosofía se transmita entre o conxunto da nosa veciñanza “porque cremos que o...
leer másO XXIII Campionato de Tute Concello de Cervo reunirá a un centenar de xogadores. A competición comezará o vindeiro martes, 24 de outubro, e prolongarase ata o 21 de decembro.
A cita, xa máis que consolidada, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto e por Félix Fernández, persoa que colabora desinteresadamente e que leva ao fronte do campionato dende os seus inicios.
Tal e como apuntaron as partidas xogaranse nos diferentes locais hostaleiros e asociacións do Concello que se sumaron á iniciativa; formando equipos de catro parellas.
Os establecementos escenario das partidas que se desputarán, salvo excepcións, cada martes e xoves son: Mesón A Ría, O Trasgo, O Almacén, Telvi´s Place, Atxuri, As Titas, A Cerve, Río de Oro, O Castelo e o...
leer másA nova “Escuela de Artes Marciales de Cervo” impartirá todos os venres de cada semana no pavillón do Colexio CEIP Cervo Nº1 en San Ciprián clases de Iaido, o arte samurái de envaiñado e desenvaiñado da katana.
Esta actividade, que vai dirixida a todos os públicos, non consiste nunha modalidade de combate, senón que é unha modalidade na que un mesmo busca alcanzar a perfección do movemento, buscando unha total coordinación do corpo á vez que se mantén o equilibrio.
As clases, de carácter gratuíto, serán guiadas por Miguel A. Rojo, cinturón negro 3º Dan nesta disciplina, e aínda que van dirixidas a todos aqueles que se queiran achegar a practicar e coñecer esta disciplina, si que é recomendable ter algunha experiencia ou noción no mundo das Artes Marciais, xa que esta disciplina concíbese en Oriente como un nivel superior....
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar retoma a súa actividade o 7 de outubro, tras o parón do verán.
Desde este sábado e ata finais de xuño do vindeiro ano, o colectivo reabre o seu local social no horario habitual das fins de semana, os sábados a partires das 18:00 horas e os domingos desde as 17:00 h.
Entre as actividades programadas para os próximos meses, un ano máis organiza o campionato de tute que este ano celebra a súa sétima edición. O sábado, 7 de outubro, ábrese o prazo de inscrición para participar neste campionato que será a ida e volta, dará comezo o 4 de novembro e terá que ser por parellas. O prazo de inscrición para apuntarse no campionato de tute remata o día 22 de outubro.
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Presidente e Secretario da Fundación Sargadelos, Segismundo García e José Luis Vázquez, respectivamente, presentou este martes nas instalacións desta entidade en Cervo os Workshops Sargadelos 2017. Trátanse dos obradoiros de cerámica dirixidos a profesionais, que ofrecen formación da man de recoñecidos expertos a nivel internacional sobre innovadoras técnicas coas que acadar novos produtos que se poidan incorporar aos sectores da moda, da decoración e da gastronomía.
O Goberno Provincial financia na súa totalidade esta iniciativa con 20.000 euros, facendo que o custe para os interesados sexa de cero euros. “Facémolo porque queremos poñer en valor a cerámica de Sargadelos, un dos buques insignia deste sector na nosa provincia e en Galicia, que traspasa as nosas fronteiras, así como...
leer másAs Escolas Deportivas do Concello de Cervo, arrincarán o novo curso o vindeiro luns 2 de outubro; con quince modalidades deportivas diferentes.
A nova tempada foi presentada na Casa da Cultura, polo edil de Deportes, José Ramón Soto, a de Xuventude, Dolores García Caramés, e a representante de IG10 Carolina Villalba; nun acto aberto ao público pensado para resolver dúbidas, establecer horarios, e poñer en común aquelas consideracións que os usuarios estimasen oportunas.
De feito, tal e como sinalou Soto; “decidimos ampliar o prazo de inscrición porque tal e como nos comentaron algunhas familias, hai nenos interesados en configurar novos equipos en disciplinas como o voleibol, polo que daremos esa marxe para tentar formar grupo e programar así novas clases”.
En concreto, hai varios nenos e...
leer másO Concello de Cervo colaborará co club Medela na posta a punto das diferentes rutas de mountainbike que discorren polo municipio; e que foron habilitadas no seu día polo propio club local.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, acompañados polos membros do Club David Riera e Víctor Riera; supervisaron a pé algúns dos tramos que suman un percorrido total duns vinte quilómetros para coñecer os trazados, e ver o estado no que se atopan a día de hoxe e, efectivamente, tal e como nos fixeron chegar dende o Club “son necesarios importantes traballos de roza e limpeza para poder practicar con garantías este deporte”, sinalou Villares.
Polo Concello de Cervo, transcorren tres tracks, que foron trazados no seu día polos membros do club Medela e bautizados como Secret trail, Farallones...
leer más