O Concello de Cervo pon en marcha un taller de memoria a domicilio aberto tanto para as persoas usuarias da actividade como para a veciñanza en xeral, tan e como precisa a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada.
Armada explicou que, por circunstancias que todos coñecemos, tivemos que clausurar as clases presenciais ás que asisten uns corenta veciños e veciñas e que impartimos polas diferentes parroquias, moito antes do previsto –a actividade cesa normalmente durante os meses de verán-.
Co obxectivo de que os usuarios poidan seguir a realizar nos seus fogares esas actividades tan saudables para exercitar a nosa memoria, decidimos poñer en marcha un obradoiro a domicilio que queremos achegar a toda a veciñanza.
Aquelas persoas que desexen recibir o material didáctico no seu domicilio deben poñerse en contacto con nós a través do teléfono 615 32 13 86: e no menor tempo posible o persoal municipal achegaralle toda a documentación ao seu domicilio.
Os técnicos da delegación de Servizos Sociais xa traballan na preparación dun completo dossier con exercicios de todo tipo, e estarán dispoñibles no teléfono antes citado para calquera tipo de consulta e para o seguimento das clases a domicilio.
Desde o Concello de Cervo agardan que a veciñanza se sume a este iniciativa, que ademais de axudar a exercitar a nosa mente, consideramos que tamén pode ser unha boa opción para ocupar o noso tempo neste días de confinamento.