Concienciación
O Concello de Cervo, a través das delegacións de Medio Ambiente e de Ecoloxía, anima á veciñanza a participar na campaña de concienciación medioambiental “Coida Cervo”, cuxo eixo principal serán as xornadas de voluntariado de recollida de lixo, pero tamén haberá charlas, coloquios, actividades prácticas, saídas de campo e campañas para incentivar a reciclaxe selectiva; entre outras.
Logo dunha xornada inicial de proba e toma de contacto que tivo lugar dias atrás para identificar as diferentes zonas nas que se irá actuando, este próximo xoves, 24 de setembro, terá lugar a primeira acción comunitaria aberta ao público. Trátase dun voluntariado de recollida de residuos de dúas horas de duración –entre as 12:00 e as 14:00 horas-; e o punto de encontro será o IES Marqués de Sargadelos.
A fin de ter un control do aforo...
leer más